A polución atmosférica fai que as tormentas de verán sexan máis intensas do normal, segundo un estudo publicado na revista Geophysical Research Letters. Segundo os autores, o calor atrapado por nubes cargadas de partículas contaminantes podería estar afectando ao clima global.
As nubes de tormenta, tamén chamadas nubes de convección profunda, reflicten gran parte da enerxía do sol de volta ao espazo, atrapan o calor que emerxe da superficie terrestre e devolven á superficie a auga que se evapora en forma de chuvia. O que revela o novo estudo é que cando o número de pequenas partículas contaminantes do aire aumenta, tamén aumenta o tamaño das nubes de tormenta, xa que as partículas separan as gotas de auga, que se fan máis pequenas e tardan máis en acadar o volume suficiente para que comece a chover. Deste modo, as densas nubes formadas no aire contaminado aumentan máis o calor durante o día que as que se forman no aire limpo, e tamén provocan un ascenso das temperaturas durante a noite.
Este país chamado Kiribati está experimentando un dos problemas máis presentes na nosa sociedade, o quentamento global.
Nos últimos anos fálase moito sobre os efectos do quentamento do noso planeta, pero algúns países como Kiribati xa comezan a sufrilo. Atópase ao noroeste de Australia, composta por 33 atolóns e unha illa volcánica, Kiribati posee cerca de 100.000 habitantes que viven na pobreza e ainda por riba agora están en risco de ter que abandonar o seu país por culpa do cambio climático.
Isto débese a que o incremento da temperatura terrestre fai derretir os polos, co cal o nivel do mar aumenta facendo que pouco a pouco illas como Kiribati sexan “tragadas” polo mar. En consecuencia disto, moitos dos habitantes desta illa tiveron que trasladarse ós puntos máis altos do país, no que cerca destos 100.000 xa viven como refuxiados climáticos.
Agora o goberno de Kiribati xa comezou a tomar unha serie de medidas, como a compra de 20 kilómetros cadrados do país veciño Fiji, que podería ter un custo duns 10 millóns de dólares, pero a pesar de precisar tantos cartos, é a mellor opción para este país, e si se consegue comprar ese territorio, o presidente de Karibati dixo que sería necesario crear un plan para xerar empleos para que os cidadáns migrantes non foran vistos como refuxiados.
E que me dicides da acidificación dos océanos que están provocando os altos niveis de dióxido de carbono atmosférico que finalmente se diolve na auga?
“Calentamiento global”. Muchos ya conocen cual es el significado de estas dos palabras, pero, ¿le damos la importancia que deberíamos? Una gran parte de la población todavía cree que las consecuencias del cambio climático son cosa de un futuro muy lejano. Por ello no cuidan el planeta y tan sólo se preocupan de sí mismas, ignorando que, al no preocuparse del medio ambiente, se están perjudicando. Pero la verdad es que el Calentamiento Global no es una cosa de hoy, ni de ayer y tampoco de anteayer; es una consecuencia provocada desde hace muchos años. Pero, ¿qué produjo este problema?
Una de las causas más importantes de este aumento de temperatura es la creciente emisión de gases de efecto invernadero como el dióxido de carbono y el metano. Además, ayudamos al cambio climático cuando abusamos de los vehículos, cuando no reciclamos, cuando dejamos encendidos aparatos electrónicos sin que los usemos, etc… Y peor aún es no ponerle remedio cuando hoy día ya vemos algunas de las consecuencias que en un futuro nos acecharán con mayor presión. Por ejemplo, en el último siglo la temperatura media del planeta ha aumentado un 0’6 ºC. También comienza el deshielo de los polos por el aumento de dicha temperatura. Además, esto afecta a los ecosistemas. Los animales e ven obligados a trasladarse para poder subsistir o a adaptarse. Y en un futuro las enfermedades y el hambre aumentarán a grandes pasos si no le ponemos fin a esto.
Todo esto no es cosa del futuro, sino del presente. Si no le ponemos freno ahora después será muy tarde. Por ello debemos cuidar nuestro planeta, es nuestro hogar, el único que tenemos.
Pouco lle durou ao nanotubo de carbono de multiparede ultralivián (aeroxel) o posto como o material sólido máis lixeiro do mundo. Esto foi porque hai pouco descubriuse un composto cuxo peso é 100 veces máis lixeiro co da espuma de poliestireno.
O microentramado metálico, (así se chama o material) está composto por un 99.99% de aire e o resto son aliaxes de níquel, é un material moi delgado feito por d
iminutos tubos interconectados. Ao igual que a Torre Eiffel e a ponte Golden Gate ten un deseño no que os arcos lle dan moita forza pola súa lixeireza. Este material pode colocarse encima dun dente de león sen esmagalo.
Algunhas das súas características son a absorción da enerxía, a capacidade de despois de ser comprimido regresar a súa forma e a súa posible capacidade para ser empregado na fabricación de electrodos de baterías, carrocerías de automóbiles máis fores e lixeiras e incluso chalecos antibalas.
Científicos do Centro Médico da Universidade de Maryland demostraron que escoitar música pode ser tan bo para o corazón como facer exercicio ou tomar certos medicamentos.
O director de cardioloxía desta Universidade pediulles a unha decena de estudantes non fumadores que escoitasen a súa música preferida. Analizándoos con ultrasóns descubriu que o tamaño dos seus vasos sanguíneos aumentaba ata un 26%.
