Un rapaz único entre as nenas

Fai escasamimagenente un par de días naceu na Fundación Jiménez Díaz o primeiro neno libre de padecer un transtorno chamado síndrome de inmunodeficiencia severa que se coñece comunmente como síndrome do neno burbulla debido a que un neno chamado David Better logrou vivir 12 anos libre de infeccións pero a cambio tivo que estar todo ese tempo encerrado nunha burbulla de plástico. O nacemento do primeiro neno español sen esta enfermidade foi posible grazas a preselección xenética preimplantacional que consiste en analizar os xenes do embrión e asi poder detectar algunha anomalía.
Ata o de agora solo naceran rapazas libres da enfermidade xa que aínda que son portadoras non chegan a padecela, por iso só se seleccionaban embrións de nenas. Para detectar esta patoloxía é necesario realizar un diagnóstico xenético preimplantacional no que se fai un estudo das células do embrión para logo seleccionar os sans.
Grazas a estas técnicas as parellas que queiran un varón poderán telo sen medo a que pad
imageneza esta rara enfermidade que afecta a un de cada 100000 nenos que soen padecer unha gran cantidade de infeccións que non remiten utilizando fármacos e desgraciadamente a maioría morren aínda que moitos poden salvarse mediante un transplante de medula ósea. Como podemos ver, todos os días se conseguen avances no mundo da ciencia e no campo da sanidade como por exemplo este que pode axudar a que moitas persoas fagan realidade os seus soños.

 

Deixará de ser invencible a tuberculose multirresistente?

A Axencia da Alimentación e do Medicamento de EEUU (FDA) encontra unha posible saída a tuberculose multirresistente no descubrimento dun novo fármaco. Trátase da bedaquilina, e é o primeiro fármaco antituberculostático aprobado en máis de 40 anos e indicado expresamente para este tipo de tuberculose.

As mutacións de bacilo están sendo tan significativas que xa definen un novo tipo de tuberculose: a múltiple resistente (MDR), a cal se dá cando o microorganismo non responde a dous dos medicamentos máis comúns, que son a rifampicina e a isoniazida. Polo tanto adóptase como opción a proba de combinacións máis agresivas que poden supoñer un período de hasta 2 anos con 20 pastillas diarias, o que resulta inadmisible en moitos países. A gravidade desta variante vai en aumento, e a OMS indica que xa houbo máis de 300.000 casos da variante resistente, e que solo o 20% recibe tratamento.

Por isto, a FDA aproba a bedaquilina mediante un procedemento acelerado, que se basa nunha rápida avaliación do risco do fármaco fronte aos seus potenciais beneficios. Debido a isto haberá que usar este medicamento en combinación con outros, e ten varios riscos, sobre todo cardiacos.

A bedaquilina ten o potencial de mellorar o tratamento da tuberculose multirresistente aos fármacos. Ademáis este antituberculostático ten un novedoso mecanismo de acción que actúa bloqueando a síntese de ATP da membrana celular, o que lle permite permanecer activo contra as bacterias que desarrollaron resistencia aos fármacos actuais, anteriormente citados.

imagen

Pese aos riscos, e valorada a gravidade da infección, organizacións como Médicos sin Fronteras (MSF)  recibiron con alegría esta noticia. Afirman que é un avance maiúsculo, e que ademáis o feito de que este fármaco sexa activo contra as formas resistentes a medicamentos da tuberculose supón que ten un potencial para cambiar as reglas do xogo.

Nuria Outeiral 1ºA

 

A SIDA ao descuberto (a información é moi interesante, faltan ligazóns e unha redacción máis coidada)

Un grupo de científicos descubriron as proteínas que causan a enfermidade da SIDA podendo elaborar unha medicina.

Unhas recentes investigacións do grupo de investigadores da Universidade de Harvard, logrou dar con 273 das proteínas que “axudan” ao virus a propagarse polo noso organismo.

Como todo virus, o SIDA é un organismo incompleto, que para propagarse precisa utilizar a maquinaria da célula infectada. Intervindo sobre estas pezas humanas, chamadas factores de dependenza do VIH (HDF, polas súas siglas en inglés), é posible frear a replicación do virus. Os HDF non son tan propensos a mutar como as proteínas do propio virus.

 

Proteínas do SIDA

O VIH ten  unha capacidade increíble de mutar; muta moi frecuentemente, o que xera continuamente  novas cepas capaces de eludir as defensas do corpo e as drogas. ; é dicir, cambia na súa  superficie; e recordemos que as vacinas  fanse  estudando a superficie dos virus, pero como o VIH cambia todo o tempo, entonces non pode haber unha soa vacina, non se pode facer un tiro ao branco.

O proxecto foi dirixido polo xenetista Stephen Elledge da  Harvard Medical School (EEUU). O equipo de Elledge xa a caracterizado 3 destos novos HDF, provando a súa implicación no ciclo viral, polo tanto a validez, do enfoque.

