Unha xigantesca nube de gas ardente envolve a Vía Láctea

imagenVía Láctea, parece estar completamente rodeada por un enorme halo de gas ardente que se estende en todas direccións formando un “globo” de moitos centos de miles de anos luz de diámetro.

A masa total do xigantesco halo, é comparable á da suma de todas as estrelas que hai na galaxia. Se estes datos se confirmasen, poderían resolver o “misterio dos barións perdidos”, un problema que leva máis dunha década asustando astrónomos de todo o mundo.

Os barións son as partículas (como protóns e neutróns) que constitúen os “tixolos” da materia sólida. O 99,9% da masa dos átomos que hai no Universo está feita de barións. Os datos obtidos de halos de gas e de galaxias moi afastadas indican que a “materia bariónica” presente na xuventude do Universo, un sexto da masa da detectada pero nunca observada, materia escura.

Un equipo de cinco investigadores, usando o telescopio norteamericano Chandra, o europeo XMM-Newton e o xaponés Suzaku, foron capaces de determinar a temperatura, a extensión e a masa deste halo de gas. Desta forma, os científicos determinaron que a temperatura do halo está entre os 100.000 e os 250.000 graos centígrados, moito máis quente ca superficie do Sol.

Outros estudos mostran que a Vía Láctea está pechada en bolsas de gas quente, con temperaturas que van desde os 10.000 e os 100.000 graos. Pero a nova investigación demostra que o halo de gas ardente que envolve a Vía Láctea é moito máis grande e masivo que a bolsa cálida que a rodea.

Esta masa de gas e enorme e está entre os 10.000 e 60.000 millóns de soles.

A estimación da masa depende de factores como a cantidade de osíxeno en relación ao hidróxeno, que é o elemento que máis abunda no halo de gas. Por eso, os datos representan un importante paso cara á solución do caso dos “barións perdidos”, un misterio que atormenta os astrónomos dende hai máis dunha década.

A densidade estimada do halo é tan baixa que outros halos similares arredor doutras galaxias pasaron inadvertidos ata o momento.

Baixo a miña opinión a nube é moi impresionante xa que pensando como é  de grande a nosa galaxia, pois esa nube envolve a nosa galaxia.

Daniel Ozores Sánchez 1ºbach B