Eyjafjallajokull, 40 anos despois do primeiro día da Terra

imagen

Onte celebramos o día internacional da Terra. Aproveitabamos esta data para preguntármonos, unha vez máis, que estabamos dispostos a facer para que este planeta siga sendo un lugar habitable para os seres vivos que o poboan, incluído o ser humano. Faciamos fincapé na diminución do consumo enerxético. Sobre todo porque ao proceder a meirande parte da enerxía que consumimos da queima de combustibles fósiles, consumo de enerxía equivale a produción de dióxido de carbono e aumento do efecto invernadoiro. A erupción do volcán islandés  Eyjafjallajokull e o cerre do espacio aéreo en boa parte de Europa, puxo de novo en evidencia o pouco fundamento ecolóxico de moitas das decisións que por motivos estritamente económicos se toman nas nosas sociedades. Alimentos, materias primas, bens de consumo, prodúcense a grande distancia dos lugares onde se comercializan e transpórtanse continuamente dun lado ao outro do planeta. Se o transporte se detén os mercados se desabastecen, a economía se paraliza e noso modo de vida, difícilmente sostible, periga. Seremos capaces de atopar respostas que satisfagan as necesidades de desenvolvemento de tódolos países sen continuar a hipotecar o noso futuro?

 

El sismógrafo se inventó en china.

En China desde siempre hubo muchos terremotos la prueba más clara de esto, es el trabajo más famoso de Zhang Heng el “detector de terremotos” que perfeccionó en el año 132 d. C. Mil setecientos años antes de que se creara el  primer sismógrafo europeo, Zhang Heng asombró a la corte imperial con este dispositivo novedoso, que podía detectar terremotos tan distantes que nadie cercano lo sentía siquiera. Era un dispositivo en forma de jarrón, al que se le pegaban varias cabezas en bronce de dragones, cada una con una pelota también de bronce en su boca. Alrededor del pie tenía varios sapos de bronce con las bocas abiertas. Si la máquina detectaba un temblor de tierra(seísmo), una bola de bronce, automáticamente, se soltaba y caía en la boca de uno de los sapos. La posición de uno de los sapos en cuestión indicaba la dirección en la cual procedía el temblor. En una famosa ocasión, una bola cayó sin que se observara terremoto perceptible, pero, varios días después, llegó un mensajero con noticias de un terremoto en Kasu, a 600Kilómetros de la corte y en la dirección indicada por la máquina.A pesar de sus creaciones, es erróneo acreditar a Zhang Heng con la invención de sismógrafo. Su máquina detectaba los terremotos y su procedencia, no los medía. el sismoscopio invenado por zhang heng, fue el antecesor del sismógrafo .imagen

 

Catástrofes naturais: Terremoto en China.

imagen

O pasado martes, 13 de abril, produciuse un terremoto en China. Afectou concretamente a  provincia de Qinghai, e deixou moitos mortes e centos de feridos.  Segundo dín os expertos foi un terremoto de 7,1 graos na escala de Ritcher.

imagen

As catástrofes naturais son algo inevitable, as súas consecuencias máis o menos mortíferas dependen tamén das actuacións humanas. Desgraciadamente prodúcense en todo o mundo e destrúen milleiros de fogares. Especialmente nas rexións que non teñen en conta o risco sísmico á hora de construír edificios.

Segundo a súa definición, as catástrofes producidas pola actividade interna da Terra, por un lado, son unha exhibición do poder de enerxía da Natureza que se concentra no tempo e no espazo. Por outro lado, fálase dunha rotura de equilibrios existentes na fina capa que forma a litosfera. Cando se produce un desastre deste tipo destrúense os ecosistemas e os seres vivos. A tectónica de placas pode permitirnos saber o que acontecerá cos continentes. Grazas a elas sabemos que a actividade volcánica irá desaparecendo pouco a pouco, e polo tanto chegará o momento no que non se producirán nin terremotos nin movementos da Terra.
Vanesa Calviño

Vanesa Alonso

Andoni Farto

 

As nosas luces de fondo: A conxunción Venus - Mercurio

Estes  primeiros días de abril, sobre os cumes do Barbanza, ao Oeste de Boiro, despois do solpor, arredor das dez da noite, estamos disfrutando dun espectáculo único e completamente gratuito: Unha espléndida conxunción Venus - Mercurio. Venus obsérvase enorme e á súa dereita case á mesma altura, neste momento, vese, máis pequeno e emitindo unha luz máis tenue, Mercurio.

Así e todo a nosa luz de fondo mais habitual é a Lúa. É o único satélite natural da Terra, sitúase a unha distancia aproximada de 384.405 km de nós.

Visto desde a  Terra, este satélite presenta  varias fases e sempre a  mesma cara, este  feito xerou numerosas preguntas  respecto ó  lado escuro da Lúa, que en realidade está iluminado cando estamos no período chamado lúa nova .

A Lúa non  ten  atmosfera, ten auga en forma de cristais de xeo (estado sólido ). Ó non ter atmosfera erosionase mais rápido ,aínda así mantense intacta é apenas afetada polas colisions dos  meteoritos

 

imagen

 

É a principal responsable dos efectos de marea que se producen na Terra, tamen o  sol. A Lúa  afastase do noso planeta  3 cm por ano. A Lúa é  o maior satélite do noso Sistema Solar e esta,considerase fosilizada.

