As células do cáncer non gustan da dieta mediterránea

As células canceríxenas poden perder os seus “superpoderes” de escapar da morte si se enfrentan a un composto abundante na dieta mediterránea.

imagen

        As células canceríxenas teñen un truco para medrar de maneira descontrolada: coñecen como inhibir o proceso natural que lles faría morrer no momento que lles corresponde. Pero, grazas  ao traballo dos científicos da Universidade Estatal de Ohio(EE UU) sabemos que hai un composto nos alimentos vexetales, chamado apigenina, que pode impedir que as células tumorais, especialmente as que causan  cáncer de mama, se comporten como “inmortales”. Así poderemos evita-lo desenvolvemento de tumores. A apigenina é un flavonoide natural que se encontra en grandes cantidades no apio, no pomelo e no perexil. Pero tamén forma parte de outras moitas froitas e verduras que inxerimos a diario na dieta mediterránea. Andrea Doseff e os seus compañeiros  identificaron que a apigenina volve mortais ás células cancerosas, evitando que se descontrolen e que xeneren cáncer, pero que ademáis  unese a 160 proteínas diferentes do corpo, o cal podería traducirse en máis efectos beneficiosos, tal e como concluén na revista Proceedings of the National Academy of Sciences. “Se comemos san, estamos favorecendo que se produzcan comportamentos normais dentro das nosas células, e que se destruán cando lles corresponde ou cando se volvan malignas”. Así que xa sabedes: a seguir a dieta Mediterránea,  non hai nada mellor que comer san. ;)

 Realizado por:  Mara Places Pérez  1ºD