O Mediterráneo agoniza.

 O Mediterráneo é o mar máis contaminado segundo o maior estudio científico sobre os mares e océanos. O Mediterráneo é o cuarto mar con máis diversidade de especies do planeta, pero tamén son as máis ameazadas. Conta cunhas 17.000 especies mariñas descritas. Moitas delas son de gran importancia ecolóxica e se deixan de facer súa función, afectaran o mal desenrolo do medio ambiente, prexudicándonos a todos . Os problemas que ten o Mediterráneo son todos debidos a acción do ser humano, polo que temos que poñernos a reflexionar sobre o que lle estamos facendo, a este mar e mais a toda Terra.

A continuación, nomeamos as accións que prexudican o Mediterráneo :

  • A urbanización do litoral vai acompañada da contrución de portos, paseos marítimos, diques, praias artificiais, rexeneración de praias, … que degradan os ecosistemas costeiros. A introdución de estruturas no litoral altera as correntes mariñas, o que acelera a erosión e regresión das praias e a colmatación de portos destrúes a vexetación do fondo, que a súa vez suxeitaba a área. A extracción de área para rexenerar praias danadas diminúe a biodiversidade  acentuando o problema. A administración segue ca política de parchear e evita buscar solucións a largo prazo. O 90% do litoral vese afectado polos fenómenos de regresión,  ao que non é allea a subida do nivel provocada polo cambio climático, sendo as praias as que máis o sofren.
  • Aparte da destrución do seu hábitat , como se pon de manifesto arriba, tamén están os problemas da pesca sen control, o quentamento global, a contaminación, chegada masiva de abonos agrícolas e augas residuais , que están golpeando a miles de especies que viven neste mar.

imagen

  • O Mediterráneo é a rexión máis ameazada para as mantaraias e os tiburóns.

imagen

  • O atún vermello sofre a pesca masiva.
  • O Mediterráneo é, ademais, a rexión co maior número de especies invasoras, 637, aproximadamente un 4% de todas as especies que habitan na zona. Unha delas é a Caulerpa taxifolia, ou alga asesina, intruducida no Mediterrráneo  ao ser liberada por accidente dun acuario de Mónaco en 1984. Esta especia é típica de augas tropicais e temdia polo seu rápido crecemento, creou unha alfombra no fondo mariño expulsando a Posedonia oceánica, que forma as pradeiras mariñas da que se a alimenta a fauna mariña mediterránea. Outro caso de especie invasora é a medusa Mnemiopisis leidyi , chegou en barco as augas europeas , procedente do noroeste do Atlántico e que en 2009 se expandiu por España, provocando un colapso das población de anchoa e causando graves perdas económicas.Moitas destas especies invasoras proceden de augas tropicais e vence favorecidas polo quentamento das augas. Algunhas especies ameazadas do Mediterrráneo inclúen corais de augas frías e profundas. Son incapaces de escapar do quentamento da auga e as súas población están disminuíndo.

 

  • Máis de 140 millóns de persoas viven nas costas do Mediterráneo e outros 175 millóns visitan a rexión cada ano. En 2025, a mitade do litoral mediterráneo estará urbanizado, sepultado polo cemento.

 

Hai que axudar ao agonizante Mediterráneo e RÁPIDO .

 imagen

Saray Places Pérez

 

Os alimentos transxénicos.

    Os alimentos transxénicos son aqueles obtidos a partir de, ou coa participación de, organismos modificados xeneticamente (OMG), o termo OMG inclúe  tanto a posibilidade de introducir un xene dunha especie noutra. Unha das primeiras preguntas que nos asaltaría a nosa cabeza sería por que se crean  este tipo de alimentos, pois os seus principais fins van encamiñados a obter:

  • Resistencia a pragas: Un xene que se atopa de xeito natural na bacteria, produce unha proteína que protexe fronte a certas enfermidades.
  • Tolerancia ós herbicidas: Algunhas modificacións fan que algunhas plantas resista resistan unha ampla gama de herbicidas.
  • Mellora da calidade: Neste caso non se introduce ningún xene, senón que se suprime un dos xenes.
  • Adaptación a condicións de cultivo: A introdución  ou a supresión de certos xenes poden servir para que as plantas sexan máis resistentes a condicións negativas de cultivo, como as altas temperaturas.

