Un problema que nos concerne a todos.

  A falta de auga é un problema que debería estar solucionado, todos temos dereito a ela. Aproximadamente 1.100 millóns de persoas, é dicir, o 18% da poboación mundial, non teñen acceso a fontes de auga potable e máis de 2.400 carecen do saneamento adecuado. Este mal saneamento provoca a expansión de enfermidades, xa que, cando a auga queda estancada, acumula múltiples fontes de infección , e, ao ser inxerida pola xente á que non lle queda outro remedio, ésta cae enferma.

Nos países en vías de desenvolvemento morren cada ano 2.200 millóns de persoas a causa desas enfermidades relacionadas coa falta de acceso a auga potable, a maioría deles son nenos. Cun saneamento correcto poderíanse reducir estes números, o que provocaría un 75% menos de mortes.

imagen

A maior parte da auga doce, aproximadamente o 70% do líquido disponible mundialmente,  utilízase na agricultura. Porén, a maioría dos sistemas de traslado de auga son ineficientes: perden aorredor do 60% da auga pola evaporación aos ríos e mantos acuíferos. A irrigación ineficiente desperdicia agua e tamén provoca riscos ambientales e de saúde, tales como a perda de terra agrícola produtiva debido á saturación. Existe un problema grave nalgunas áreas do sur de Asia nas que a auga estancada provoca a transmisión da malaria.

Abel Sánchez Piñeiro e Jose Silva Castro 1ºBach A