23 de abril día do libro

imagen O día do libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos do autor.

As orixes da festa do libro   están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi , cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.

En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de    Miguel de Cervantes Saavedra. O escritor e editor,  Vicent Clavel Andrés , propuxo este día á Cámara Oficial do Libro de Barcelona.

 Eva Blanco. 1º Bacharelato B.