Récord de destrución da capa de ozono sobre o Ártico

Según un último informe do centro nacional de investigacións científicas francés, a capa de ozono tería diminuído  no Ártico debido ,en gran medida, ao frío intenso deste inverno nesta zona. Esta destrucción causou un aumento no coñecido “buraco” da capa de ozono. A diminución é do 40% nunha área moi extensa. A capa de ozono é a que protexe ao planeta dos raios ultravioleta que afectan negativamente á vida, causando cáncer de pel ou cataratas, e que no ártico afecta sobretodo á vida mariña.

CAPA DE OZONO SOBRE O ÁRTICO

 

A destrucción da capa de ozono está ligada á presenza de gases nocivos na atmosfera como por exemplo os aerosoles. Estes gases a uns 80 graos baixo cero son moi nocivos para o ozono e causan a súa desaparición. Os expertos coinciden en afirmar que esta desaparición sería moito maior de non existir o Tratado de Montreal que limita o uso dos aerosoles.

Os científicos franceses queren determinar o impacto que este fenómeno producirá cando as masas de aire pobres en ozono se desplacen ao subiren as temperaturas na primavera. Neste mesmo comunicado infórmase tamén que os niveis de ozono que existían no 1980 non se poderán recuperar ata un tempo aproximado de entre 30 ou 50 anos.

Agora o interesante sería poder saber as repercursións que esta diminución terá sobre a vida terrestre xa que se prevé que as radiacións ultravioletas esta primavera serán máis incidentes.

A pregunta que todos deberíamos plantexarnos a estas alturas sería, que accións nosas axudarían á recuperación da capa de ozono? Como poderíamos axudala?

 

 

Natalia Saavedra

1ºA

 

 

A morte súbita

Vimos nos ultimos anos moitos casos de mortes subitas nos partidos de futbol que axitaron a nosa consciencia, pero o que non sabemos é que a morte subita é unha das principales causas de morte no mundo.

Repentina, inesperada, por causas naturais… Así se presenta a morte súbita. A sua causa mais habitual é unha enfermidade cardiovascular. Toda alteración da función cardiaca, sexa por un infarto antiguo, ou a dilatación do corazón por diversos oríxenes, unha válvula danada, unha inflamación de larga data (Miocarditis) ou anormalidades xenéticas conxénitas que afectan o músculo do corazón, poden xenerar a morte súbita.

As causas para previla son obvias: para evitar ter altos niveles de colesterol haberia que manter unha alimentación equilibrada e un mínimo de exercicio físico, e por suposto evitar o tabaco.

A manobra mais usada para superar estes ataques faise usando o Desfibrilador Automatico Externo, que é un aparato que leva unha corrente continua ao corazón, que despolariza á vez todas as células miocárdicas para quepoda seguir co seu ritmo habitual.

imagen

Nesta imaxe podese ver o impulso eléctrico normal que produce a despolarización e a correspondiente contracción muscular.

 

Todo por chegar a alcanzar un prototipo

Os anuncios e películas da televisión presentannos imaxes de rapaces e rapazas con corpos ideais comendo cousas como patacas fritas, xeados, hamburguesas e todo ese tipo de comidas, que nos farían engordar, así prodúcennos unha motivación cara ao consumo de ditos alimentos. Como consecuencia, tras ter inxerido todo o que nos incitan a comer, a nosa preocupación será ter un corpo ideal, como pode ser o dos modelos dos anuncios xa nomeados, que nalgúns casos padecen enfermidades alimentarias, e moita xente que quere parecerse a ditos prototipos acaba padecendo tamén.

Podemos nomear algunhas enfermidades de transtornos alimentarios como son a anorexía e a bulimia, enfermidades que os levan a facer actos como non comer, vomitar ó que xa se comeu ao introducir os dedos na boca para provocalo,etc. Polo que non é só no tercer mundo onde a xente morre a causa da alimentación.