Dado que a Lúa xira arredor da Terra, a luz del Sol chegalle desde posicions diferentes, que se repiten en cada volta. Cando ilumina toda la cara que nós  vemos  chámase lúa  chea. Cando non a vemos e a lúa nova. Entre estas dúas  fases sólo vemos un anaco de  lúa, un cuarto, crecente ou minguante.

 

Daniel Blanco e Cristina Rodriguez

 

 

 

 

UNHA ENFERMIDADE REEMERXENTE EN EUROPA: A TUBERCULOSE

bacilo.jpg

O BACILO DE KOCH

Trátase dunha enfermidade infecciosa ao igual que o cólera, a malaria e o dengue, entre outras. É causada por unha bacteria chamada Mycobacterium tuberculosis ou bacilo de Koch. Hoxe en día esta enfermidade está considerada como unha das máis prevalentes. Este caso dase sobre todo nos pulmóns, aínda que tamén pode afectar ao sistema nervioso central, ao sistema linfático, ao circulatorio, etc.

Cómo detectar a tuberculose?

Os síntomas máis habituais son tos con flema durante máis de 15 días, ás veces con sangue, febre, sudores pola noite, mareo, escalofríos e incluso pérdidas de peso. As persoas que están en contacto coa persoa afectada por esta enfermidade adoita someterse a diversas probas por si se dera o caso de contaxio.

Cómo se contaxia a tuberculose?

A través do aire, cando unha persoa afectada tose ou estornuda. Para que a infección se produza é necesario que se produza unha exposición prolongada a un enfermo de tuberculose sen tratamento.

Cal é o tratamento contra a tuberculose?

Os medicamentos esenciais máis empregados polo PNCT son : Isoniacida, Rifampicina, Pirazinamida, Estreptomicina e Etambutol.

Olalla e Vicki, 1ºBacharelato C

 

Jean Dausset, pioneiro do estudo do recoñecemento celular

O día internacional de transplantes foi o 22 de Febreiro en España. O científico francés Jean Dausset, recibiu o Nobel de Mediciña en 1980 polos seus descubrimentos sobre os transplantes de órganos. O Premio Nobel recoñeceu, concretamente , o seu traballo sobre as proteínas da superficie celular relacionadas co recoñecemento por parte do sistema inmune das células propias ou alleas ao organismo. Xa que un dos problemas que presenta o transplante de órganos é precisameno o rexeitamento inmunolóxico.  Pois ben, este insigne científico, pioneiro dos estudos sobre o rexeitamento inmunolóxico , faleceu o  pasado 17 de marzo, en Palma de Mallorca ós 92 anos.

jean_dausset.jpg

 O transplante de órganos foi un dos grandes éxitos da medicina do s.XX. En 1954 realizouse con éxito o primeiro transplante de ril, pero foi o 3 de decembro de 1967 cando o profesor Christiaan Barnard, nun hospital de Cidade do Cabo (Sudáfrica), asombrou o mundo enteiro transplantando o órgano máis simbólico, o corazón.

Esa terapia logrou mellorar as condicións de vida de moitos enfermos e ofrecerlles a outros a única esperanza de seguir con vida.

O transplante constitúe unha técnica médica moi desenvolvida que logra magníficos resultados nos receptores, pero precisa obrigatoriamente doadores. O doador adoita ser unha persoa en situación de “morte cerebral” ou “morte encefálica”.

Para que unha persoa se considere un posible doador é suficiente con que, en vida, lles transmitira aos familiares máis directos a decisión de que, logo da morte, os seus órganos sirvan para salvar ou mellorar a vida doutras persoas. Nalgúns tipos de transplante o doador pode ser unha persoa viva.

Tipos de transplantes:

· Autotransplante ou autoenxerto.

· Isotrasplante.

· Xenotrasplante.

· Alotrasplante.

Algúns problemas que presentan os transplantes son:

· O rexeitamento imunolóxico: é imprescindible que o doador e receptor sexan o máis parecidos posible, que sexan compatibles; no caso contrario prodúcese o rexeitamento. Para evitar ou minimizar o rexeitamento empréganse potentes fármacos denominados inmunosupresores, que reducen de xeito drástico a capacidade de resposta do sistema inmunitario.

· A escaseza de órganos dispoñibles: España é o país con maior índice de doadores, aínda que os prazos de espera están por debaixo dos de calquera outro país, e en casos urxentes non supera os poucos días, isto non impide que sobre un 13% de pacientes en espera dun corazón ou dun fígado faleza antes de recibir o transplante.

· A imposibilidade técnica de obter determinados órganos e tecidos: Algúns órganos como o cerebro, en xeral o tecido nervioso, é imposible obtelos e transplantalos.