imagen

 

    A grades trazos un dos principais problemas que provocan este tipo de alimentos son: destrución da biodiversidade, de saúde para quen os consume pola manipulación xenética e polo aumento do uso de pesticidas en moitos casos. Outro risco fundamental na manipulación xenética e a lentitude que se da nas investigación acerca  das posibles consecuencias que poden xerar estes produtos, fronte ao ritmo imparable no que xorden novos produtos. O problema da parada da produción destes alimentos e que as grandes multinacionais teñen un gran poder económico e sácanlle una gran rendibilidade a este tipo de produtos, aportándolle grandes sumas de diñeiro.

                                                                                                    Alejandro Gómez Fernández 1ºB

 

Vida extraterreste

O 25 de Xullo cúmprense dez anos dende a enigmática choiva vermella que caeu sobre Kerala, unha pequeña cidade do sur da India que durou ata o 23 de Septembro de 2001. Pouco a pouco, os científicos van descubrindo novas e intranquilizadoras pistas sobre as descoñecidas partículas que acompañaron á dita choiva. Todo apunta a que, probablemente, estemos ante a primeira mostra clara de panspermia (termo grego que significa semente universal) que sostén que os primeiros organismos ou compostos precursores, se orixinarían fora da Terra e que viaxarían ata aquí nun asteroide ou cometa.

imagen

As primeiras hipótesis que se barallaron foron que a choiva se tintara con area do deserto arábico, mais este é un feito bastante común e fácil de identificar, e non tiña nada que ver con esta choiva sangrienta. Máis tarde e a teoría que máis forza tomou ata fai pouco, é a expulsión terrestre de algas ou fungos en modo de esporas ou células, acumulándose na estratosfera ata caer en forma forma de precipitacións. Esta teoría pode ser creíble porque os tornados ou pequenos ciclóns son capaces de elevar ata as nubes leitos de algas sen demasiada complexidade

Agora ben, existen pequenos inconvenientes ou contradicións contra esta teoría, primeiro, calcúlase que caeron cincuenta toneladas destas partículas dende o ceo, o cal é una cantidade bastante desorbitada para tratarse dun pequeño ciclón e non se tiveron noticias deles naquelas datas e lugares. Por outro lado, é lóxico pensar que a zona afectada debería ser máis ampla, e non reducirse a esa comarca durante tantos días, pois os chubascos non son estáticos e trasládanse pola xeografía.

Según publica o MIT na súa revista Technology Review, estes investigadores aseguran que as células vermellas estanse a reproducir a temperaturas que oscilan entre os 121 e 300 ºC. A temperatura ambiente son inertes. Isto é extremadamente raro. As esporas dalgúns extremófilos poden sobrevivir a este tipo de temperaturas e reproducirse a temperaturas menores, pero nada que coñezamos se comporta deste xeito a esas temperaturas. Louis continuou co estudio destas células, co a colaboración dun equipo internacional que inclúe a Chandra Wickramasinghe, a un investigador da Universidade de Cardiff (Reino Unido) e un dos principais defensores da teoría da panspermia.

imagen

imagen

Louis continuou co estudio destas células, co a colaboración dun equipo internacional que inclúe a Chandra Wickramasinghe, a un investigador da Universidade de Cardiff (Reino Unido) e un dos principais defensores da teoría da panspermia.  Godfrey Louis considerou no seu día que as células descubertas na auga da choiva non podían ser microbios terrestres porque non se atoparon probas de ADN. Ó parecer, os glóbulos vermellos son unha posibilidade, pero deberían haberse destruído rápidamente co contacto ca auga da choiva. Nunha extraordinaria explicación de que un cometa podería terse desintegrado na atmosfera superior e salpicado nas nubes cando flotaban sobre a Terra, de aí á choiva vermella. De feito asegurou que se recolleron informes na rexión sobre un ruído similar ó de un obxecto que superaba a barreira do son, o cal podería haber sido provocado pola suposta rocha espacial ó desintegrarse.Wickramasinghe e compañía examinaron a forma na que brillan cando son bombardeados con luz, e din que é notablemente similar a distintos espectros de emisión non explicados en diferentes partes da galaxia. Posiblemente se pregunte por que seguen nesa soidade, por que non destribuíron as probas noutras universidades si ese material é tan abundante. Aínda que non o poida parecer, é lóxico, porque si de verdade é o que Louis di que é, eso é unha convulsión non soamente para a ciencia, senon para o pensamento, para a filosofía, para a moral, para a relixión, tan grande que hai que tomarse tódalas precaucións posibles antes de dar o paso definitivo.Aínda que non se pode admitir semellante teoría sen máis probas, ninguén pode negar que se trata dun fascinante misterio.Para máis información:

