Pray for Boston

Desgraciadamente el 15 de Abril ocurrió lo que pudo llegar a ser una gran masacre. En el maratón de Boston algunos, milagrosamente, salieron ilesos de esta canallada, otros simplemente heridos pero también hubo muertos, lo que lo convierte en un atentado.

La única suerte que tuvieron los corredores fue que la explosión se produjera en la  llegada y no en la salida.

Las cadenas de televisión nos enseñaban las desgarradoras imágenes que dejó este suceso. Muchos de los presentes nos dejaron varias declaraciones, como por ejemplo:

 

Daniel Saps nos dejó este comentario: “Esto pudo ser una masacre si, por ejemplo, era en la salida. Corríamos más de 20.000 personas.” Su mujer, a pocos metros de donde se produjo una de las explosiones, comparte con nosotros que no se enteró de nada hasta que vio gente ‘caminando y llorando. Y luego muchas ambulancias, mucho ruido. No entendía nada’.

 imagen

La primera impresión de muchos de los presentes fue que las explosiones eran un motivo de festejo, escuchando al menos cuatro detonaciones. Ellos, lo que menos se imaginaron, era que se trataba de un atentado contra su integridad física.

Barack Obama, presidente de los EEUU de América, dio una conferencia pública tras lo ocurrido para darnos a saber que los responsables de esta posible masacre pagarían por lo ocurrido, poniendo al FBI y a la Seguridad Nacional a cargo de este caso. Así, Obama nos dejo con esta clara declaración: ’Movilicen los recursos necesarios para investigar y responder’ y promete ‘todo el peso de la ley’ sobre los responsables.

Los agentes del FBI encontraron otros dos artefactos explosivos que fueron controlados, y otro tercer incidente con fuego en la biblioteca presidencial John Fitzgerald Kennedy  de la ciudad, aunque no saben si relacionar los acontecimientos y los posibles culpables de estos dos intentos de atentados.

Tras todo esto, podemos observar que estás nuevas tecnologías no siempre desempeñan un papel positivo en la sociedad.

Las autoridades ya han encontrado a los culpables de esta masacre; uno de ellos falleció en la persecución policial y otro de ellos se encuentra en el hospital muy grave por haberse disparado a él mismo.

 Paradójicamente, los culpables aparte de haber utilizado las nuevas tecnologías para crear un artefacto explosivo a partir de material casero no fueron lo suficientemente inteligentes como para saber que las tecnologías que utiliza la sociedad también están a favor de las autoridades. Gracias esto, los cuerpos de seguridad de EEUU consiguieron atraparlos en el mínimo tiempo posible evitando más riesgos y dándole mayor credibilidad a la palabra del presidente Obama.

Esther Sánchez, 1ºA Bach.

 

Perdemos paraísos naturais

imagenUn dos problemas do cambio climático é o quentamento global que conleva o desxeamento dos casquetes polares e como consecuencia increméntase o nivel do mar. Xa é coñecido o prognóstico que di que gran parte de cidades como San Francisco, Roma ou Miami por exemplo, quedarán somerxidos parcialmente polo aumento do nivel da auga do mar pero agora sabemos que a Illa de Cuba pode seguir o mesmo camiño. Recentemento o director da Axencia nacional do Medio Ambiente cubana, Tomás Escobar, dixo que seguramente no ano 2050 o seu país perderá arredor de 700 km cadrados do seu territorio debido ao aumento do nivel do mar. Como podedes imaxinar isto traerá graves consecuencias: un gran número de persoas terán que mudar o lugar no que viven, miles de ecosistemas desaparecerán e a calidade da auga potable da que dispoñen os habitantes cubanos veráse reducida. Para intentar diminuír os efectos, o goberno xa comezou a tomar medidas como a conservación dos arrecifes de coral e manglares e a reubicación da poboación pero pode que todo isto chegue tarde xa que todas esas medidas se deberían haber tomado fai tempo para evitar agora algo que posiblemente xa non teña solución.

Cristina Suárez, 1º Bach A.