Se tes interese por facerte doador de órganos podes entrar nesta páxina:

organo.jpg

 

 

 Jenny,Cris e Nuria

 

Día Mundial da Auga

imagen

A ONU dedica este día mundial da auga ao tema da calidade da auga. O lema “auga limpa para un mundo saudable” chama a nosa atención sobre un tema fundamental na xestión dos recursos hídricos, a calidade da auga. A outra gran preocupación é a súa cantidade.

 

 

ONDE ESTÁ O NORTE?

imagen

“O Polo Norte Magnético desprazouse 1.100 kilómetros no último século, o que representa un movemento sen precedentes nos últimos 2.600 anos que anuncia bruscos cambios xeomagnéticos futuros, según unha investigación realizada pola Universidade deOregón.” Estas palabras aparecen nun artigo que podemos atopar na páxina web “Tendencias Científicas”, isto quere decir que a velocidade do Polo Norte Magnético está incrementándose significativamente. Os datos din que pasou dos 10 kilómetros por ano en 1970 a os 40 kilómetros anuais da actualidade.

A hipótese máis aceptada para explicar a aceleración do desprazamento do Polo Norte Magnético é que este desprazamento é causado por sacudidas xeomagnéticas producidas no centro da Terra, xa que o centro da Terra se encontra en estado líquido, e pode que este estease modificando na súa composición ou fluidez. A pesar d estas anomalías, os investigadores non ven indicios dunha nova reversión dos polos magnéticos terrestres, tal como ocorreu fai 780.000 anos.

 

clip_image002_1.jpg

 A única consecuencia que poderiamos apreciar a simple vista serían as auroras boreales, xa que poderían ser observadas mellor dende o sur de Siberia e de Europa ca desde o norte de Canadá e Alaska, como ocorre na actualidade. E decir que a posición e o desprazamento do campo magnético ten relación directa coas futuras observacións en distintos lugares das actuais das auroras boreais.


Pero dentro do que a simple vista pode parecer un caos ou un cambio con consecuencias moi extremas, resulta que este fenómeno, o desprazamento do Polo Norte Magnético, ocorre con frecuencia, é algo habitual e inevitable no noso planeta, e os movementos significativos ocorren xeralmente nun intervalo de tempo duns 500 anos aproximadamente. Pero sen embargo, as últimas observacións prevén que os próximos cambios teñen unha grande posibilidade de seren máis bruscos dos habituais.

Estes cambios na ubicación del Polo Norte Magnético teñen un gran interés non só dentro da comunidade científica, xa que  tamén afectarán entre outras cousas aos voos comerciais e ás telecomunicacións.

 Por outra banda, outras investigacións están detectando algunhas anomalías atribuidas ós cambios no campo magnético terrestre. Descubreuse que a forza do campo magnético diminuíu un 10% nos últimos 160 anos, moito máis rápido do que se esperaba observar, debido en gran parte ao seu debilitamento na rexión do Atlántico Sur coñecida como “anomalía sudatlántica”.

 O debilitamento do campo magnético fainos máis vulnerables contra as radiacións cósmicas, entre elas están por suposto as radiacións emitidas polo sol, e anuncia a súa posible desaparición dentro duns 1500 anos.

 Se desaparecese o noso campo magnético, desaparecería a nosa principal protección contra as radiacións, e as consecuencias negativas sería que estariamos expostos a unha choiva cósmica que nos causaría a morte antes ou despois en caso de non encontrar ningunha solución ante este suceso que, polo visto, parece que xa iniciou a súa marcha, para a nosa desgraza.

 

Sushi 1 - Atún vermello 0

imagen

A quinceava Conferencia das partes (COP15) da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres ( CITES ) , que se celebra en Doha entre os días 13 e 25 de marzo, rexeitou onte a proposta de Mónaco de inscribir o atún vermello na lista de especies ameazadas e prohibir a súa pesca comercial. Agora a sorte do atún vermello do Atlántico Oriental e do Mediterráneo queda en mans da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (CICAA). Será capaz esta organización de profesionais da pesca  de propoñer unha regulación da extracción de atún vermello, peixe de alto valor comercial, que impida a extinción da especie?

 

Tempo de botar patacas Amflora?

imagen

Estes días, en moitas casas galegas, as tardes resérvanse para realizar unha tarefa moi importante: botar as patacas que se comerán durante todo o ano. Porque este delicioso tubérculo orixinario de Perú, é rico en amidón, o hidrato de carbono que constitúe a base da nosa alimentación. Pois ben, entre as miles de variedades que se cultivan deste vexetal, en Europa tamén se vai poder cultivar a pataca transxénica Amflora desenvolvida pola compañía BASF. Xa que o pasado 2 de marzo a Comisión Europea autorizou o seu cultivo logo de recibir luz verde por parte da axencia europea de seguridad alimentaria (EFSA).

Desde 1998 só se autorizara un cultivo transxénico en Europa, o millo Bt Mon810 desenvolvido por Monsanto.A multinacional Monsanto produce outros  dous millos transxénicos Mon863 e Nk6o3. Existen dúbidas sobre a seguridade dos tres millos transxénicos de Monsanto.

O amidón da pataca Amflora só vai ter un uso industrial, pero aínda así esperemos que os riscos potenciais para o medioambiente teñan sido correctamente avaliados.