A anorexia é unha enfermidade que adoita afectar principalmente as mulleres e adolescentes.  Estes transtornos alimentarios poden deberse a causas fisiolóxicas, como unha gastroenterite, ou a causas psicolóxicas, xeralmente dentro dun cadro depresivo. Esta desaparece cando cesa a súa causa, pero aínda así é moi díficil. Podemos atopar numerosos tipos de anorexia pero todos se caracterizan polos mesmos síntomas, excepto a vigorexia que se caracteriza por un trastorno obsesivo pola actividades física.

imagen

  A bulimia é un transtorno psicolóxico e alimentario. Tratase, así, dunha conducta durante a cal o individuo consume alimentos en exceso en períodos curtos de tempo, o que o fai máis tarde sentir unha culpabilidade e sensación de angustia, para despois tratar de eliminalo exceso a través de vómitos, purgas (que o presenta o 80-90% das persoas que o padecen e van recibir tratamento), laxantes… Os individuos que padecen esta enfermidade intentan ocultar os síntomas, por exemplo, pegándose os atracóns a escondidas e disimuladamente.

Estes transtornos son producidos pola idea de que solo a través da delgadez e o atractivo se pode triunfar na sociedade. Así presentanse xunto con un forte sentimento de inseguridade e con problemas graves de autoestima, en relación directa coa masa corporal ou coa imaxe física. É frecuente que as persoas con ditas enfermidades descendan de familias disfuncionais. Moitas deslas presentan incluso a incapacidade de expresar emocións de maneira consciente.

As persoas que padecen ditas enfermidades suelen ter un corpo delgado, nalgúns casos esaxeradamente, sen embargo, cando están frente un espello vense gordas e feas.

Creado e publicado por: Ángela Fernández Ríos e Vanesa López Lijó (1º Bach. A)

 

Os Bosques e as enfermedades emerxentes

As enfermidades infecciosas forman parte da vida do home. Todas elas son parte do ecosistema como os herbívoros e carnívoros. De feito, os virus, as bacterias e os protozoos son nomeados  colectivamente «microparásitos» en epidemioloxía.  A miúdo, o hóspede e o microparásito conviven  pacificamente, como no caso de poboacións susceptibles de inmunidade  nativa ou adquirida (resistencia herdada).

          O concepto de enfermidades emerxentes tivo a súa orixe na aparición de patóxenos novos como o virus de inmunodeficiencia humana, os patóxenas farmacorresistentes,  a sua expansión xeográfica e os crecentes brotes epidémicos das enfermidades causadas por estes patóxenos. As novas enfermidades  emerxentes aparecen por causa de cambios no uso da terra e na expansión da poboación humana cara  bosques  así como a deforestación producen o contacto cos patóxenos.

           Un número cada vez maior de estudos sobre as enfermidades infecciosas emerxentes sinala ás alteracións producidas na utilización da terra(deforestación e tala de bosques indiscriminada) como principais factores contribuíntes á aparición de enfermidades infecciosas.O ritmo de aparición de novas enfermidades infecciosas emerxentes esta relacionado ca aceleración de deforestación tropical. Este ten repercusións a nivel mundial.Exemplo : ébola

 

 

imagen

 

 

 

Análises dos fluídos humáns. Adiantos e curiosidades interesantes.

 

 

 É incrible coma cunha simple análise de sangue se poden detectar certas enfermidades incluso 5 anos antes, de declararse e como tamén con certas análises de sangue podemos evitar certos riscos coma o aborto en posibles casos de síndrome de down (cando se fai a amniocentése), e aforrarnos tempo no diagnóstico e seguimento de cancros e así poder ser mais rápidos no seu tratamento. Tamén as análises de ouriño xogan un gran papel nos nosos diagnósticos; e aquí mostrareivos os últimos adiantos e tecnoloxía nas análises de fluídos. Verdadeiramente esperanzador.

imagen

 

 Parece que non ten nada que ver o ouriño co colesterol acumulado nos vasos sanguíneos. Seguramente pensaremos que a maneira mais doada de adiviñar esta enfermidade é a tradicional: raios X. Pero a realidade é a mellor maneira que podería ser: moito mais cómoda e sen métodos intrusivos.

Con só analizar as proteínas presentes no ouriño poderase diagnosticar no futuro a arterioesclerose e a enfermidade arterial coronaria, según o estudo do hospital universitario de Friburgo.

Os investigadores dirixidos por Constantin von zur Muehlen, descubriron que certos fragmentos de proteínas só se atopaban nos pacentes con enfermidade da arteria coroaria.“A eficacia do patrón proteómico de ouriño para identificar a enfermidade arterial coroaria foi do 84%”, explica Muehlen. “É doado de usar, mostra unha alta reproductividade e nos produce ningún dano” Concúe Muehlen. Unha gran noticia que nos aliviará de probas molestas e permitirá un mais rápido diagnóstico. Ben polo hospital universitario de Friburgo!