Deixo a ligazón dun video no que entrevista a Xosé Manuel Nieves, corresponsal da area de ciencia do ABC.

 

Demasiadas persoas para tan pouca auga

imagen

China é un país que sostén o 20% da poboación mundial, cunha disposición do 7% dos recursos hídricos dispoñibles no planeta. Polo que ten un gran problema para lograr abastecer a tódolos individuos, que habitan alí, de auga potable. Isto sumado á sucesión de accidentes contaminantes que se están producindo agora nese lugar,  está agudizando o problema de abastecemento do país.

 

 

imagen

Segundo as Nacións Unidas dispón dunha media de auga de 2.138 metros cúbicos de auga per cápita ao ano, o que supón menos da cuarta parte da auga da que dispón calquera persoa nun país desenvolvido, polo que se estima que un gran número de chinos empregan auga contaminada para as súas actividades do fogar, un número que segundo Greenpeace achégase aos 100 millóns de persoas, para as cales suporá problemas de saúde. Aínda que, tamén cabe mencionar a mala distribución interna que podemos atopar neste país, xa que fronte a un norte árido e a miúdo semidesértico podemos atopar un sur tropical e no que se suceden monzóns.

 

Se a isto se lle engade a incapacidade do goberno para reestructurar o mapa hidrográfico do país e aos continuos vertidos contaminante nas fontes de abastecemento desta gran potencia, só agrandan máis o seu xa nomeado problema.

Os problemas pola contaminación: debido a explotación descontrolada dos recursos naturais en dito país, sucedense un gran número de acidentes medioambientais, número que se multiplicou por dous neste último ano. Tras un estudo oficial realizado polo Ministerio de Proteción Ambiental, sobre as augas do país, obtivéronse cifras alarmantes, as cales afirman que só o 49,7 % dos seus recursos hídricos é apto para o consumo do ser humano. Isto é debido a acelerada industrialización que se produciu no país.Do 50,3 % restante o 26,4 % é inservible para o humano debido aos continuos vertidos.A distribución interna: Como xa dixemos anteriormente, china ten unha distribución interna das augas insuficiente para o abastecemento do país enteiro. Xa que sin contar a presa das Tres Gargantas, no curso do Yangtsé, e o Eixo de Desviación de Augas Sur-Norte previsto para 2014, o goberno chino non é capaz de idear outros remedio contra as grandes inundacións que se producen no país e que chegan a escandalosa situación de deixar unha cifra de falecidos e desaparecidos superior ao 1.500.

Creado e publicado por: Vanesa López Lijó e Ángela Fernández Ríos de 1º de Bacharelato A

 

Un problema que nos concerne a todos.

  A falta de auga é un problema que debería estar solucionado, todos temos dereito a ela. Aproximadamente 1.100 millóns de persoas, é dicir, o 18% da poboación mundial, non teñen acceso a fontes de auga potable e máis de 2.400 carecen do saneamento adecuado. Este mal saneamento provoca a expansión de enfermidades, xa que, cando a auga queda estancada, acumula múltiples fontes de infección , e, ao ser inxerida pola xente á que non lle queda outro remedio, ésta cae enferma.