Stephen Ellege

O virus pode esconderse nas células do sistema inmune onde é moi difícil de atacar.

 ¿Habrá cura definitiva para o SIDA?

CURIOSIDADE:

Os resultados das investigacións, dados a coñecer , mostran que unha terapia duns 7 ou 8 anos con este medicamento, comezando inmediatamente despois do contaxio, podeProteínas do SIDAría curar por completo aos pacientes. Asegúrao Anthony Fauci, o director do Instituto Nacional de Alerxias e Enfermidades Infecciosas de EE.UU.

Sheila Outeiral e Cristina Muñiz 1º de Bcharelato A

 

Coidarse máis, vivir mellor!

Tanto como un 23% dos cánceres colorrectales poderíase evitar se as persoas levasen uns hábitos de vida saudables.

imagen

As recomendacións, que poden mellorar a saúde xeralmente son : o exercicio, unha boa dieta, o consumo moderado de alcohol, non fumar e manter un peso saudable. Máis concretamente:

  • O primeiro é levar unha alimentación sa:

- As proteínas deben supoñer un 15 % do aporte calórico total, non sendo nunca inferior á cantidade total de proteínas inxeridas a 0,75 gr/día e de alto valor biolóxico.
- Os hidratos de carbono ou azucres aportarannos polo menos un 55-60 % do aporte calórico total.
- Os lípidos ou graxas non sobrepasarán o 30% das calorías totais inxeridas.

  • O exercicio físico e esencial para manter unha boa calidade de vida, a falta deste é unha das principais causas de debilidade e saúde pobre. Facendo exercicio podes previr artritis e reumatismo e incluso problemas do corazón conseguindo unha boa circulación sanguínea.
  • Tanto o tabaco coma o alcohol poden producir unha mala calidade de vida polos efectos nocivos que teñen sobre o pulmón, a circulación, o corazón e o fígado e ademáis predispoñen a formación de diferentes tipos de cáncer.
  • Non tomar drogas, non so as ilegais, senón tamén medicamentos (analxésicos, ansiolíticos…) que poden xerar certa dependencia e problemas hepáticos ou de insomnio ao deixalos.
  • Unha boa limpeza dental e unha visita ao odontólogo cada ano é fundamental para acadar un ben estar xeral.
  • Evitar situacións estresantes ou nerviosas. Descansar 8 horas diarias e ter unha actitude positiva.

 

El robot que nos salva la vida.

El milagroso robot que nos salvará la vida es el Sistema Quirúrgico Da Vinci. Este grandioso sistema tiene como objetivo realizar cirugías complejas en las personas con la mínima  invasión posible. Las operaciones más habituales que se están haciendo con “Da Vinci” son operaciones de próstata, reparaciones de válvulas cardíacas y procedimientos ginecológicos. 

El robot quirúrgico Da Vinci está diseñado para hacer más eficaz la cirugía laparoscópica. Este robot es una alternativa mejorada de la cirugía abierta y la laparoscópica convencional. Así, los cirujanos cogen las riendas del robot y pueden realizar las más complicadas y delicadas operaciones mediante pequeñas incisiones con una precisión poco invasiva.

El robot de divide en tres partes básicas: la consola del cirujano, donde el cirujano maneja el material quirúrgico con sus extremidades y el robot las retransmite a una escala de mucha precisión. 

El carro del paciente que contienen el material quirúrgico controlado por el cirujano de la consola. Además de los intrumentos también hay una cámara, y un segundo cirujano que se encarga de cambiar este material cuando sea necesario, así como, de salvaguardar la seguridad del paciente.

Y por último, la consola de visualización donde se encuentran monitores que retransmiten la operación desde el interior. 

imagen

Sin duda es un gran avance en la medicina, pero no se puede hablar todavía de cirugía robótica ya que el robot Da Vinci no es autónomo; el robot solo transmite los movimientos del cirujano a una escala más precisa. Pero, ¿Quién sabe? Tal vez dentro de unos años podamos hablar de robots que sustituyan a médicos humanos, y seguro que eso suscitará grandes dilemas políticos.

Aquí podemos ver un vídeo donde nos hacen una pequeña explicación y demostración del uso del robot:

http://www.youtube.com/watch?v=CdXp7eomEJQ

Carlos Ferreiro Suárez, 1º A BACH.

