Perixeo, o espectáculo da superlúa.

Cada 18 anos, aproximadamente, o noso satélite, é dicir, a Lúa, encóntrase un pouco máis cerca da terra. O achegamento tivo o seu máximo o 19 de Marzo, é dicir onte. A Lúa atopouse a uns 355 mil quilómetros do noso planeta (Tendo en conta que a distancia que nos separa dela en promedio é duns 384 mil quilómetros). Este fenómeno defínese como Perixeo, ás veces tamén chamado ”Superlúas” e ocorre debido ás peculiaridades que posúe a súa órbita. A distancia que separa a lúa do noso planeta é de uns 384.400 quilómetros, pero existen puntos na órbita nos que se encontra máis cerca ou máis lonxe que son os chamados ”Perixeo” e ”Apoxeo” respectivamente.

As consecuencias que pode ocasionar o Perixeo, segundo din persoas pouco informadas, son que ao producirse tal acercamento da lúa, isto acarrexaría consigo desastres naturais como terremotos, tsunamis…

Pero os científicos aseguraron que o seus efectos sobre a Terra case non se poderían apreciar e non afectarían ao equilibrio interno terreste. As únicas consecuencias notáronse nas mareas : a marea baixa foi máis baixa e a alta máis alta do normal.

Con todo isto dito, onte, Sábado 19 puidemos observar pola noite esa gran Lúa que é un fenómeno moi bonito tanto para os astrónomos como para calquera outra persoa que o poida ver. O mellor momento para observar a lúa é cando está cerca do horizonte, é entón cando a ilusión se mezcla coa realidade para producir unha vista realmente espectacular. Este efecto tamén produce a sensación d  unha ”ilusión lúar” cando se observa a lúa a través de árbores, edificios e outros obxectos que se encontran en primeiro plano, isto da a sensación de que a superlúa é de mentira.

Agora xa comezou a afastarse de nós. Foi unha sorte poder observala en condicións óptimas.

Lorena Resúa Sánchez

Miriam Lamas Sóñora

Alejandro Gómez Fernandez

 

Tags:

Unha resposta a “Perixeo, o espectáculo da superlúa.”

  1. ana_urbieta Dixo:

    Noraboa afeccionados e afeccionadas á beleza da astronomía. Dende o venres, non antes a causa da chuvia,sobre o Barbanza, ao Oeste dende Boiro, entre as 20:00 h e as 20:15 vemos Xúpiter. Entre as 20:10 e as 20:30 vemos Mercurio.