Las zanahorias, ¿el nuevo combustible?

Llenar el depósito de tu coche con zanahorias? Puede parecer una tontería, pero y si fuese posible?

Este estudio, realizado por investigadores de la UNED, en colaboración con distintas universidades, como la Universidad Nacional del Litoral, la Universidad del Centro Educativo Latinoamericano y el Instituto de Catálisis y Petroquímica, utiliza para este proceso las zanahorias que “no sirven”, es decir, las que no se pueden vender. En 2010, las zanahorias “inutilizables” alcanzaron las 84000 toneladas.

 

Lo único necesario para conseguirlo es el bioetanol, que se obtiene a partir de la fermentación de azúcares. Si se llegara a conseguir,además de lograr arrancar el motor de tu coche, podríamos calentar nuestra casa.

El proceso de obtención de bioetanol, se divide en 4 fases:

La primera es la dilución,  es decir, la adición de agua para ajustar el nivel de azúcar en la mezcla.

La segunda es la conversión,  el proceso de convertir la celulosa o el almidón en azúcares fermentables.

Después se produce la fermentación. La fermentación alcohólica es un proceso anaeróbico , es decir sin oxígeno.

Por último se produce la destilación o deshidratación, que es es la operación de separar, mediante calor, los diferentes componentes líquidos de una mezcla.

 

 

Las fuentes de información utilizadas fueron:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/04/02/proponen-usar-zanahorias-combustible/00031364924862932680685.htm

 

http://www.laverdad.es/murcia/v/20130403/sociedad_murcia/expertos-espanoles-apuestan-zanahorias-20130403.html

 

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/02/natura/1364894573.html

 

http://informe21.com/zanahorias/las-zanahorias-el-combustible-del-futuro

 

http://www.newcycle.com.ar/blog/2013/04/podrian-usar-zanahorias-para-combustible/?utm_source=feedburner&utm_medium=feed&utm_campaign=Feed%3A+newcycle+(Newcycle)

Belén Hermo Rodríguez 1ºBach A

 

Os coches híbridos condúcennos a un futuro mellor

 O consumo de combustible e a emisión de CO2 son un grave problema para o noso planeta, pero, que pasaría se grazas a novos vehículos de tecnoloxía intermedia entre os coches actuais e os eléctricos puidésemos evitar o problema?

Os coches híbridos son unha innovación de tecnoloxía intermedia debido a que son unha mestura entre os coches con motor de combustión (a maioría deles) e os coches eléctricos, que funcionan únicamente ca electricidade que almacenan nas baterías. Polo tanto, estes vehículos dependen da gasolina para funcionar, pero ademáis unha parte deste combustible dedícase a producir electricidade que se garda nas baterías para facer funcionar o motor eléctrico que traballa xunto co motor térmico para reducir o consumo e as emisións de gases contaminantes. Este funcionamento supón unha reducción no consumo e nas emisión de CO2 (gas asociado ao efecto invernadoiro) e de outros gases e partículas contaminantes procedentes da queima do combustible.

imagen

Algúns coches híbridos admiten un enchufe, de forma que as baterías, ademáis de recargarse co motor de combustión ou ca deceleración, poden recargarse tamén enchufando o vehículo á rede eléctrica.

O obxectivo dos coches eléctricos e híbridos está en conseguir baterías máis capaces e lixeiras que lles  concedan maior autonomía e tempos de recarga menores, pero sobre todo máis económicas, xa que o seu coste impide a construcción de vehículos deste tipo.

Se queremos protexer o planeta, agora sabemos que os coches híbridos nos axudarán. So temos que deixar que a tecnoloxía destes coches avance para retroceder ao pasado, cando os coches eléctricos eran algo normal e común.

Nuria Outeiral Pais 1ºBach A

 

Comenius, o futuro

  O pasado 4 de Marzo, no I.E.S. Praia Barraña  estiveron uns alumnos de  Lituania, Dinamarca, Holanda, Polonia e Bulgaria (deste país só viñeron profesores  ou adultos). 

Este intercambio levouse a cabo polo Proxecto Comenius.

 

imagen

O  Comenius é unha actividade que se realiza co fin de facer convivir alumnos e alumnas de diversos países. Neste Comenius participaron 8 países que son:

Lituania  Polonia, Dinamarca, España, Holanda, Italia, Bulgaria e Turquía (Instituto de Estambul).

imagen

Este proxecto ten como finalidad:

1º  A orientación escolar

2º Fomentar o espíritu emprendedor

3º Coñecemento dos diferentes sistemas educativos; no presente e no futuro

4º Fomentar  a aprendizaxe permanente

5º Falar o idioma

Os alumnos/profesores tiñan que seguir un planing. Os primeiros en chegar e os últimos en marchar foron os polacos; os demais chegaron e marcharon o xoves (uns tan pronto chegalo instituto e outros á saída do instituto).O luns cando chegaron tiveron actividades para coñecerse todos e despois os alumnos/profesores  do intercambio  fóronse coas súas correspondentes familias.