 

 

“Cancro DEP”

O doutor Lukas Wartman , un investigador dos xenes na universidade de Washington, tiña leucemia e ningún tratamento coñecido podía salvalo. Así que un día, o seu compañeiro, o doutor Timothy Ley, tamén investigador do xenoma na universidade, convoucou o seu equipo para investigar o cancro do seu compañeiro e dixo : “ Por que non tirar todo o que temos , a ver se podemos atopar o xene que estimula o cancro do doutor Wartman? ”
O equipo do doutor Ley intentou un tipo de análise que nunca se fixera antes. Xuntaron os xenes das células cancerosas cos das células sáns e , ao mesmo tempo , analizaron o seu ARN, en busca de pistas para saber o que estaban facendo os seus xenes. Os investigadores encontraron un culpable , un xene normal que estaba producindo grandes cantidades dunha proteína estimulante no crecemento do cancro. Ao descubrir isto utilizaron un novo e prometedor medicamento que podería matar o xene defectuoso, un medicamento que fora probado e aprobado só para o cancro de ril. O doutor Wartman convertiuse na primeira persoa que necesitaba dito medicamento para tratar a súa leucemia , que agora está en remisión.

A partir deste experimento os médicos van cambiar as formas de investigar o cancro. Din que o importante é saber cales son os xenes que orixinaron o cancro , non o tipo de cancro que ten o paciente. Por exemplo , unha muller con cancro de mama , pode ter distintos controladores xenéticos ca os doutra muller , de feito os seus controladores xenéticos poden ter máis en común cós do cancro de próstata dun home .
Os investigadores cren que este método , coñecido como a secuenciación do xenoma completo , é unha enorme promesa para a curación do cancro porque a secuenciación do xenoma determina que medicamentos usar para deter o cancro, así como os patólogos fan cultivos de sangue para decidir que antibióticos deterán unha infección bacteriana nun paciente.
Nos cremos que isto é unha boa noticia, xa que un dos tratamentos actuais a quimioterapia , non sempre é eficaz e ademais é moi nocivo para o paciente que a está recibindo.

Victoria Domínguez e Lorena Fernández. 1º Bach A

 

Salvas vidas ou gañas cartos?

Dende hai algúns anos estamos nunha crise enconómica moi grande, o que non sospeitaríamos e que chegaríamos a falar da economía nunha clase de ciencias para o mundo contemporáneo, pero tampouco chegaríamos a sospeitar que a nosa sanidade pública podería chegar a ser privada .

Isto é o que está a pasar en Madrid, é dicir, esténdese o modelo de hospiais privados con financiación pública. Para defendelo, o goberno da Comunidade de Madrid afirmou que o coste da asistencia sanitaria é de 600 euros por habitante, e que aspira a reducilo 159 euros por habitante. É dicir, se Madrid ten 6.489.680 habitantes, estaríamos a falar dun pretendido aforro de ata mil millóns de euros.

imagen

Que opinan disto os médicos? O xerente  de cardioloxía do hospital de San Joan, Vicente Bertomeu fala  do que pensa. O médico pon en debate a privatización non no aforro, senón nos tratamentos. ” O noso obxetivo é o paciente, e nese sentido sabemos que non existen datos suficientes, e, se os hai, non se utilizan de forma obxectiva para tomar decisións independentes”. Tamén pensa que é un conflito que conta co gran respaldo da poboación, xa que as encostas din que o 87% das persoas están en contra da privatización. O médico ten varias dudas sobre este novo modelo sanitario: ” Que pasa coa patoloxía complexa que eles non van cubrir?” ( referíndose a que as privadas tratan o fácil e cando chega o complicado a derivan á pública), “que vai pasar coa formación de especialidades de posgrao?” ( referíndose ao sistema MIR).

Acaba isto cunha reflexión xeral ” o noso sistema público é aceptado universalmente aínda que teña grandes posibilades de mellora, e esa é unha das causas pola que todos pagamos impostos. O que sorprende é que neste sistema do que todos estamos tan orgullosos haxa que transferir a súa xestión a terceiros”.

imagen

                                                       O doutor Vicente Bertomeu

Quen é o que máis se beneficia? As grandes empresas Capio Sanidad e Ribera Salud, facturaron no 2011 varios centos de millóns. Entorno ao 75% desa cifra saíu das arcas públicas, procedentes de concertos, concesións e convenios cas administracións. Estas dúas empresas son as mellores situadas para competir polas novas oportunidades do negocio relacionadas ca xestión privada de servicios sanitarios públicos, aínda que tamén hai outras compañías que se están dando á privatización.

Ten a sanidade que beneficiarnos a nós ou as grandes empresas?

Victoria Domínguez e Lorena Fernández 1ºA .

 

Os planetas ananos con Prezi

Miriam Santiago, Alejandro Crujeiras y Saray Mariño. 1º Bacharelato D.

 

Os Planetas con Prezi

Miriam Santiago Armental, Saray Mariño Moraña, Alejandro Crujeiras Vidal 1º Bacharelato D.

 

Afondando nas enfermidades contaxiosas

Aquí vos deixo o noso traballo :

David Pouso, Cristina Nuñez, Diego Vázquez e Samuel Dasilva 1ºBach. D