Nos países en vías de desenvolvemento morren cada ano 2.200 millóns de persoas a causa desas enfermidades relacionadas coa falta de acceso a auga potable, a maioría deles son nenos. Cun saneamento correcto poderíanse reducir estes números, o que provocaría un 75% menos de mortes.

imagen

A maior parte da auga doce, aproximadamente o 70% do líquido disponible mundialmente,  utilízase na agricultura. Porén, a maioría dos sistemas de traslado de auga son ineficientes: perden aorredor do 60% da auga pola evaporación aos ríos e mantos acuíferos. A irrigación ineficiente desperdicia agua e tamén provoca riscos ambientales e de saúde, tales como a perda de terra agrícola produtiva debido á saturación. Existe un problema grave nalgunas áreas do sur de Asia nas que a auga estancada provoca a transmisión da malaria.

Abel Sánchez Piñeiro e Jose Silva Castro 1ºBach A

 

As células nai e a orixe da simetría corporal.

imagen

Na última década as investigacións con células nai están producindo numerosos desenvolvementos a nivel médico. En todo o mundo hai centos de grupos de científicos traballando en outras tantas liñas de investigación, un destes grupos é o encabezado polo español Juan Carlos Izpisúa.

Juan Carlos Izpisúa e o seu equipo levan uns cantos anos traballando no proceso que programa a simetría no embrión. Nos ultimos anos conseguiron revelar a orixe da asimetría dos órganos internos, e agora descubríu como se xenera a simetría externa.

Según Izpisúa nas primeiras semanas do embarazo, ten lugar unha complexa aglomeración de procesos bioquímicos que marcan a forma en que se constituirá o corpo, simétrico por fóra (dúas mans, dúas pernas, dous ollos,  unha nariz centrada,…) e asimétrico por dentro (co bazo e o fígado á  dereita, e o corazón á esquerda, por exemplo). Nestes complexos procesos, as células nai son dirixidas desde o chamado nodo, un pequeno grupo de células que dirixe o crecemento do embrión.

O descubrimento é fundamental para orienta-las investigacions con células nai, o que permitirá reproducir nun laboratorio  os complexos procesos de creación de órganos que o embrión realiza de maneira natural. Ao mesmo tempo, podería axudar a previr enfermidades nas  que os órganos que deberían ser simétricos presentan asimetrías, como a columna vertebral no caso da escoliose, afirman os investigadores.

Curiosamente, tanto o crecimento simétrico do corpo coma o crecimento asimétrico dos órganos internos está controlado pola mesma susbtancia clave: a vitamina A. A falta de vitamina A provoca malformacións asimétricas en diferentes especies animais, e os investigadores deducen que o mesmo ocorre na especie humana. Os científicos sospeitan que a falta de esta vitamina ao principio da xestación, pode ser a causante da aparición de asimetrías. Desgrazadamente, o problema non se pode abordar dun modo fácil, xa que o exceso de vitamina A ao inicio do embarazo pode incrementar o número de malformacións conxénitas.

imagen

 

Adrián Vázquez Rey (2011)

 

Por que necesitamos un futuro sostible?

imagenPorque se non, quizais non teñamos mesmo futuro. Porque nos están dicindo que a crise económica que sufrimos non se vai solucionar facilmente, xa que non é máis que un síntoma da inmensa crise socioambiental que afecta ao noso planeta. E esta non se vai resolver se non cambiamos profundamente o noso comportamento actual que está conducindo á destrución dos ecosistemas do planeta e que pode levar mesmo á desaparición da nosa especie.

As Nacións Unidas instituiron para o período 2005 - 2014 a Década da educación por un futuro sostible, na que nos encontramos.

Pero, cada un de nós, pode facer algo para frear a degradación medioambiental que nos ameaza? Claro que podemos!

 

As arañas atrapan as árbores

Este ano producíronse unhas inundacións en xaneiro que  afectaron moito a Pakistán e debido a iso as arañas converteron na súa nova casa as árbores.Estes artrópodos subíronse ás árbores para salvarse da auga e agora quedáronse atrapadas nas súas propias teas tecidas por elas mesmas.Nun principio estas árbores para as arañas serían unha casa temporal,debido a que a auga esta tardando en baixar,pero transformáronse nas súas novas casas debido a que se converteron en capullos arácnidos que fan a paisaxe diferente,curiosa e un tanto desagradabél

Os habitantes desta zona de Pakistán nunca antes observaran nada igual e ademáis isto fixo que o número de mosquitos típicos desta zona baixase.Ao parecer os mosquitos quedan atrapados nas teas de araña,o que fixo reducir o número e favoreceu aos habitantes desa zona.Isto por tanto reduce os casos de malaria o que é unha gran noticia para este pobo despois das inundacións.

imagen

 

 Julia Otero Vieites e David Laíño Blanco de 1ºB

 

Isto non é un xogo.

