“O coñecemento debe servir ao benestar colectivo” , Manuel Elkin Patarroyo

 O científico colombiano Manuel Patarroyo, é o inventor da única vacina que existe actualmente contra a malaria e cando as multinacionais intentaron comprar a súa patente , Patarroyo dixo : “O coñecemento  debe servir ao benestar colectivo ; non aos intereses privados“.  Este científico non pensou nos cartos cando dixo esto senon que sabía que a malaria é unha enfermidade infecciosa que cada ano provoca de 2 a 3 millóns de falecementos e que afecta sobre todo os máis pobres e que cos seus coñecementos podía axudar a tratala.

O paludismo ou malaria causao un parásito denominado Plasmodium  que se transmite a través da picadura de mosquitos infectados . No organismo humano, os parasitos multiplícanse no fígado e despois infectan ós glóbulos vermellos . Entre os síntomas  do paludismo destacan a febre, as cefaleas e os vómitos , que xeralmente aparecen de 10 a 15 días despois da picadura do mosquito. Se a enfermidade non se trata pode poñer  en perigo a vida do paciente en pouco tempo , pois altera o aporte de sangue ós órganos vitais. Nas intervencións fundamentais para controlar a malaria encóntrase o tratamento rápido e eficaz con medicamentos (aínda que os parasitos estánse volvendo resistentes os antipalúdicos). A fin de controlar os mosquitos vectores tamén se poden utilizar o uso de mosquiteiros impregnados en insecticida por parte das persoas en risco  e a fumigación dos espazos pechados  con insecticidas .

imagen

 Todos deberiamos seguir o exemplo de Patarroyo  e  pensar nos demais,  sobre todo nas persoas que non teñen os recursos suficientes para comprar a vacina; e non deixarse levar polos cartos e os intereses de cada un .

imagen

Saray Places Pérez & Thais Forján Beiró 1º D