Océanos ácidos?

Os océanos formáronse hai 4 mil millóns de anos, e hoxe ocupan o 70 % da superficie do planeta. Son unha fonte de vida imprescindible. Pero hai algo que está a ocorrer no seu interior, e de seguir así, non tardaremos moito en acabar con eles …

As pradeiras mariñas, e dicir, a vexetación mariña que rodea as costas, é capaz de absorber e almacenar máis do dobre de carbono que os bosques tropicais. Unhas 830 toneladas por hectárea caben no solo que albergan debaixo !!! Este carbono é procedente do CO2 que nós humanos, por defecto, producimos. Pero vaia! Entón estas plantas son un choio, axudan a combater o cambio climático? Pois si, son unhas fortes aliadas en contra cambio climático. Pero ainda así, non son suficientes para combater as grandes cantidades de CO2 que atopamos disolto na auga. Xa que só son capaces de reducir case un 30% deste gas.

E qué pasa co Co2 disolto na auga?

 

imagen

Este gás, disolto na auga dá lugar ao ácido carbónico, H2CO3, e o mar absorbeu tanto que se esta acidificando. Actualmente encontrámonos en 385 ppm.  Este incremento do Ph no océano terá consecuencias fatais para a biosfera mariña:

 

  • Os organismos mariños con caparazón non poderán formalo. Debido a a acidificación produce unha reducción da cantidade de ions carbonato para o carbonato cálcico, CaCO3,  indispensable na formación de esqueletos e conchas.
  • Disminución do plancton que habita nas augas. Se o principal eslabón da cadea trófica mariña desaparecese toda a pirámide se derrubaría.
  • Grupos animais importantes como erizos de mar ou algas coralinas non poderán sobrevivir debido a que o CO2 fai que a auga sexa corrosiva.

     

    imagen

A maneira de que os océanos volvan a normalidade sería estabilizarse en 350 ppm, esto suporía unha reducción do 85 % das emisións globales, o que só se poderá conseguir tirando de fontes de enerxía alternativas como eólica ou solar.

De non ser así, aconsellase ir mirando por un bo voo directo a Marte para o 2050.

Con esto, déixovos aquí un interesante documental sobre este tema en inglés: Acid test

 

Cumpre 60 anos a estrutura do ADN

imagen

A primeira descrición da dobre hélice do ácido desoxirribonucleico (ADN), un descubrimento que cambiou para sempre a comprensión da vida, cumpre este mes 60 anos desde a súa publicación.

O descubrimento científico levouse a cabo nun laboratorio da Universidade de Cambridge en Gran Bretaña. O británico Francis Crick e o estadounidense James Watson, interpretando un dos numerosos difractogramas de raios X realizados pola investigadora londinense Rosalind Franklin que traballaba no laboratorio de Maurice Wilkin, descifraron a estrutura secundaria do ADN.

O 25 de abril de 1953, a revista científica Nature publicou o artigo escrito por Watson e Crick co título Estrutura do ácido desoxiribonucleico, onde os científicos revelaron o misterio da molécula que contén a información necesaria para que calquera organismo vivo naza e se desenrole, resolvendo o funcionamento do código xenético iniciando unha era de avances sen precedentes na bioloxía.

Isto refírese a que a dobre hélice é onde se conservan en forma de secuencia os xenes que conteñen as instrucións para sintetizar moléculas maiores que a súa vez constrúen células con funcións específicas, demostrando que a clave da transmisión xenética ocúltase no ADN.

O descubrimento non era unha mera descrición da molécula, senón que permitía comezar a explicar o mecanismo co que o ADN sepárase en dúas febras —de aí a dobre hélice— para reproducirse en dúas moléculas idénticas, a base da herdanza xenética.

Dito descubrimento realizouse no laboratorio Cavendish de Cambridge, onde traballaron 29 gañadores do premio Nobel no último século.

WatsonCrick e Wilkins, recibiron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1962.

