A túa forma de falar define o teu futuro, sabíalo?

Un estudo demostra que o tempo verbal que utilizamos á hora de contar un suceso pode influír en que o volvamos a facer de novo ou que sexa unha historia xa pasada. Este estudo realizado pola Universidade Autónoma de Madrid,  a Universidade Nacional de Educación a distancia e a Universidade de Illinois en Urbana-Champaign foi publicado no Journal of experimental social psychology.

Os tempos verbales utilizados:

-Cando revíves  o pasado de  por exemplo “beber en exceso” o tempo verbal que utilizas é o presente. “Eu compro unha botella e beboa do tirón” , utilizase o presente, o que indica que esta persoa volverá a beber nun futuro.

-Se o lembras utilizando o pasado ” eu comprei unha botella e bebina do tirón”, ao utilizar o pasado esa persoa inconscientemente sabe que non volverá a suceder.(Sempre hai excepcións)

Se ti non bebes é preferible que utilices o tempo verbal de presente para que nun futuro non bebas alcohol, pola contra, se es unha persoa que bebes o tempo verbal que utilizas é o pasado, sexa unha opinión negativa ou positiva.

imagen

Cando vemos un anuncio contra o alcohol sabemos se queren que bebamos ou o deixemos de facer segundo o seu tempo verbal. Se queren que non o fagamos utilizan o presente para contarnos algo pasado que non se debe repetir,sin embargo, contan en presente os comportamentos de risco.