 

California, un avance para as enerxías

No noso planeta podemos destacar distintos tipos de enerxía. Como a enerxía nuclear, a solar, a hidráulica, a fósil , a gravitacional… Pero non existe un bo desenvolvemento no  avance das enerxías, xa sexa por razóns económicas ou pola mesma política.

Pero según as últimas novas este non é o caso de California, xa que o NIF provocará aquí, unha reacción nuclear, cos raios láser máis grandes que se construíron ata o momento, para demostrar a viavilidade da fusión nuclear como fonte de enerxía limpa e abundante.

Para este experimento utilizaranse en total 192 raios, que apuntaran a unha pequena munición de combustible de hidróxeno. Se o experimento fose un éxito lograríase extraer máis enerxía da que se necesitou para inicialo, demostrando así que estariamos ante unha fonte limpa, renovable e prácticamente infinita (liberándonos así dos combustibles fósiles). “Estamos cerca de lograr o que nos propuxemos dende un principio: a fusión nuclear controlada e sostida” opinan alguns investigadores.

Pero California aínda dá máis xogo, ca próxima construcción das torres solares máis grandes do mundo. Abengoa firmou un acordo de colaboración con BrightSource Energy para a promoción, contrucción e operación destas torres solares, ahí en California, co que se esperará a construcción a finais do 2013.

imagen

Isto recibe o nome de “Proyecto Palen”, que constará de dúas torres de 250MW, cada unha no condado de Riverside, unha estará destinada a producción de enerxía solar do Departamento de Interior norteamericano. Estas dúas torres produciran enerxía suficiente para abastecer a demanda de 200.000 hogares e a emisión de 17 millóns de toneladas de CO2 durante o seu ciclo de vida.

Así en conclusión, California é un banco de probas para o avance das enerxías.

Lorena Fernández Rodríguez 1º A BACH

 

 

A orixe do día do libro

imagen

O día do libro remontase a 1930. O 23 de abril de 1661 faleceron Cervantes e Shakespeare. Ese día tamén morreron e naceron outroas escritores importantes. Por iso, a Conferencia Xeral da UNESCO elixiu esta data para facer unha homenaxe mundial aos libros e aos seus autores. E coa intención de animar a todos, sobre todo aos máis xóvenes, a que lean.

imagen

Esta data coincide co día de Sant Jordi (patrón de Cataluña e Aragón) , no que é tradicional que os namorados se intercambien un libro e unha rosa.

 

 En 1995, aprobouse proclamar o 23 de abril de cada ano o “Día Mundial do Libro e do dereito do Autor”.

 En Madrid celébrase a “Noite dos libros”. Máis dun centenar de librerías abren ata medianoite cun programa cultural especial que inclue: música en directo, encontro cos escritores e algunhas actividades infantis.

Todos los años, na Sala de Columnas do Círculo de Belas Artes de Madrd faise unha lectura de “Don Quijote de la Mancha”: son 48 horas na que participan figuras do mundo da cultura e da política xunto con persoas anónimas. A historia de Don Quixote tamén se lee en moitos centros do Instituto Cervantes localizados no extranxeiro.

Noelia Santamaría Otero 1º Bach.A

 

 

 

A eclipse de lúa do 25 de abril

imagen

O vindeiro xoves 25 de abril terá lugar unha eclipse luar parcial que se poderá ver dende Europa, África, Asia e Australia. Trátase dunha eclipse de escasa duración, comezará aproximadamente as 21:54 e rematará as 22:21. A eclipse de penumbra comezará  aproximadamente as 20:04 e rematara as 00:11. O seu escurecemento será limitado, por iso se fala de eclipse penumbral. A eclipse poderáse observar a simple vista, polo que poderemos disfrutar contemplándoo  sen necesidade de empregar ningún aparello especial.

Nós veremos a eclipse cando naza a Lúa, buscádea mirando cara ao leste - a Lúa nace polo mesmo sitio que o Sol -en Boiro poñédevos de costas ao Barbanza.

 A eclipse do 25 de abril será a primeira eclipse parcial de lúa deste ano e a segunda máis breve do século XXI. Pero esta non será a única eclipse luar deste ano, tamén poderemos disfrutar das eclipses luares do 25 de maio e o 18 de outubro.

