Récord de destrución da capa de ozono sobre o Ártico

Según un último informe do centro nacional de investigacións científicas francés, a capa de ozono tería diminuído  no Ártico debido ,en gran medida, ao frío intenso deste inverno nesta zona. Esta destrucción causou un aumento no coñecido “buraco” da capa de ozono. A diminución é do 40% nunha área moi extensa. A capa de ozono é a que protexe ao planeta dos raios ultravioleta que afectan negativamente á vida, causando cáncer de pel ou cataratas, e que no ártico afecta sobretodo á vida mariña.

CAPA DE OZONO SOBRE O ÁRTICO

 

A destrucción da capa de ozono está ligada á presenza de gases nocivos na atmosfera como por exemplo os aerosoles. Estes gases a uns 80 graos baixo cero son moi nocivos para o ozono e causan a súa desaparición. Os expertos coinciden en afirmar que esta desaparición sería moito maior de non existir o Tratado de Montreal que limita o uso dos aerosoles.

Os científicos franceses queren determinar o impacto que este fenómeno producirá cando as masas de aire pobres en ozono se desplacen ao subiren as temperaturas na primavera. Neste mesmo comunicado infórmase tamén que os niveis de ozono que existían no 1980 non se poderán recuperar ata un tempo aproximado de entre 30 ou 50 anos.

Agora o interesante sería poder saber as repercursións que esta diminución terá sobre a vida terrestre xa que se prevé que as radiacións ultravioletas esta primavera serán máis incidentes.

A pregunta que todos deberíamos plantexarnos a estas alturas sería, que accións nosas axudarían á recuperación da capa de ozono? Como poderíamos axudala?

 

 

Natalia Saavedra

1ºA