Máis alá da Terra

Este é o noso vídeo-proxecto:

Feito por: Victoria Domínguez, Cristina Muñiz, Sheila Outeiral e Nuria Ramallo. 1º Bacharelato A.

 

O obxecto celeste máis afastado e antigo do universo. A galaxia MACS0647-JD

Coa axuda dos telescopios espaciais Spitzer e Hubble, e unha das “lentes de aumento” que existen de modo natural no cosmos, uns astrónomos estableceron un novo récord na busca do obxecto celeste máis afastado e antigo do universo.

Trátase dunha galaxia moi primitiva, que se mostra como unha mancha diminuta, o quepermite adivinar algo de cando o universo tiña tan só un 3% da súa idade actual, que é de 13.700 millóns de anos. A imaxe observada da galaxia, chamada MACS0647-JD, corresponde a 420 millóns anos despois do Big Bang, o estalido no que se creou o universo.

A súa luz viaxou durante uns 13.300 millóns de anos ata finalmente chegar á Terra. Este é o último descubrimento dun programa no que se utilizan lentes de aumento naturais para observar galaxias distantes do universo. Un grupo internacional de observación, está a utilizar xigantescos cúmulos de galaxias como telescopios cósmicos cos que aumentar a imaxe de galaxias distantes situadas detrás destes cúmulos. Esto denomínase lente gravitacional.

No seu percorrido, a luz da MACS0647-JD deu un rodeo por múltiples desvíos en torno ao gran cúmulo de galaxias “MACS J0647+7015. Sen a potencia de aumento do cúmulo, os astrónomos non poderían ver esta remota galaxia. Grazas ao efecto de lente gravitacional, o equipo de investigación do CLASH puido observar tres imaxes aumentadas da MACS0647-JD co telescopio Hubble. A gravidade do cúmulo intensificou a luz da galaxia atopada, facendo que as imaxes fosen moito máis brillantes, o que non sería posible sen a lente gravitacional.

A Galaxia MACS0647-JD

 

 A galaxia MACS0647-JD é tan pequena que na época captada nas imaxes podería estar nas primeiras etapas da súa formación que a habería convertido finalmente nunha galaxia bastante máis grande. Un estudio realizado, mostra que a galaxia ten menos de 600 anos-luz de diámetro. Atópase entre a Osa Maior e Menor.

Este obxecto pode ser un dos moitos bloques de construción dunha galaxia. Cabe esperar que nos máis de 13.000 millóns de anos transcorridos dende entón, se producisen nesa rexión remota do cosmos decenas, centos, ou mesmo miles de eventos de fusión con outras galaxias e fragmentos de galaxias.

José Alberto Triñanes. 1º de Bacharelato B.

 

Encontran unha posible cura para o cáncer pero non vai ver a luz por non ser rentable.

Investigadores da Universidade de Alberta, Canadá, deron cun medicamento chamado dicloroacetato que podería curar o cáncer. Sin embargo, como esta substancia non requira patente e é moi económica en comparación aos outros medicamentos usados actualmente para combatir o cáncer,  a investigación corre perigo de ser bloqueada.

O Dr. Michelakis (Universidade de Alberta) mostrou a súa preocupación por non encontrar os fondos necesarios para realizar probas clínicas con dicloroacetato, xa que, na súa opinión, non presentaría grandes beneficios para os investigadores privados nin para as grandes farmacéuticas, ao non estar patentado.

imagen

 Económicamente, unha terapia capaz de supoñer a cura total de certas enfermedades non é moi rentable, mentres que as que fomentan a cronificación, por supoñer a venta continuada dos seus produtos, son un negocio moi flutífero.

Os científicos canadienses descubriron que o dicloroacetato en células humanas mata as células do cáncer de pulmón, de cerebro e de peito e respeta as células sanas. O experimento, aplicado en ratas con varios tumores, demostrou que as súas células canceríxenas encollíanse ao ser alimentadas con esta substancia disolta en auga. A substancia orixina unha reacción na mitocondria, provocando que ésta acabe de forma natural co cáncer nas células.

DATOS: 

O cancro, que xorde a partir dunha modificación dunha única célula iniciada por axentes externos e factores xenéticos herdados, é a principal causa de mortalidade no mundo. Asignadas 7,6 millóns de mortes (preto de 13%) se produciron en todo o mundo en 2008. Os principais tipos de cancro son de pulmón (1,4 millóns de mortes), estómago (740 000 mortes), fígado (700 000 mortes), colorretal (610 000 mortes) e de mama (460.000 mortes). Destas mortes, máis do 30% son evitables.

 De acordo con varios estudos, espérase que as mortes por cancro sigan a subir, chegando a 11 millóns en 2030. As prioridades da Big Pharma son continuar explotando esta elevada porcentaxe de persoas afectadas como clientes potenciais, en vez de permitir o acceso público a cura permanente.