Rosalind Franklin, cuxa crucial  contribución a este descubrimento se intentou silenciar durante moito tempo, falecera uns anos antes dun cancro, quizais causado pola exposición continuada aos raios X, na percura dun bo difractograma da molécula de ADN. Cando por fin o obtivo, o seu xefe Wilkins pasoullo sen o seu consentimento a Watson e Crick que se levaron todo o mérito da investigación.

O 10 de abril pasado, a casa Christie’s subastóu unha carta do científico británico Francis Crick, que escribiu ó seu fillo para comunicarlle o descubrimento. A misiva alcanzou un prezo de cinco millóns trescentos mil dólares.

 

O aspirador marino de auga

Un dos maiores problemas da nosa terra son os vertidos de plásticos. Nos océanos e nos mares estos elementos ocasionan a morte de centos de animais acuáticos cada ano e provocan a acumulación de sustancias contaminantes dentro da cadea alimentaria.

Supoñen tamén importantes inversións en equipos de limpeza, degradan as zonas turísticas e incluso chegan a facer dano ás embarcacións.

O xoven holandés Boyant Slat creador da Fundación Cleanup Ocean, presentou un tegnolóxico concepto que permitirá a limpeza e reciclaxe da superficie marina. Con este invento pretende recoller sete millóns de toneladas de materiais plásticos ao ano.

 O aspirador recibe o nome de Ocean Cleanup Array, axúdase duns brazos flotantes que dirixen o plástico hacia as plataformas de tratamento. En esta misma base tamén se almacena o material para o seu posterior transporte e reciclaxe.

 Este equipo é un sistema rentable e ecolóxico xa que as plataformas ideadas por Boyant Slat nútrense para a súa actividade tanto da enerxía solar como da enerxía xenerada por as correntes marinas e as olas. O mellor de todo e que non emplea redes e así evita as capturas accidentales de especies marinas.

O proxecto holandés aínda se encontra en fase de desenvolvemento.

imagen

 

Embarazada tras un transplante de útero

síndrome de Rokitansky é unha anomalía grave do tracto reprodutivo femenino, con ausencia de menarca e imposibilidade de embarazo. Unha vez máis, a medicina foi máis aló:

No 2011 Derya Sert tiña 22 anos, síndrome de Rokitansky e o desexo de ter un fillo. Agora, tan so dous anos máis tarde,  confirmouse o seu embarazo.

 

imagen

Derya foi a receptora do primeiro transplante de útero con éxito. Antes da intervención, o equipo médico extraeu e conxelou os óvulos da paciente para poder fecundarlos mediante técnicas de reproducción asistida e aloxalos no útero.

Despois de esperar o debido tempo de precaución, os óvulos de Derya foron fecundados, mediante fecundación in vitro, polos espermatozoides do seu marido. O 31 de marzo tivo lugar a tranferencia do embrión e desde o hospital universitario turco informouse de que o embarazo estase desenvolvendo con normalidade.

Sonia Rodríguez Hermo

 

A Antártida rexistra o maior desxeo estacional en mil anos

 

Na Antártida, este verán, o nivel de desxeo foi o máis alto do último milenio. Quen se decatou disto foi, a Universidade Australiana nun estudo que realizaron. Na investigación, o Sondeo Antártico Británico axudou a entender o porque das causas do cambio climático e calcular o nivel do mar por mor do desxeo.

 Na revista que se publica en internet, Nature Geoscience, na última edición, realizaron un estudo sobre que o desxeo tamén aumentou na segunda metade do século. Isto refírese o punto máis setentrional da Antártida Occidental.

 Nunha illa situada o norte da Península Antártica, James Ross, un equipo de científicos perforou un núcleo de 364 metros para medir a temperatura nos últimos mil anos.

A xefa do proxecto e científicos do centro de investigación da Universidades explicaron que cando máis frío fixo foi fai 600 anos e que naquela época a temperutara era 1,6 centígrados menos que no siglo XX. Hoxe en día, a neve que se derrite e dez veces maior.

Según este estudo, si o desconxelamento sigue propagándose, un pequeno aumento pode desencadear unha notable alza da desconxelación do xeo durante o verán austral.

O equipo de científicos centrouse na Antártida porque e a rexión que no ultimo medio siglo quentouse máis rápido que en calquer parte do hemisferio Sur. Para comprobar isto, o que fixeron foi comprobar todas as capas de xeo durante o desxeo e a conxelación.

