Por que necesitamos un futuro sostible?

imagenPorque se non, quizais non teñamos mesmo futuro. Porque nos están dicindo que a crise económica que sufrimos non se vai solucionar facilmente, xa que non é máis que un síntoma da inmensa crise socioambiental que afecta ao noso planeta. E esta non se vai resolver se non cambiamos profundamente o noso comportamento actual que está conducindo á destrución dos ecosistemas do planeta e que pode levar mesmo á desaparición da nosa especie.

As Nacións Unidas instituiron para o período 2005 - 2014 a Década da educación por un futuro sostible, na que nos encontramos.

Pero, cada un de nós, pode facer algo para frear a degradación medioambiental que nos ameaza? Claro que podemos!

 

Tags: ,