                                                                                                                    Mara Places Pérez 1ºD

 

 

23 de abril día do libro

imagen O día do libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos do autor.

As orixes da festa do libro   están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi , cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.

En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de    Miguel de Cervantes Saavedra. O escritor e editor,  Vicent Clavel Andrés , propuxo este día á Cámara Oficial do Libro de Barcelona.

 Eva Blanco. 1º Bacharelato B.

 

 

O 22 de abril celebramos o día internacional da nai Terra

A contaminación, a superpoboación, a perda de biodiversidade, ou o cambio climático, son algúns dos serios problemas medioambientais aos que se enfrenta a humanidade.

Somos conscientes da gravidade da crise económica á que nos enfrentamos, mais a transcendencia da crise ecolóxica é moito maior.

Porque a Terra é o único lugar no que podemos vivir. Se este planeta perde a capacidade de sustentar a vida non teremos a onde ir. Os proxectos de conquistar Marte ou de chegar a algunha das superterras oceánicas que se descubren cada certo tempo, son irrealizables cos nosos coñecementos actuais.

Celebremos este día da nai Terra comprometéndonos a ter comportamentos responsables co medio ambiente.


 

Información da Comisión Europea sobre o Medio Ambiente

Ola a todos! Déixovos aquí unhas ligazóns da páxina da Comisión Europea con temas de utilidade para tratar nos post desta avaliación.

http://ec.europa.eu/energy/index_en.htm

http://ec.europa.eu/europe2020/index_en.htm

http://ec.europa.eu/environment/nature/index_en.htm

http://ec.europa.eu/environment/life/

Nuria Outeiral Pais 1ºA

 

Terremoto á carta

Toda actividade humana ten as súas consecuencias, ultimamente fálase moito do cambio climático, da crise; pero… algunha vez imaxinariamos que seriamos capaces de causar unha catástrofe natural, coma un terremoto?

imagen

Un estudo publicado pola revista Geology relacionou un sismo de magnitude 5,7 ,na escala Richter, ocorrido en Oklahoma (EEUU) en 2011, cunha técnica que se usa na explotación de hidrocarburos e que consiste en inxectar no subsolo a auga residual do proceso.

Esta técnica de inxección de augas residuais emprégase no fracking ou fractura hidráulica que consiste en romper as rochas que albergan os hidrocarburos (gas ou petróleo) mediante a inxección a alta presión e a gran profundidade dun composto formado maioritariamente por auga, e, ademais, por area e productos químicos. É un método moi criticado por: o risco de filtracións nos acuíferos; as dudas sobre a composición dos productos químicos, e os seus efectos sobre o medio ambiente; o excesivo gasto de auga; e, máis recentemente, o favorecemento á formación de sismos.

(No vídeo coméntase que os recentes terremotos ocorridos en Lorca tamén poder ter a súa causa nunha explotación de acuíferos cercanos á localidade).
Xa dende a antigüedade queremos ser o centro do Universo, pero, como podemos observar, non podemos ter o poder de todo, e sobre todo o da natureza.

Victoria Domínguez Tubío 1ºA BACH.

 

Un buraco negro que xira á velocidade da luz

Os buracos negros son, en parte, algo inexplicable e cheo de misterios do que podemos agardar calquera cousa. Unha das revelacións máis recentes, foi o novo récord en velocidade dun buraco negro supermasivo.

imagen

Un equipo internacional de astrónomos comprobou mediante análise de raios X que un buraco negro acadou a maior velocidade ata agora, o 86% respecto á velocidade da luz.                                                                                  A galaxia NGC1365 atópase a uns 70 millóns de anos-luz da constelación Fornax (“o forno químico”). Esta galaxia é o dobre de grande que a Vía Láctea e no seu centro está o buraco negro supermasivo cunha masa 2 millóns de veces maior ca do Sol.
Grazas a uns telescopios capaces de analizar os raios X nun rango moi alto de enerxías, os astrónomos puideron concluír que o material da órbita interior do buraco negro xira a unha velocidade do 84% da velocidade da luz.

Con esta información agárdase entender o que ocorre dentro destes enormes buracos negros, aínda que o universo está cheo de sorpresas.

María Dieste, 1º Bach B