A Antártida rexistra o maior desxeo estacional en mil anos

 

Na Antártida, este verán, o nivel de desxeo foi o máis alto do último milenio. Quen se decatou disto foi, a Universidade Australiana nun estudo que realizaron. Na investigación, o Sondeo Antártico Británico axudou a entender o porque das causas do cambio climático e calcular o nivel do mar por mor do desxeo.

 Na revista que se publica en internet, Nature Geoscience, na última edición, realizaron un estudo sobre que o desxeo tamén aumentou na segunda metade do século. Isto refírese o punto máis setentrional da Antártida Occidental.

 Nunha illa situada o norte da Península Antártica, James Ross, un equipo de científicos perforou un núcleo de 364 metros para medir a temperatura nos últimos mil anos.

A xefa do proxecto e científicos do centro de investigación da Universidades explicaron que cando máis frío fixo foi fai 600 anos e que naquela época a temperutara era 1,6 centígrados menos que no siglo XX. Hoxe en día, a neve que se derrite e dez veces maior.

Según este estudo, si o desconxelamento sigue propagándose, un pequeno aumento pode desencadear unha notable alza da desconxelación do xeo durante o verán austral.

O equipo de científicos centrouse na Antártida porque e a rexión que no ultimo medio siglo quentouse máis rápido que en calquer parte do hemisferio Sur. Para comprobar isto, o que fixeron foi comprobar todas as capas de xeo durante o desxeo e a conxelación.

Robert Mulvaney, un dos científicos que participaron na investigación, dixo que a intensidade do desxeo son importantes na perda de glaciares, derrumbes perigosos e debilitou as capas de xeo.

Os científicos creen que este feito esta sendo provocado pola cambio climático e este e causado pola acción humana e o aumento na forza dos ventos occidentais.

http://www.youtube.com/watch?v=xim4WDCMHPo