 

imagen

E falando de ouriño, boa nova! Con só un test de ouriño poderemos diagnosticar o cancro de vexiga. O departamento de Anatomía Patolóxica da universidade de Córdoba desarrollou un test diagnóstico en ouriño para o cancro de vexiga que terá, “como mínimo” as mesmas ventaxas cas probas tradicionais. Ademais, tratase dun método non invasivo e menos costoso cas habituais citoscopias. No análise de ouriño mídense os niveis de proteínas coma o factor de crecemento fibrolástico e a ciclina D3; se a súa presencia é moi elevada servirán como marcadores para este tipo de tumor.

imagen

O cancro, unha das principais causas de morte do mundo…estamos avanzando. O cancro correctal afecta aproximadamente a unha de 17 persoas. É a segunda causa de morte por cancro en Estados Unidos e en Europa. As mortes poden reducirse se o cancro se diagnostica nas súas primeiras fases. Aínda que probas actuales coma colonoscopia son efectivas poden ser invasivas, caras e desagradables. No ano 2009, o Centro para Menciña Molecular Max-Delbrueck en Berlín, atoparon o modo de facer novas análises de sangue que poderían axudar ós médicos a detectar cancros de colon e de estómago de forma sinxela, barata e nas súas primeiras fases. Estudiaron probas de sangue diarias en 185 pacentes de cancro de colon , 190 con cancro rectal e 91 pacentes con cancro gástrico. Tamén analizaron sangue de 51 voluntarios sin tumores. Descubriron un indicio do xen S100A4 en niveis significativamente mais altos en aqueles que tiñan cancro. Os niveis eran mais elevados en aqueles cuxo cancro estaba mais extendido.

imagen

Van Leeuwenhoek, en 1653 inventou o microscopio. Dende aquela puideron ser posibles os análises de sangue. A novedade que vou a escribir trata tamén das análises de sangue e do cancro; pero do cancro de pulmón. Unha análise de sangue que permitirá detectar o cancro de pulmón dende a fase inicial. Foron os científicos do instituto Winstar os que a atoparon. Os investigadores realizaron unhas duascentas análises de sangue a pacentes que tiveran esa doenza e a oitros que sufriran oitras enfermidades pulmonares non malignas. Gracias a este estudo, descubriron que eran capaces de diferenciar a 137 pacentes con tumores, cun grao de acerto do 86%. Isto se conseguiu gracias á identificación de 29 marcadores xenéticos. Mais adiante efectuouse unha segunda análise en pacentes que foran operados deste tipo de cancro e en 13 dos 18 detectouse unha disminución ou unha completa desaparición dos marcadores antes mencionados. Esta sinal é a que deben buscar para detectar o tumor na súa etapa inicial.

 

imagen

 

 

 Un bo traballo, incrible: En Boston, unha análise de sangue tan sensible que pode detectar unha soa célula de cancro. Esta proba está mais preto de atoparse na consulta do médico, axiízando os diagnósticos para favorecer o recibimento dos tratamentos apropiados e a tempo dos pacentes  de moitos tipos de cancro, especialmente o de mama, próstata e colon, e averiguar rápidamente se estan traballando os tratamentos recibidos. Verdadeiramente un milagre da ciencia, que ademais evita a toma de mostras de texido con dor.

 

imagen

Polo alento! quen o diría! que cun test de alento poderíamos diagnosticar distintos cancros, hepatite, cirrose e diabetes! estamos no século XXI, e isto ten as súas ventaxas.O 14 de Febreiro de 2011, Investigadores da universidade de Swansea (Reino Unido) estan empregando instrumental e equipamento de vangarda para desenrolar unha proba de alento que permita diagnosticar enfermidades coma a diabetes e o cancro. Según o investigador, a diabetes está, por exemplo, relaccionada cun olor doce e acetona; a hepatite, cun olor a amoníaco; a cirrose, cun olor a sulfuro de dimetilo.Tamén hai certos compostos que parecen marcar tipos concretos de cancro.

