Vida extraterreste

O 25 de Xullo cúmprense dez anos dende a enigmática choiva vermella que caeu sobre Kerala, unha pequeña cidade do sur da India que durou ata o 23 de Septembro de 2001. Pouco a pouco, os científicos van descubrindo novas e intranquilizadoras pistas sobre as descoñecidas partículas que acompañaron á dita choiva. Todo apunta a que, probablemente, estemos ante a primeira mostra clara de panspermia (termo grego que significa semente universal) que sostén que os primeiros organismos ou compostos precursores, se orixinarían fora da Terra e que viaxarían ata aquí nun asteroide ou cometa.

imagen

As primeiras hipótesis que se barallaron foron que a choiva se tintara con area do deserto arábico, mais este é un feito bastante común e fácil de identificar, e non tiña nada que ver con esta choiva sangrienta. Máis tarde e a teoría que máis forza tomou ata fai pouco, é a expulsión terrestre de algas ou fungos en modo de esporas ou células, acumulándose na estratosfera ata caer en forma forma de precipitacións. Esta teoría pode ser creíble porque os tornados ou pequenos ciclóns son capaces de elevar ata as nubes leitos de algas sen demasiada complexidade

Agora ben, existen pequenos inconvenientes ou contradicións contra esta teoría, primeiro, calcúlase que caeron cincuenta toneladas destas partículas dende o ceo, o cal é una cantidade bastante desorbitada para tratarse dun pequeño ciclón e non se tiveron noticias deles naquelas datas e lugares. Por outro lado, é lóxico pensar que a zona afectada debería ser máis ampla, e non reducirse a esa comarca durante tantos días, pois os chubascos non son estáticos e trasládanse pola xeografía.

Según publica o MIT na súa revista Technology Review, estes investigadores aseguran que as células vermellas estanse a reproducir a temperaturas que oscilan entre os 121 e 300 ºC. A temperatura ambiente son inertes. Isto é extremadamente raro. As esporas dalgúns extremófilos poden sobrevivir a este tipo de temperaturas e reproducirse a temperaturas menores, pero nada que coñezamos se comporta deste xeito a esas temperaturas. Louis continuou co estudio destas células, co a colaboración dun equipo internacional que inclúe a Chandra Wickramasinghe, a un investigador da Universidade de Cardiff (Reino Unido) e un dos principais defensores da teoría da panspermia.

imagen

imagen

Louis continuou co estudio destas células, co a colaboración dun equipo internacional que inclúe a Chandra Wickramasinghe, a un investigador da Universidade de Cardiff (Reino Unido) e un dos principais defensores da teoría da panspermia.  Godfrey Louis considerou no seu día que as células descubertas na auga da choiva non podían ser microbios terrestres porque non se atoparon probas de ADN. Ó parecer, os glóbulos vermellos son unha posibilidade, pero deberían haberse destruído rápidamente co contacto ca auga da choiva. Nunha extraordinaria explicación de que un cometa podería terse desintegrado na atmosfera superior e salpicado nas nubes cando flotaban sobre a Terra, de aí á choiva vermella. De feito asegurou que se recolleron informes na rexión sobre un ruído similar ó de un obxecto que superaba a barreira do son, o cal podería haber sido provocado pola suposta rocha espacial ó desintegrarse.Wickramasinghe e compañía examinaron a forma na que brillan cando son bombardeados con luz, e din que é notablemente similar a distintos espectros de emisión non explicados en diferentes partes da galaxia. Posiblemente se pregunte por que seguen nesa soidade, por que non destribuíron as probas noutras universidades si ese material é tan abundante. Aínda que non o poida parecer, é lóxico, porque si de verdade é o que Louis di que é, eso é unha convulsión non soamente para a ciencia, senon para o pensamento, para a filosofía, para a moral, para a relixión, tan grande que hai que tomarse tódalas precaucións posibles antes de dar o paso definitivo.Aínda que non se pode admitir semellante teoría sen máis probas, ninguén pode negar que se trata dun fascinante misterio.Para máis información:

Deixo a ligazón dun video no que entrevista a Xosé Manuel Nieves, corresponsal da area de ciencia do ABC.