 

A búsqueda de vida baixo un lago conxelado hai medio millón de anos.

Vista aérea de las montañas Ellsworth, bajo las que ha comenzado la exploración. | P. BucktroatCientíficos británicos comezaron a búsqueda de microorganismos nun lago illado dende fai 550.000 anos baixo unha grosa capa de xeo en Ellsworth, na Antártida.

O Ellworth é un dos moitos lago da Antártida que se sitúan por debaixo dunha capa de xeo, e esta auga mantense líquida grazas ao calor que desprenden as rochas situadas debaixo.

Os biólogos cren que o seu prologando illamento podería haber promovido que a vida microbiana evolucionase no resto do planeta, segundo informa o Centro Oceanográfico Nacional do Reino Unido.

Unha ducia de investigadores han comenzado a perforar a capa de xeo, de 3,4 kilómetros de grosor, cunha mangueira de alta presión diseñada especialmente para este proxecto e cun chorro de auga quente cercana ao punto de ebulición para abrir un pasaxe que

Máquina perforadora. | P.B.

lles permita analizar a auga que se atopa debaixo da capa de xeo dende hai 550.000 anos.

Este proceso de perforación levaralle polo menos cinco días, tras os que so dispondrán de 24h para tomar mostras de auga, lodo e sedimentos, antes de que o xeo volva a formarse.

Encontrar vida en condicións tan extremas como na do lago Ellsworth permitirá avances nas teorías sobre a posibilidade de que existan organismos vivos en oitros entornos moi duros, como na lúa de Xúpiter Europa, ou baixo o xeo de Marte.

“Estamos a piques de explorar o descoñecido e estou moi emocionado de que a nosa misión supoña unha avance na nosa comprensión do mundo escondido da Antártida”, afirmou o xeólogo Martín Siegert, da Universidade de Bristol e director deste proxecto, cuxo obxectivo é investigar os límites nos que a vida é posible.

“O experimento que estamos levando a cabo é moi similar ao que se podría facer para busca vida na lúa Europa, onde sabemos que hay unha corteza de xeo e un océano baixo ela”, explicou Siegert.

“Se hai vida en Europa debería estar nunhas condicións similares as do lago Ellsworth: unha oscuridade total, unha presión moi elevada e utilizando procesos químicos no lugar de luz solar para proporcionar enerxía aos seus procesos biolóxicos”, añadeu o xeólogo.

Alejandro Crujeiras. 1º Bacharelato D

 

Modelo para explicar el origen de las lunas de Saturno

Entre las rarezas de los planetas más exteriores del sistema solar están las lunas de tamaño medio de Saturno, media docena de cuerpos helados que resultan diminutas en comparación con Titán, la luna más grande de Saturno.

lunas_de_saturno.jpg

Según el nuevo modelo sobre el origen del sistema de Saturno, las lunas medianas fueron creadas durante colisiones gigantes en las que varios satélites grandes se fusionaron para forma Titán.

El equipo de Erik Asphaug (profesor de Ciencias Planetarias y de la Tierra de la Universidad de California) y Andreas Reufer (de la Universidad de Berna), proponen que:

-El sistema de Saturno comenzó con un conjunto de satélites principales comparables a las cuatro grandes lunas de Júpiter (conocidas como los satélites galileanos, descubiertas por Galileo en 1610)

-Las lunas galileanas acaparan el 99.998 por ciento de la masa del sistema de satélites de Júpiter. Las demás lunas son minúsculas.

-Es decir, el gigante gaseoso no tiene lunas medianas, sólo posee las 4 grandes y las minúsculas.

Los autores del nuevo modelo creen que los planetas gigantes adquirieron sus satélites de la misma manera que el Sol obtuvo sus planetas, creciendo como si fueran sistemas solares en miniatura y terminando con una etapa de colisiones.

Modelo del sistema de Saturno: Titán creció a partir de impactos gigantes combinando las masas de los cuerpos que colisionaron, al mismo tiempo que se crearon a los satélites más pequeños (a modo de escombros sobrantes).

                                                                                                                                                                                                                             Sara Bugallo. 1º Bacharelato B.

 

Brasil clonará animais silvestres ameazados

Trátase da primeira experiencia de clonación cos científicos brasileños van a desenrolar con animais silvestres. Recuren a  clonación para evitar que algúns animais silvestres en perigo de extinción desaparezan do seu territorio. Levarase a cabo no Xardín Zoolóxico de Brasilia que, aparte da súas instalacións tamén lles deixarán o plantel dos animais dos que extraerán o material xenético para conseguir os clons. Esta clonación ten dúas fases:

A primeira fase consiste na elaboración dun banco de xenes que xa teñen almacenadas 420 muestras de células de oito especies. O banco conta con xermoplasma  de animais autóctonos de entornos brasileños como o Cerrado, a sabana tropical que linda co sur do Amazonas, ou os bosques atlánticos do litoral: o xaguar, o can de monte ou o lobo crinado.