imagen

Os nosos maiores, o tesouro de cada familia. Poderemos planificar e prepararnos para a enfermidade do parkinson dende varios anos antes.                                                                                                                                                                                                         O 20 de xaneiro de 2011 nace este novo método, trátase dunha proba en sangue basada na detección de metabolitos de dopamina oxidada no plasma de pacentes.

imagen

08 de outubro de 2010, universidade de Texas Southwestern Medical Center. Atópase unha nova proba de sangue para diagnosticar o Alzheimer; unha enfermidade moi difícil de diagnosticar antes de atopar esta análise, especialmente na súa etapa inicial, cando se asemella a outros problemas cognitivos. As probas para a enfermidade do alzheimer son a miúdo costosas ou invasivos, e moitos pacentes non son capaces ou dispostos a someterse a elas. O “quiz” atópase en certas proteínas que se atopan no soro sanguíneo que se demostraron coma novos biomarcadores nos esforzos actuais para detectar definitivamente a enfermidade do alzheimer, xunto cos resultados dun exame clínico, o análise de sangue daría unha tasa de 94% de precisión na detección de sospeita da enfermidade de alzheimer.

imagen

 

 

A posible clave do autismo. En nova Yersey, os investigadores din que no futuro o risco dunha persoa para o autismo poderíase medir cun simple análise de ouriño que buscaría altos niveis de “malas” moléculas graxas, ou un análise de sangue que podería revelar problemas xenéticos, incluíndo a ausencia dun xen dominante, chamado GSTM1, que é o responsable de metabolizar as boas graxas. Atoparon que os nenos con autismo non poden metaboizar os ácidos graxos dominantes que axudan ó corpo a loitar contra a inframación que causa dano ó cerebro e a oitros órganos.Probarase a administrar ós nenos doses de ácidos graxos bos para ver se teñen algún efecto notabre nos estados cognoscitivos, sociais e de comportamento. Esperemos que esta sexa a solución.

imagen

 

 

Aforrarnos a arriscada proba da amniocentese? Saber por unha simple análise do sangue da nai se o bebé terá sindrome de down, cun 98% de probabilidade de acerto? Incrible pero certo! O 17 de xaneiro de 2011, na universidade de Hong Kong, China, atopou este novo método.“É unha noticia esperanzadora, porque o seu uso pode evita-los riscos da técnica que se emprega actualmente, a amniocentese”, afirmaron os investigadores da universidade de Hong Kong, China.Coa nova e tan agardada proba, podería desaparecer o risco de aborto. O médico extraería unha mostra de sangue da nai, para analiza-lo ADN do feto con técnicas de secuenciación masiva. Con este material xenético comprobase se o cromosoma 21 presenta tres copias(trisomía) en lugar de dúas. Así o fixeron os científicos con 753 mulleres en estado coa probabilidade de dar a luz un fillo con síndrome de down.

imagen

 

A última tecnoloxía ó noso alcance. O dispositivo Lab-on-chip promete o diagnóstico do VIH e a tuberculose en 10 minutos.         5 de marzo do 2011. O dispositivo «lab-on-chip” é totalmente auto-amplificado,utilizando as diferencias de presión e gravidade para separar os compoñentes dunha pequena mostra de sangue. Na práctica, o dispositivo debería reducir a probabilidade de contaminación da mostra, aumentar a calidade e axudar a eliminar os errores debidos á manipulación da mostra.“Imaxínese se vostede tivera algo tan barato e tan doado de utilizar coma unha proba de embarazo, pero que rapidamente podería diagnosticar o VIH ou a tuberculose. Se poderían salvar millóns de vidas”, dixo Benxamín Ross, de Berkeley. E eu digo: “totalmente alucinante.”  Que dicides vós?

 

imagen

 

  Aquí remata a miña investigación sobre as análises de fluídos humans. Espero que vos teña entretido tanto coma a min, é que,      verdade, é moi gratificante enterarse de todos estes adiantos. Tan interesante coma a curación é o diagnóstico; porque sin el, os médicos non poderían facer nada; e tan importante coma o diagnóstico é a velocidade na que se faga, sobre todo en casos graves. Neste post puidemos comprobar os fascinantes adiantos, tanto na rapidez coma nos achácegos. Esperemos que a ciencia, neste e en todo-los campos siga sorprendéndonos coma ata agora, en cada momento, en toda-las partes do mundo. Noraboa ciencia do século XXI! E saúdos a todos e coidádevos!