Robert Mulvaney, un dos científicos que participaron na investigación, dixo que a intensidade do desxeo son importantes na perda de glaciares, derrumbes perigosos e debilitou as capas de xeo.

Os científicos creen que este feito esta sendo provocado pola cambio climático e este e causado pola acción humana e o aumento na forza dos ventos occidentais.

http://www.youtube.com/watch?v=xim4WDCMHPo

 

 

 

A túa forma de falar define o teu futuro, sabíalo?

Un estudo demostra que o tempo verbal que utilizamos á hora de contar un suceso pode influír en que o volvamos a facer de novo ou que sexa unha historia xa pasada. Este estudo realizado pola Universidade Autónoma de Madrid,  a Universidade Nacional de Educación a distancia e a Universidade de Illinois en Urbana-Champaign foi publicado no Journal of experimental social psychology.

Os tempos verbales utilizados:

-Cando revíves  o pasado de  por exemplo “beber en exceso” o tempo verbal que utilizas é o presente. “Eu compro unha botella e beboa do tirón” , utilizase o presente, o que indica que esta persoa volverá a beber nun futuro.

-Se o lembras utilizando o pasado ” eu comprei unha botella e bebina do tirón”, ao utilizar o pasado esa persoa inconscientemente sabe que non volverá a suceder.(Sempre hai excepcións)

Se ti non bebes é preferible que utilices o tempo verbal de presente para que nun futuro non bebas alcohol, pola contra, se es unha persoa que bebes o tempo verbal que utilizas é o pasado, sexa unha opinión negativa ou positiva.

imagen

Cando vemos un anuncio contra o alcohol sabemos se queren que bebamos ou o deixemos de facer segundo o seu tempo verbal. Se queren que non o fagamos utilizan o presente para contarnos algo pasado que non se debe repetir,sin embargo, contan en presente os comportamentos de risco.

 

O cambio climático afecta os osos pardos

  Elixín este tema sobre  o cambio que están sufrindo os osos pardos na Cordilleira Cantábrica   xa que me parece moi interesante fronte o problema do cambio climático.

Unha ONG vixía a unha poboación de douscentos   osos pardos  que pasean no mes de febreiro pola Cordilleira Cantábrica,cando neste tempo nos anos anteriores estaban hibernando,estes osos son unha especie en perigo de extinción.

A Fundación Oso Pardo (FOP) vixía dende o ano 2006 o comportamento destes exemplares ,é a primeira vez que entre os osos desvelados hai machos.

Nun momento só se descubriran movementos de osas e crías maiores dun ano.Este comportamento atribuíuse ó cambio climático,pola suavidade dalgúns invernos e despois considerouse que quizáis as femias lle resultaba máis rendible saír do seu hábitat para buscar alimento para as súas crías , aínda que os últimos outonos eran case todos bos e os machos non tiñan porque saír,xa que se podían alimentar de castañas e outro tipo de alimentos.

 

imagen

O presidente da FOP ,Guillermo Palomero,afirma que veu saír da súa cova a un oso macho nas montañas  de Alto Sil (León).

Fernando  Ballesteros, biólogo da FOP pode asegurar comportamentos descoñecidos que el mesmo veu,como por exemplo ver os  osos pardos  escarvando na neve na busca de froitos.

 Xavier Naves, biólogo da Universidade de Oviedo, cre que a actividade destes osos pode ser a manifestación dun problema relacionado ca  falta de alimento.

A organización da FOP seguirá observándoos  para  saber si esta situación só queda nunha anécdota ou se converte nun patrón de conduta.

 Con estes datos que dei  espero que a FOP poida investigar o que realmente lle pasa a estes seres vivos para que poidan vivir como antes.