A segunda fase consiste en conseguir os clons. Según Martins, o primeiro clon podía partir dun exemplar de lobo crinado. Este animal permite a fecundación de óvulos de outras especies compatibles, como o can.

O obxectivo do proxecto é crear exemplares de especies amenazadas que en cautiverios producense dificilmente.

Imaxe dun lobo crinado:

 

Este vídeo explica a clonación dos animais silvestres ameazados en Brasil:

 http://www.youtube.com/watch?v=2Sh5cXC0KBw

 

Unha supernova a partir de dúas ananas brancas

Imaxinades mirar o ceo e que haxa algo máis que estrelas e escuridade? Imaxinades un estoupido de luz no universo? Pois isto ocorreu no ano 1006, deixando abraiadas as poboacións. Puideron velo durante tres anos!  Finalmente agora temos unha explicación.

No ano 1006, un estoupido de luz no ceo sorprendeu as civilizacións de todo o mundo. Tratase do estoupido dunha supernova a uns 7.000 anos luz da terra. Os astrónomos chinos resaltaron que o evento foi visible durante tres anos, e os exipcios que foi tres veces máis brillante que Venus ou que emiteu unha luz equivalente case a unha cuarta parte da que emite a lúa.

 imagen

Agora, uns científicos descubriron que a verdadeira causa da explosión foi a colisión e fusión de dúas ananas brancas.  O ‘Hubble’ captou imaxes dos restos que ainda perduran deste fenómeno da idade media. Esta capa externa da supernova estivose expandindo a unha velocidade media duns 30 millons de km/h. Actualmente a súa velocidade reduciuse a uns 10 millons de km/h.

As explosións de supernovas, xeneranse de diferentes maneiras. Se un astro ten unha masa superior a oito ou dez veces a do Sol, cando se esgota o seu combustible nuclear, colapsa e explota; no seu lugar queda unha compacta estrela enana blanca. Se a masa é maior, o resultado será unha densa estrela de neutrons ou incluso un buraco negro.

imagen

 Sen embargo, Jonay González Hernández, investigador do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), explica que as supernovas tamen se poden orixinar en sistemas de dúas estrelas, xa sexa unha unha anana branca e outra una estrela normal ou unha xigante vermella, que vai cedendo materia a primeira ata que s eorixina un estoupido. No caso da supernova de 1006 fusionaronse dúas ananas  brancas que provocaron o estoupido e deixaron unha burbuxa gaseosa.

Sonia Rodríguez Hermo, 1ºB Bach.

 

Unha xigantesca nube de gas ardente envolve a Vía Láctea

imagenVía Láctea, parece estar completamente rodeada por un enorme halo de gas ardente que se estende en todas direccións formando un “globo” de moitos centos de miles de anos luz de diámetro.

A masa total do xigantesco halo, é comparable á da suma de todas as estrelas que hai na galaxia. Se estes datos se confirmasen, poderían resolver o “misterio dos barións perdidos”, un problema que leva máis dunha década asustando astrónomos de todo o mundo.

Os barións son as partículas (como protóns e neutróns) que constitúen os “tixolos” da materia sólida. O 99,9% da masa dos átomos que hai no Universo está feita de barións. Os datos obtidos de halos de gas e de galaxias moi afastadas indican que a “materia bariónica” presente na xuventude do Universo, un sexto da masa da detectada pero nunca observada, materia escura.

Un equipo de cinco investigadores, usando o telescopio norteamericano Chandra, o europeo XMM-Newton e o xaponés Suzaku, foron capaces de determinar a temperatura, a extensión e a masa deste halo de gas. Desta forma, os científicos determinaron que a temperatura do halo está entre os 100.000 e os 250.000 graos centígrados, moito máis quente ca superficie do Sol.

Outros estudos mostran que a Vía Láctea está pechada en bolsas de gas quente, con temperaturas que van desde os 10.000 e os 100.000 graos. Pero a nova investigación demostra que o halo de gas ardente que envolve a Vía Láctea é moito máis grande e masivo que a bolsa cálida que a rodea.

Esta masa de gas e enorme e está entre os 10.000 e 60.000 millóns de soles.

A estimación da masa depende de factores como a cantidade de osíxeno en relación ao hidróxeno, que é o elemento que máis abunda no halo de gas. Por eso, os datos representan un importante paso cara á solución do caso dos “barións perdidos”, un misterio que atormenta os astrónomos dende hai máis dunha década.

A densidade estimada do halo é tan baixa que outros halos similares arredor doutras galaxias pasaron inadvertidos ata o momento.

