O Mediterráneo aumenta o seu nivel.

 

imagen

O nivel do Mar Mediterráneo crecerá ata os 60 centímetros durante este século segundo o estudo do Instituto Español de Oceanografía. Dende o século XIX o mar incrementou o seu nivel en 20 centímetros.

 

A velocidade de crecemento que se duplicou no cambio do último século, dos 1′5 milímetros por ano aos 3′5 milímetros segundo as últimas medicións realizadas entre 2005 e 2008 que tamén mostran un incremento da temperatura e da salinidade do Mar Mediterráneo.

 

O investigador Manuel Vargas advirte que podería aumentar o nivel do mar entre 80 e 90 centímetros se continúa o quentamento da Terra, aínda que matizou que non se pode falar dos datos do futuro, porque iso en gran parte depende do que faga o ser humano e non responde ás leis da natureza.

 

O aumento do mar por outra banda débese a distintos factores como a presión atmosférica, a temperatura e a masa do auga existente. Os estudos din que o mar Mediterráneo estáse dilatando debido ó aumento da temperatura superficial do auga que é de 0′5 centígrados por ano. A este feito contribue o desxeo dos polos e a emisión de gases contaminantes a atmosfera.

 

A salinidade das augas mediterráneas veuse incrementada pola falta de precipitacións e a escasa auga que chega dos ríos ao mar debido ás construcións de presas e embalses.

 

O crecemento do Mediterráneo provocará a desaparición das zonas costeiras densamente poboadas que farán máis desvastadores os efectos das tormentas e furacáns desas zonas. Vargas manifestou que aínda que se fixesen uns cambios para mellorar a situación, non faría efecto ata dentro de 30 anos.

         David Laíño Blanco e Julia Otero Vieites de 1ºB