O luns os alumnos de 1º de Bacharelato e 4 º ESO , do centro anteriomente citado, fixéronlle un espectáculo a  estes rapaces.

O martes tiveron unha charla no concello  e pola tarde visitaron o castro de Baroña e a Curota.

O mércores pasaron todo o día en Santiago.

Xoves era o día que se ían os alumnos /profesores.

imagen

 

Cristina Muñiz Da Costa 1º Bac A

 

Anomalías do desenvolvemento en peixes da área contaminada pola plataforma petroleira Deepwater Horizon

A toxicidade do petróleo vertido no 2010 no Golfo de México por culpa do rebentón sufrido polo Pozo Macondo, no que estaba traballando a plataforma petroleira Deepwater Horizon, continuou enfermando durante un ano ou máis aos peixes usados como indicador de saúde do ecosistema, segundo novas investigación feitas por un equipo de investigación da Universidade de California en Davis, a do Estado de Luisiana, e a de Clemson en Carolina do Sur.

Andrew Whitehead, profesor de toxicoloxía medioambiental na Universidade de California, e demais investigadores, encontraron que os embrións dos peixes, da especie Fundulus grandis, expostos a restos de lugares contaminados polo petróleo en 2010 e 2011, mostran anomalías no desenvolvemento, incluíndo defectos cardíacos, eclosión tardía e menor éxito de eclosión.

Outras especies que comparten hábitats similares co Fundulus grandis poden estar en risco de padecer efectos similares. Entre estas outras especies figuran peixes, crustáceos e moluscos.

img_13847.jpg

“Estes efectos son característicos da toxicidade do petróleo cru”, explica Whitehead. “É importante que observemos o problema no contexto do derrame da plataforma Deepwater Horizon, porque isto dinos que é demasiado pronto para afirmar que os efectos do derrame son intranscendentes e ben coñecidos. Pola súa natureza, os efectos sobre a reprodución e o desenvolvementoo, efectos que poderían afectar ás poboacións, tardan en manifestarse”.

Samuel Dasilva Nieto 1º Bach.D

 

Realidade ou ficción?

Vídeo-proxecto realizado por Nuria Ramallo, Sheila Outeiral, Cristina Muñiz e Vicky Domínguez.

 

Conversión a extraterrestres

Ao longo da historia da humanidade fomos evolucionando tecnoloxicamente, pero dificilmente poderiamos imaxinar que conseguiriamos facer un planeta calquera habitable. Este preceso polo cal pódese modificar un planeta ou outro corpo celeste hasta conseguir que adquira unhas condicións máis habitables recibe o nome de terraformación. Durante a terraformación altérase deliberadamente a atmosfera, a temperatura, a topografía e a ecoloxía, do corpo celeste sobre o que se quere actuar, para simular a biosfera da Terra. Un dos planetas nos que se considera máis viable a terraformación é en Marte,como se faría?

imagen

A terrafomación parece unha boa idea para sobrevivir ao cambio climático que estamos causando, pero…que consecuencias podería ter sobre o medio ambiente extraterrestre?

 

As células do cáncer non gustan da dieta mediterránea

As células canceríxenas poden perder os seus “superpoderes” de escapar da morte si se enfrentan a un composto abundante na dieta mediterránea.

imagen

        As células canceríxenas teñen un truco para medrar de maneira descontrolada: coñecen como inhibir o proceso natural que lles faría morrer no momento que lles corresponde. Pero, grazas  ao traballo dos científicos da Universidade Estatal de Ohio(EE UU) sabemos que hai un composto nos alimentos vexetales, chamado apigenina, que pode impedir que as células tumorais, especialmente as que causan  cáncer de mama, se comporten como “inmortales”. Así poderemos evita-lo desenvolvemento de tumores. A apigenina é un flavonoide natural que se encontra en grandes cantidades no apio, no pomelo e no perexil. Pero tamén forma parte de outras moitas froitas e verduras que inxerimos a diario na dieta mediterránea. Andrea Doseff e os seus compañeiros  identificaron que a apigenina volve mortais ás células cancerosas, evitando que se descontrolen e que xeneren cáncer, pero que ademáis  unese a 160 proteínas diferentes do corpo, o cal podería traducirse en máis efectos beneficiosos, tal e como concluén na revista Proceedings of the National Academy of Sciences. “Se comemos san, estamos favorecendo que se produzcan comportamentos normais dentro das nosas células, e que se destruán cando lles corresponde ou cando se volvan malignas”. Así que xa sabedes: a seguir a dieta Mediterránea,  non hai nada mellor que comer san. ;)

 Realizado por:  Mara Places Pérez  1ºD

 

Non comprometamos o noso futuro para satisfacer a cobiza duns poucos

Galiza non está moi industrializada, isto ten vantaxes e inconvenientes.