 

 

 

Obxectivo: salvar o Ártico

 

Máis de 2,5 millóns de persoas firmaron a petición de Greenpeace para conseguir que o entorno do Polo Norte sexa declarado santuario protexido, e salvar o Ártico. O obxectivo é lograr que se prohiban as prospecións petrolíferas e as pesqueiras industrias no Ártico, xa que os países con territorios limítrofes-Estados Unidos, Canadá, Rusia, Noruega e Dinamarca- protagonizan unha carreira por facerse coa explotación do Ártico, sacando toda a súa “artillería” para extraer ata a última gota de petrólo que se atopa debaixo do xeo.

imagen

Catro exploradores de Greenpeace plantaron unha bandeira no leito mariño do Ártico, a catro quilómetros de profundidade para pedir a creación dun santuario global que protexa este enclave. Ademais, xunto á bandeira somerxeuse unha cápsula inerte e non tóxica que contén todas as firmas de apoio das persoas, e que se tratarán de recuperar no 2050. Durante eses anos permanecerá baixo o xeo “en harmonía co medio natural e preservado para as xeracións futuras”

Para contribuír con esta causa, o día 20 de abril deste ano, día de Acción Global polo Ártico, máis de 278 cidades formaron pancartas humanas onde se podía ler:  imagenARCTIC .

 Diversas cidades españolas participaron neste día: Barcelona,Granada, Bilbao…

 

imagen

 Noelia Santamaría Otero 1º Bach.A

 

 

A desaceleración do quentamento global é temporal

Estudos recentes demostran que durante esta útlima década produciuse unha desaceleración do quentamento global. Segundo un estudo publicado na revista Natural Climate Change , feito por científicos internacionais do Institut Catalá de Ciènces del Clima apoian a  hipótese de que a pausa no quentamento global débese a que se incrementou a absorción do calor por parte do océano Atlántico e tamén da banda tropical.

Un informe publicado no ano 2007, do Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC), esperaban que a temperatura media do noso planeta aumentara un 0.2%  por década durante as seguintes duas décadas.  Polo contrario na última década produciuse unha desaceleración clara do quentamento global.

imagen

Utilizando os datos máis recentes e unha versión do modelo climático europeo ECEarth , esta hipótese permitiu desempeñar diferentes teorías. A partir disto, realizaronse varios experimentos de sensibilidade e descubriron que esta desaceleración do quentamento global debíase a absorción do calor por parte do océano Atlántico e a banda tropical simultanemente. Con outras palabras, a desaceleración observada do quentamento global na última década correspondese co efecto da variabilidade natural do sistema climático, que tapa temporalmente, o impacto das emisións de gases de efecto invernadoiro

Alexandra Piñerio Saavedra  1ºBach

 

Menos selvas, menos energía para las naciones en desarrollo

La pérdida de los bosques tropicales probablemente reduzca la producción de energía de los proyectos hidroeléctricos en países como Brasil, que están invirtiendo miles de millones de dólares para generar energía y apoyar el crecimiento económico.

El estudio, publicado en las Actas de la Academia Nacional de Ciencias, dice que la deforestación extensiva dejará menos agua en los ríos para generar energía hidroeléctrica.

La pérdida de los bosques tropicales en la cuenca del Amazonas, África Central, Indonesia y otras partes del mundo ha sido un tema ambiental presionando desde hace dos décadas , pero esto ha quedado definido de dos maneras. En primer lugar, que la pérdida de los bosques acelera el cambio climático en todo el mundo, que los bosques absorben el dióxido de carbono de la atmósfera . En segundo lugar, que la deforestación destruye los medios de subsistencia de las comunidades indígenas.

Un co-autor, Daniel C. Nepstad, que trabaja en el Instituto Amazónico de Investigaciones del Medio Ambiente en Brasilia, dijo que los bosques tropicales crean lluvia, ya que “están en ecuador y se evapora una gran cantidad de agua que pasa a través de los tallos y en las hojas y sale a la atmósfera y esta humedad alimenta las nubes de lluvia”.

Los autores del estudio concluyen con esto “como las naciones con selvas tropicales giren cada vez mas entorno a a la energía hidroeléctrica para satisfacer la demanda creciente de la energía ”verde”, es importante que las personas que planifiquen esto tengan en cuenta los vínculos entre la cubierta forestal y las corrientes que fluyen”.

 

imagen

Paula Pérez Vázquez 1ªBach A