Sushi 1 - Atún vermello 0

imagen

A quinceava Conferencia das partes (COP15) da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres ( CITES ) , que se celebra en Doha entre os días 13 e 25 de marzo, rexeitou onte a proposta de Mónaco de inscribir o atún vermello na lista de especies ameazadas e prohibir a súa pesca comercial. Agora a sorte do atún vermello do Atlántico Oriental e do Mediterráneo queda en mans da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (CICAA). Será capaz esta organización de profesionais da pesca  de propoñer unha regulación da extracción de atún vermello, peixe de alto valor comercial, que impida a extinción da especie?

 

Tags: ,