O cambio climático afecta os osos pardos

  Elixín este tema sobre  o cambio que están sufrindo os osos pardos na Cordilleira Cantábrica   xa que me parece moi interesante fronte o problema do cambio climático.

Unha ONG vixía a unha poboación de douscentos   osos pardos  que pasean no mes de febreiro pola Cordilleira Cantábrica,cando neste tempo nos anos anteriores estaban hibernando,estes osos son unha especie en perigo de extinción.

A Fundación Oso Pardo (FOP) vixía dende o ano 2006 o comportamento destes exemplares ,é a primeira vez que entre os osos desvelados hai machos.

Nun momento só se descubriran movementos de osas e crías maiores dun ano.Este comportamento atribuíuse ó cambio climático,pola suavidade dalgúns invernos e despois considerouse que quizáis as femias lle resultaba máis rendible saír do seu hábitat para buscar alimento para as súas crías , aínda que os últimos outonos eran case todos bos e os machos non tiñan porque saír,xa que se podían alimentar de castañas e outro tipo de alimentos.

 

imagen

O presidente da FOP ,Guillermo Palomero,afirma que veu saír da súa cova a un oso macho nas montañas  de Alto Sil (León).

Fernando  Ballesteros, biólogo da FOP pode asegurar comportamentos descoñecidos que el mesmo veu,como por exemplo ver os  osos pardos  escarvando na neve na busca de froitos.

 Xavier Naves, biólogo da Universidade de Oviedo, cre que a actividade destes osos pode ser a manifestación dun problema relacionado ca  falta de alimento.

A organización da FOP seguirá observándoos  para  saber si esta situación só queda nunha anécdota ou se converte nun patrón de conduta.

 Con estes datos que dei  espero que a FOP poida investigar o que realmente lle pasa a estes seres vivos para que poidan vivir como antes.