Baixo a miña opinión a nube é moi impresionante xa que pensando como é  de grande a nosa galaxia, pois esa nube envolve a nosa galaxia.

Daniel Ozores Sánchez 1ºbach B

 

O Evento de Tunguska.

 Nunha das rexións máis inóspitas e descoñecidas da Rusia Central tivo lugar ,no ano 1908, un dos sucesos máis misteriosos, e a sua vez descoñecido po lo mundoimagen enteiro. Fálovos, do evento de Tunguska. Unhas explosión de orixe descoñecida que tivo lugar na zoa central de Rusia. O 30 de xulio de 1908, na rexión de Evenkia, tivo lugar unha explosión dunha inmensa magnitude. Esta explosión provocou dende o derrube de árbores nunha área de 2.150 kilómetros cadrados, ata xerar a posibilidade de poder ler un libro a partir da posta de sol, en Europa e Rusia, dado que as noites eran tan luminosas, que non se precisaba de ningunha fonte de luz artificial.

 

A día de hoxe, barállanse distintas hipóteses sobre a orixe desta explosión, chegando a haber preto de 30 hipóteses ata o día de hoxe. Cabe dicir, que non todas teñen o mesmo valor e peso científico e fiabilidade, pero hai 5 que son das máis aceptadas:

-Cometa: esta é unhas das máis aceptadas. Segundo os imagencientíficos,  foi un cometa ou un pequeno fragmento, composto por xeo, e cun nucleo reducido, pero o suficientemente grande como xerar un impacto de tal magnitude. Este xeo, ao chegar a atmósfera, evaporaríase, e dispersariase en forma de gas, o que faria que non quedara ningún resto da explosión.

-Bomba de Hidróxeno Natural: Outra teoria qeu se baralla, é que un pequeno fragmento de deuterio, tamén coñecido como hidróxeno pesado, o que provocaría unha fusión nuclear,e provocando así a explosión.

-Antimateria: Esta é outra das teorias posibles, ainda que moi improbable, dado que, para que a antimateria, a cal desintegra a materia, hubera impactado na terra, teria que haber impactado completamente de forma vertical na terra, e deberia haber sido unha significativa cantidade concentrada.

-Tormenta Magnética: Estas tormentas son percebibles despois de explosións nucleares de gran magnitude.

-Campo de Probas: Esta, é unha teoría pouco coñecida, pero entre os máis excépticos, é das máis aceptadas. Consiste na afirmación, de que poderia ter sido un campo de probas de bombas de gran magnitude, como pode ser unha bomba atómica, ainda que é moi improbable, dado que por aquél entón a creación de bombas atómicas era algo descoñecido que non apareceria ata o ano 1945 co lanzamento das bombas atómicas ” Fat Man ” e ” Little Boy ” nas cidades de Hiroshima e Nagasaki, dando fin así a guerra no Oceano Pacífico.

Jacobo Otero 1ºB

 

O rapaz de letras que gañou o Nobel de Medicina

Cando chegamos ao bacharelato, oblígannos a elixir un campo de estudo no que debemos especializarnos. Mais o que elixamos nun primeiro momento, non rematará determinando o noso futuro. Un caso similar lle pasou a John Gurdon pero cunha “pequeniña” variante, este científico acabou gañando un Premio Nobel!

John Bertrand Gurdon, nado en 1933 no Reino Unido, é un biólogo que estuda os procesos de crecemento e desenrolo do organismo. Aínda que, nun principio, ninguén apostou por él como científico.

imagen

Gurdon asistiu ao Eton College, onde mostrou a súa afición pola ciencia, pero non deu resultado nas súas calificacións. Mesmo recibiu comentarios de algúns dos seus profesores “Creo que Gurdon ten a idea de convertirse en científico. Polo que mostra neste momento, isto é bastante ridículo. Se non pode entender os datos biolóxicos sinxelos, non tería oportunidade algunha, de facer o traballo dun especialista e sería unha absoluta pérdida de tempo tanto para el coma para os que o ensinen”. Intentou traballar no Exército e como home de negocios pero non foi admitido. Posteriormente, comezou a estudar Filoloxía Clásica, mais rematou matriculado en Zooloxía. En 1962, Gurdon clonou unha rá e descubreu, a partir dun experimento revolucionario, que a especialización de células é reversible. Hoxe en día a técnica de Gurdon coñécese como a clonación por transferencia celular.

Gurdon  obtivo galardóns como o premio Wolf de Medicina en 1989 e o premio Lasker en 2009. Pero fai tan só uns meses, consigueu o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polas súas investigacións pioneiras na clonación e a obtención de células nai a partir de células adultas. Todo un logro para o home que empregou a súa vida demostrando a súa paixón polas ciencias.

María Dieste. 1º Bach B