 Cando nós escoitamos a palabra SIDA non lle damos a suficiente importancia, xa que se trata dunha enfermidade moi desenvolvida e perigosa, da que é moi facil contraela  e  hoxe en día a pesar do noso avance na biotecnoloxía e na ciencia, todavía ninguén foi capaz de atoparlle unha solución. O único que existe de momento é usar protección nas relacións sexuais, e tamén ter coidado co contacto mediante o sangue, esto xa é unha forma de contaxio menos habitual.

imagen

O sida é unha enfermidade que afecta aos humáns ifectados polo VIH. Unha persoa padece este virus cando o seu organismo non é capaz de ofrecer unha resposta inmune contra as infeccións. Unha persoa infectada polo VIH é ceropositiva e pasa a desenvolver un cadro de sida cando o seu nivel de linfocitos T CD4 desdence por debaixo das duascentas células por mililitro do sangue.

O 90% das novas infeccións do virus danse por relacións sexuais . Durante as últimas décadas intentouse investigar a cantidade de virus human presente nos xenitais. Grazas a un duro traballo polo equipo dirixido do departamento da saúde da universidade de Washington , por primeira vez mostrounos que a cantidade de VIH na mucosa xenital aumenta as posibilidades de transmitir virus. Os investigadores analizaron a 2521 parexas heterosexuais africanas cerodiscordantes. En 1805 desas parellas a infectada era a muller e en 716 o portador do virus era o home. Durante dous anos que durou este seguimento 73 baróns e 40 mulleres foron infectados polo virus das súas parellas.

imagen

Unha pequena empresa de biotecnoloxía consigueu financiamento do goberno federal dos Estados Unidos para estudar a vacina contra o VIH durante tres anos. O primeiro estudo de fase III determina a eficacia da vacina . Ao redor de 5000 voluntarios serán dos Estados Unidos e 2500 de Tailandia , a maioría dos cales terán un alto riesgo de contraer o VIH. Se o estudo ten éxito a vacina estará dispoñible a comezos do próximo siglo.

Berta Escurís Rodríguez.

Sabela López García.

 

“Donar diñeiro é máis enriquecedor que quedar con el” (Bill Gates)

imagen

 Nós pensamos que Bill Gates e a súa muller fan un traballo moi enriquecedor xa que a pesar de que hai xente no mundo que ten moitos cartos ningún rico se plantexa a posibilidade de axudar á xente que realmente o necesita. Doutra cousa da que no nos damos de conta é da que no nos damos de conta é que si cada un puxera un graniño de area non habería tantos problemas no mundo, e sería un acto moi gratificante para todos.

A Fundación Bill e Melinda Gates é unha fundación de caridade establecida por Bill Gates e a súa muller Melinda Gates. Está situada na cidade de Seattle, foi creada en xaneiro de 2000, e está dirixida polo pai de Bill Gates. A fundación desenvolve unha campaña para promover a prevención da sida na India, este  esforzo conta coa axuda de estrelas de Hollywood. Foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias.

A Fundación Bill & Melinda Gates contribuirá 10.000 millóns de dólares no apoio da Década  das Vacinas, para os próximos dez anos. Tamén se pensa que pode haber algún tipo de interese oculto, a pesar disto, este diñeiro salvará moitas vidas.

Bill Gates renunciou ao seu posto de traballo a tempo completo como CEO de Microsoft para dedicarse á fundación.

A Fundación de Bill & Melinda Gates foi denunciada  por ” Los Angeles Times” por o uso e inversión do seu diñeiro nas empresas que contradicen os principios da Fundación. Sen embargo paralelamente invirteu 423 millones de dólares en Eni, Royal Dutch Shell, Exxon Mobil corp., Chevron Corp. e Total of France compañías que son as principais responsables de producir os máis altos niveis de pilución en esa rexión. O cal ven a ser contradictorio para a primeira intensión da fundación.