 

imagen

 

Enerxía nuclear, si ou non?

A pesar de ser un tema predicible e moi falado nos últimos dias, gustariame saber a opinión da xente sobre a enerxía nuclear.

Estiven investigando por foros e todo tipo de páxinas nas que a xente pode opinar, incluso en foros que non teñen nada que ver co tema e deime conta de que a xente confía moito, quizais demasiado, na enerxía nuclear.

Hoxe en día a gran maioría da poboación confía na enerxía nuclear, pero todos a queren a miles de quilómetros da súa casa. No noso país non é necesario este tipo de enerxía, asique, por qué correr riscos? por qué arriscarse a destruir todoa a poboación?  Esta é a opinión dun sector da poboación a cal os pro nucleares califican de opinións extremadamente ecoloxistas e sin sentido.

Pero, cales son os criterios dos defensores dos pro nucleares? A sua frase mais repetida é:

“Queremos postos de traballo”

ainda así, vale a pena correr ese risco? Co que está acontecendo actualmente en Fukushima as persoas que están a favor desta enerxía defenden que en Fukushima temos un claro exemplo da seguridade das centrais devido a que esta central puido soportar un gran terremoto e un gran tsunami.

Que podería chegar a acontecer se a entral de Fukushima quedara totalmente destruida?

Xapón é un país cunha densidade de poboación extremadamente elevada e para surtir de enerxía a todo o país necesitanse fontes de enerxía mucho más potentes, de ahí a elección da enerxía nucelar.

A gran duda é: Necesitamos no noso país  este tipo de enerxía? A opinión queda nas mans da poboación, eu non  creo que sexa necesario ese tipo de enerxía devido ós riscos que conleba e ós resituos que esto xera

Unha gran parte de expertos non se atreven a dar a súa opinión sobre a enerxía nuclear, xa que non a aceptan pero tampouco defenden outra fonte de enerxía, devido a que o gran crecemento da poboación e da industria esixen tamén o crecemento da produción de enerxía

QUE OPINAS TI? MERECE A PENA CORRER ESE RISCO?

a continuación deixovos un esquema para que poidades facervos unha idea dos países que máis usan a enerxía nuclear

imagen

Este é un tema moi falado actualmente, pero quizáis sexa menos do que devería, xa que por moi seguras que sexan as centrais nucleares, sempre corremos risco…

Carlos Rey González 1ºD

 

O rapaz que desafía a Einstein

Coñécense moitas historia de nenos prodixios pero como o de este rapaz, Jacob, ningunha  que se semelle a esta xa que este rapaz está desafiando a Einstein posto que xa ten un coeficiente de 170 frente aos 160 do mismísimo Einstein polo que ten un dos cerebros máis activos do mundo actual.

Aínda que pareza irreal Jacob tivo problemas desde temprana idade posto que lle descubriron o Síndrome de Asperger unha enfermidade parecida ao autismo o que significa que ten problemas á hora de relacionarse cos demais e integrarse na sociedade .

E o seu reto é poder dar unha nova explicación da teoría da relatividade usando métodos tecnolóxicos actuais e agora mesmo está contratado pola universidade deIndiana. E todo o mundo confía en que este rapaz nos poida sorprender incluso máis e nos descubra moitas máis cousas sobre a Orixe do Universo.

 

 

 

imagen

 

 

 

Raquel Lojo

 

 

Tepco inunda o mar xapones de auga extremadamente contaminada

imagen

 A empresa xaponesa Tokyo Electric Power (TEPCO), operadora da planta nuclear de Fukushima, comezou a lanzar este luns 4 de Abril ao mar miles de toneladas de auga radiactiva da planta nuclear de Fukushima  para facilitar as tarefas dos seus operarios, aos que a contaminación impide avanzar nalgunhas zonas.

A operación implicará botar en varias horas o Océano Pacífico ata 11.500 toneladas de auga procedente de depósitos especiais e do soto dos reactores 5 e 6, os únicos das seis unidades da central que están por agora controlados.

Ese auga excede 100 veces o límite legal de iodo-131, un nivel relativamente baixo en comparación co da auga que inunda algunhas áreas da planta nuclear, cunha radiación ata 100.000 veces superior.

