Música ou exercicio físico, que cada un escolla como coidar o corazón

       imagen

Científicos do Centro Médico da Universidade de Maryland demostraron que escoitar música pode ser tan bo para o corazón como facer exercicio ou tomar certos medicamentos.

O director de cardioloxía desta Universidade pediulles a unha decena de estudantes non fumadores que escoitasen a súa música preferida. Analizándoos con ultrasóns descubriu que o tamaño dos seus vasos sanguíneos aumentaba ata un 26%.

 Logo fíxolles escoitar música estresante que provocou unha redución do 11%  no tamaño dos seus vasos sanguíneos. Tamén descubriu que coa música que provocaba risa e coa relaxante aumentaban un 19% e un 11% respectivamente.

Outros estudos revelaron máis beneficios da música como poden ser:

- Cambiar o noso estado de animo dependendo do ritmo que elixamos e se ademais a combinamos con palabras ou imaxes.

- Axuda a facer exercicio facéndoo máis levadeiro, axudando a superar retos, e servindo como dose de adrenalina e autoestima.

-  Pode chegar a diminuír a dor crónica ata nun 21%. Foi probado en pacientes que tras unhas semanas escoitando música afirmaron sentirse mellor tanto física como psicoloxicamente.

Como vos fai  sentir o primeiro movemento da sexta sinfonía de Beethoven?


 

 Manuel Valentín Calvo 1º-Bac-A