A vantaxe máis clara é que os nosos solos, augas e aire están limpos e son idóneos para a agricultura e a gandeiría ecolóxica, por poñer só un exemplo.

Mais agora, coa escusa da crise e da procura dalgúns postos de traballo por algúns anos, a  Xunta quere permitir que a cobiza das empresas de mineiría convirta Galiza enteira nunha gran mina a ceo aberto, destruíndo o noso patrimonio natural, cultural e paisaxístico, poluíndo o medio ambiente e poñendo en perigo a saúde das persoas.

Aínda hai tempo para salvar Galiza, que neste momento está máis en perigo que nunca.

Ou actuamos axiña ou ímola perder para sempre.Podes asinar nesta páxina, pinchando aquí, a petición para solicitar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que non permita esta desfeita en Galiza.

Que non arrasen Galiza!

Paremos a megamineiría contaminante!


 

La vegetación se decanta por el Norte

La vegetación de territorios boreales y del Ártico se ha extendido en los últimos 30 años hacia el Norte, entre 400 y 700 kilómetros. Esto se debe a los efectos del cambio climático: la subida de la temperatura, el proceso de crecimiento en las plantas se alarga y la vegetación prolifera en territorios en los que antes era impensable. Un grupo de científicos liderado por  Liang Xu (Universidad de Boston) estudiaron el comportamiento de las plantas en relación a los cambios que éstas sufren por causa del cambio climático. Es evidente la aparición de la vegetación en zonas más nórdicas, ya que a simple vista se puede ver ‘verde’ en suelos antes no poblados por las plantas. Según Myneni. “El calentamiento provoca una reducción de la extensión del mar congelado y de la cubierta de nieve en los territorios que rodean el océano Ártico, de manera que aumenta la energía solar absorbida por esa superficie en la cual las condiciones para albergar vida ya no son tan inhóspitas.” El miedo de la sociedad científica es que este nacimiento de vida vegetal en zonas más nórdicas significa una alteración para los demás seres vivos, ya que todos estamos relacionados directamente e indirectamente, y no se puede saber como estos cambios serán, si positivos o perjudiciales.

imagen

Carlos Ferreiro Suárez. 1ºA BACH.

 

A concentración de dióxido de carbono na atmosfera bate un novo récord

  imagen

O cambio climático é, sobre todo, unha consecuencia das emisións de dióxido de carbono á atmosfera. Cada vez que queimamos combustibles fósiles producimos este gas e facemos aumentar o efecto invernadoiro e, como consecuencia, a temperatura do planeta.

No volcán hawaiano Mauna Loa atópase a estación de medición dos niveis de CO2 atmosférico  máis antiga do mundo, posta en marcha en 1958 polo xeoquímico norteamericano  Charles David Keeling.

Keeling descubriu que a concentración de dióxido de carbono atmosférico estaba sometida a un ciclo estacional: diminúe na primavera e verán debido ao crecemento das plantas no  Hemisferio Norte e aumenta no inverno debido á caída das follas.  Tamén descubriu que a concentración de dióxido de carbono na atmosfera, aumentaba con rapidez. A representación gráfica dos datos que se recollen nas medicións  dá lugar á coñecida como curva Keeling.

Pois ben, o pasado 9 de maio, por primeira vez dende que iniciou o seu funcionamento en 1958, esta estación mediu concentracións de dióxido de carbono superiores a 400 ppm. Nunca antes na historia da humanidade se acadara unha concentración tal alta deste gas. Para encontrar estes niveis de  dióxido de carbono atmosférico hai que remontarse ao Plioceno, cando a temperatura do planeta era dous ou tres graos centígrados superior e o nivel do mar estaba 25 metros por riba do actual.

A este ritmo, en poucas décadas, o mundo podería acadar as 450 ppm, un límite que os expertos das Nacións Unidas, e entre estes, os que forman parte do IPCC, consideran que non debemos superar se non queremos expoñernos a un cambio climático de proporcións catastróficas.

Que podemos facer? Para empezar, diminuír as emisións de CO2,  e a continuación, desenvolver as tecnoloxías de captura e almacenamento do CO2.