Logo fíxolles escoitar música estresante que provocou unha redución do 11% no tamaño dos seus vasos sanguíneos. Tamén descubriu que coa música que provocaba risa e coa relaxante aumentaban un 19% e un 11% respectivamente.
Outros estudos revelaron máis beneficios da música como poden ser:
- Cambiar o noso estado de animo dependendo do ritmo que elixamos e se ademais a combinamos con palabras ou imaxes.
- Axuda a facer exercicio facéndoo máis levadeiro, axudando a superar retos, e servindo como dose de adrenalina e autoestima.
- Pode chegar a diminuír a dor crónica ata nun 21%. Foi probado en pacientes que tras unhas semanas escoitando música afirmaron sentirse mellor tanto física como psicoloxicamente.
Como vos fai sentir o primeiro movemento da sexta sinfonía de Beethoven?
A alarma soa dentro da comunidade científica, un colapso dentro do planeta parece inminente. Segundo os científicos que estudan esta situación, a Terra podería chegar a colapsarse dunha forma irreversible nun curto prazo. Este hipotético colapso consistiría nunha intensa sequía, carencia de alimentos e auga potable e extincións masivas. Os estudos demostran que o culpable deste proceso non é outro que o ser humano. As causas son a sobrepoboación da Terra polo ser humano, a destrucción dos ecosistemas naturais e o famoso cambio climático.
Aínda que isto sone alarmante, por fortuna, todavía é reversible. Imaxinémonos que a Terra é unha taza de café na beira dunha mesa sendo empuxada lentamente, mentres non cae case non se ve alterada pero no momento no que caia vai romper en mil cachos. Esto lle pasará á Terra, chegará a un punto de non retorno no que as consecuencias serán fatales para os que vivan nel. A data estimada é realmente cercana, se seguimos con este réxime de consumo cara o ano 2025 teremos destruído o 50% dos hábitats naturais e para o 2045 o 55%.
Está nas nosas mans frear este proceso pero… ata cando ?
A bolboreta monarca, Danaus plexippus, é a máis coñecida en toda América do Norte. A súa lonxevidade pode acadar os 9 meses, mentres que outras especies só duran uns días. Non obstante, esta mariposa é especialmente coñecida polas súas migracións anuais.
A bolboreta monarca ten cores vivas para espantar aos posibles depredadores, xa que adoitan asociar as cores chamativas con veleno.
No outono, a bolboreta monarca realiza unha viaxe de migración dende Canadá a México, para pasar o inverno nos bosques de oyamel (Abies religiosa) e pinos (Pinus ssp), en santuarios protexidos polo goberno mexicano. Na primavera, desprázase cara o norte.
Durante as migracións, as femias depositan os ovos. A forma na que a especie logra volver aos mesmos lugares de hibernación tras varias xeracións aínda se está a investigar; os patróns do voo son herdados, baseados nunha mestura de ritmos circadianos e a posición do sol no ceo que están baseados nas súas antenas.
Porén, nos últimos anos, a principal preocupación é protexer á especie, pois o seu hábitat atópase en serio perigo. En toda a reserva hai máis de 50 mil árbores mortos a causa do descortezador de oyamel (Scolytus mundus). Aquí podemos ler unha interesante noticia sobre este fenómeno, na que se explica que o principal motivo desta praga é o cambio climático.
Ademáis, a deforestación ilegal cometida a finais do século XX e comezos do XXI nas zonas de hibernación da monara, levou a unha drástica redución na poboación da bolboreta. Promoveuse a súa declaración de especie protexida e a restauración do seu hábitat.
Karen Oberhauser, bióloga da Universidade de Minesota, fai moito fincapé nos efectos negativos, para a supervivencia da especie, de moitas actividades humanas realizadas preto dos seus hábitats: talas desmesuradas, incendios forestais intencionados, ganado… Ademáis, tamén di que cando os frescos bosques mexicanos sexan máis húmidos, aumentarán as precipitacións, o cal eliminará as boas condicións do hábitat da bolboreta monarca. Nesta entrevista en inglés, temos as declaracións da profesora sobre os perigos que corre a especie e a súa devoción por ela.
Por todo iso, debemos tentar protexer o noso planeta o máximo posible para que especies como esta, en serio perigo de extinción, non desaparezan.
Imaxinase que un paciente cun tumor poida ir un día ó hospital e de forma rutineira lle poidan facer unha análise xenética para administrarlle un tratamento específico nas características do tumor?, pois dentro de moi pouco poderase facer e por menos do que vale o iPad mais caro do mercado.
Hai unhas semanas Life Technologies, unha empresa con sede en California, anunciou o lanzamento do Ion Proton, un novo secuenciador de ADN que pode secuenciar todo o ADN (3.000 millóns de bases de dobre hélice) nun só día e por 750 €, detrás desta presentación está Jonathan M. Rothberg, unha eminencia da biotecnoloxía, que a prensa dos E.E.U.U. compara con Steve Jobs no seu campo.
Este proxecto foi todo un éxito porque saíu moi barato, 1 millón de dólares, comparado co Proxecto Xenoma Humano que foi de 13 anos e 2.700 millóns de dólares. Tamén triunfou porque nun principio calculábase que o prezo de secuenciar o ADN ía ser de 75.500€ en 2009 e que ata 2014 non se ía chegar o prezo de 750€.
Neste entorno tamén traballan outras empresas, coma a líder do sector Ilumina. Este tipo de proxectos supoñen sen dúbida grandes adiantos no sector da predición e prevención médica, xa que farán máis rápida e barata.
Martin Romero & Abel Sánchez. 1º de Bacharelato C.