Un buraco negro que xira á velocidade da luz

Os buracos negros son, en parte, algo inexplicable e cheo de misterios do que podemos agardar calquera cousa. Unha das revelacións máis recentes, foi o novo récord en velocidade dun buraco negro supermasivo.

imagen

Un equipo internacional de astrónomos comprobou mediante análise de raios X que un buraco negro acadou a maior velocidade ata agora, o 86% respecto á velocidade da luz.                                                                                  A galaxia NGC1365 atópase a uns 70 millóns de anos-luz da constelación Fornax (“o forno químico”). Esta galaxia é o dobre de grande que a Vía Láctea e no seu centro está o buraco negro supermasivo cunha masa 2 millóns de veces maior ca do Sol.
Grazas a uns telescopios capaces de analizar os raios X nun rango moi alto de enerxías, os astrónomos puideron concluír que o material da órbita interior do buraco negro xira a unha velocidade do 84% da velocidade da luz.

Con esta información agárdase entender o que ocorre dentro destes enormes buracos negros, aínda que o universo está cheo de sorpresas.

María Dieste, 1º Bach B

 

Tags: ,