A Axencia para a Seguridade Nuclear de Xapón insistiu en que a operación non entraña riscos para a saúde mentres o voceiro do Goberno xaponés, dixo que é unha medida de emerxencia e que TEPCO debe vixiar o seu posible impacto ambiental.

O obxectivo é facer espazo neses lugares para poder trasladar alí a auga cunha radiactividade aínda máis elevada que inunda os edificios de turbinas dos reactores 1, 2 e 3, e que dificulta seriamente os labores dos operarios de TEPCO para arrefrialos.

Feito por Daniel Sieira e Juan Carlos Muñiz

 

“O coñecemento debe servir ao benestar colectivo” , Manuel Elkin Patarroyo

 O científico colombiano Manuel Patarroyo, é o inventor da única vacina que existe actualmente contra a malaria e cando as multinacionais intentaron comprar a súa patente , Patarroyo dixo : “O coñecemento  debe servir ao benestar colectivo ; non aos intereses privados“.  Este científico non pensou nos cartos cando dixo esto senon que sabía que a malaria é unha enfermidade infecciosa que cada ano provoca de 2 a 3 millóns de falecementos e que afecta sobre todo os máis pobres e que cos seus coñecementos podía axudar a tratala.

O paludismo ou malaria causao un parásito denominado Plasmodium  que se transmite a través da picadura de mosquitos infectados . No organismo humano, os parasitos multiplícanse no fígado e despois infectan ós glóbulos vermellos . Entre os síntomas  do paludismo destacan a febre, as cefaleas e os vómitos , que xeralmente aparecen de 10 a 15 días despois da picadura do mosquito. Se a enfermidade non se trata pode poñer  en perigo a vida do paciente en pouco tempo , pois altera o aporte de sangue ós órganos vitais. Nas intervencións fundamentais para controlar a malaria encóntrase o tratamento rápido e eficaz con medicamentos (aínda que os parasitos estánse volvendo resistentes os antipalúdicos). A fin de controlar os mosquitos vectores tamén se poden utilizar o uso de mosquiteiros impregnados en insecticida por parte das persoas en risco  e a fumigación dos espazos pechados  con insecticidas .

imagen

 Todos deberiamos seguir o exemplo de Patarroyo  e  pensar nos demais,  sobre todo nas persoas que non teñen os recursos suficientes para comprar a vacina; e non deixarse levar polos cartos e os intereses de cada un .

imagen

Saray Places Pérez & Thais Forján Beiró 1º D

 

Acurtamento do día e 8 cm de desprazamento do eixo da Terra, son as novas variables a incorporar na nosa vida

O devastador terremoto sufrido en Xapón o 11 de marzo de 8,9 graos de magnitude na escala de Richter foi o maior da súa historia e, desgraciadamente pasou a ocupar o terceiro posto como seísmo máis destrutivo no mundo. Un acontecemento que deu a volta a todo o planeta pasando por xeólogos expertos, ambientalistas, economistas… coincidindo todos en que se trata de un acontecemento devastador que xa levou consigo millares de vítimas.

imagen

Dende o primeiro momento enchéronnos de noticias sobre a situación en Xapón pero, sen dúbida, e deixando de lado moitas outras cuestións sobre o sucedido unha das noticias máis curiosas foi a alusión a un posible desprazamento no eixo da Terra. A NASA foi a encargada de transmitir este informe con fundamentos científicos, dado que un terremoto de esta magnitude, despraza centos de rochas en espazos reducidos, modificando o movemento de rotación da Terra.

imagen

Ao principio pode ser unha noticia un tanto impactante, que nos faga plantear preguntas como “e iso e grave?” “que consecuencias ten para os humanos?” pero en realidade as consecuencias son insignificantes para as persoas. A consecuencia máis obvia e a que primeiro se ten en conta é que se o eixo de rotación da Terra varía, variará tamén o tempo de rotación da Terra, é dicir, a duración do día. Pero só se trata de 1,26 microsegundos que nos pasarán totalmente desapercibidos. Por outro lado, o eixo da Terra atópase inclinado de forma natural uns 23º, e a variación producida por este terremoto é apenas apreciable, polo que se descarta que poida afectar de forma significativa ao clima da Terra.

Lorena Resúa Sánchez

Alejandro Gómez Fernández

Miriam Lamas Sóñora