Demasiadas persoas para tan pouca auga

imagen

China é un país que sostén o 20% da poboación mundial, cunha disposición do 7% dos recursos hídricos dispoñibles no planeta. Polo que ten un gran problema para lograr abastecer a tódolos individuos, que habitan alí, de auga potable. Isto sumado á sucesión de accidentes contaminantes que se están producindo agora nese lugar,  está agudizando o problema de abastecemento do país.

 

 

imagen

Segundo as Nacións Unidas dispón dunha media de auga de 2.138 metros cúbicos de auga per cápita ao ano, o que supón menos da cuarta parte da auga da que dispón calquera persoa nun país desenvolvido, polo que se estima que un gran número de chinos empregan auga contaminada para as súas actividades do fogar, un número que segundo Greenpeace achégase aos 100 millóns de persoas, para as cales suporá problemas de saúde. Aínda que, tamén cabe mencionar a mala distribución interna que podemos atopar neste país, xa que fronte a un norte árido e a miúdo semidesértico podemos atopar un sur tropical e no que se suceden monzóns.

 

Se a isto se lle engade a incapacidade do goberno para reestructurar o mapa hidrográfico do país e aos continuos vertidos contaminante nas fontes de abastecemento desta gran potencia, só agrandan máis o seu xa nomeado problema.

Os problemas pola contaminación: debido a explotación descontrolada dos recursos naturais en dito país, sucedense un gran número de acidentes medioambientais, número que se multiplicou por dous neste último ano. Tras un estudo oficial realizado polo Ministerio de Proteción Ambiental, sobre as augas do país, obtivéronse cifras alarmantes, as cales afirman que só o 49,7 % dos seus recursos hídricos é apto para o consumo do ser humano. Isto é debido a acelerada industrialización que se produciu no país.Do 50,3 % restante o 26,4 % é inservible para o humano debido aos continuos vertidos.A distribución interna: Como xa dixemos anteriormente, china ten unha distribución interna das augas insuficiente para o abastecemento do país enteiro. Xa que sin contar a presa das Tres Gargantas, no curso do Yangtsé, e o Eixo de Desviación de Augas Sur-Norte previsto para 2014, o goberno chino non é capaz de idear outros remedio contra as grandes inundacións que se producen no país e que chegan a escandalosa situación de deixar unha cifra de falecidos e desaparecidos superior ao 1.500.

Creado e publicado por: Vanesa López Lijó e Ángela Fernández Ríos de 1º de Bacharelato A

 

Tags: , , ,