As células nai e a orixe da simetría corporal.

imagen

Na última década as investigacións con células nai están producindo numerosos desenvolvementos a nivel médico. En todo o mundo hai centos de grupos de científicos traballando en outras tantas liñas de investigación, un destes grupos é o encabezado polo español Juan Carlos Izpisúa.

Juan Carlos Izpisúa e o seu equipo levan uns cantos anos traballando no proceso que programa a simetría no embrión. Nos ultimos anos conseguiron revelar a orixe da asimetría dos órganos internos, e agora descubríu como se xenera a simetría externa.

Según Izpisúa nas primeiras semanas do embarazo, ten lugar unha complexa aglomeración de procesos bioquímicos que marcan a forma en que se constituirá o corpo, simétrico por fóra (dúas mans, dúas pernas, dous ollos,  unha nariz centrada,…) e asimétrico por dentro (co bazo e o fígado á  dereita, e o corazón á esquerda, por exemplo). Nestes complexos procesos, as células nai son dirixidas desde o chamado nodo, un pequeno grupo de células que dirixe o crecemento do embrión.

O descubrimento é fundamental para orienta-las investigacions con células nai, o que permitirá reproducir nun laboratorio  os complexos procesos de creación de órganos que o embrión realiza de maneira natural. Ao mesmo tempo, podería axudar a previr enfermidades nas  que os órganos que deberían ser simétricos presentan asimetrías, como a columna vertebral no caso da escoliose, afirman os investigadores.

Curiosamente, tanto o crecimento simétrico do corpo coma o crecimento asimétrico dos órganos internos está controlado pola mesma susbtancia clave: a vitamina A. A falta de vitamina A provoca malformacións asimétricas en diferentes especies animais, e os investigadores deducen que o mesmo ocorre na especie humana. Os científicos sospeitan que a falta de esta vitamina ao principio da xestación, pode ser a causante da aparición de asimetrías. Desgrazadamente, o problema non se pode abordar dun modo fácil, xa que o exceso de vitamina A ao inicio do embarazo pode incrementar o número de malformacións conxénitas.

imagen

 

Adrián Vázquez Rey (2011)