“Cancro DEP”

O doutor Lukas Wartman , un investigador dos xenes na universidade de Washington, tiña leucemia e ningún tratamento coñecido podía salvalo. Así que un día, o seu compañeiro, o doutor Timothy Ley, tamén investigador do xenoma na universidade, convoucou o seu equipo para investigar o cancro do seu compañeiro e dixo : “ Por que non tirar todo o que temos , a ver se podemos atopar o xene que estimula o cancro do doutor Wartman? ”
O equipo do doutor Ley intentou un tipo de análise que nunca se fixera antes. Xuntaron os xenes das células cancerosas cos das células sáns e , ao mesmo tempo , analizaron o seu ARN, en busca de pistas para saber o que estaban facendo os seus xenes. Os investigadores encontraron un culpable , un xene normal que estaba producindo grandes cantidades dunha proteína estimulante no crecemento do cancro. Ao descubrir isto utilizaron un novo e prometedor medicamento que podería matar o xene defectuoso, un medicamento que fora probado e aprobado só para o cancro de ril. O doutor Wartman convertiuse na primeira persoa que necesitaba dito medicamento para tratar a súa leucemia , que agora está en remisión.

A partir deste experimento os médicos van cambiar as formas de investigar o cancro. Din que o importante é saber cales son os xenes que orixinaron o cancro , non o tipo de cancro que ten o paciente. Por exemplo , unha muller con cancro de mama , pode ter distintos controladores xenéticos ca os doutra muller , de feito os seus controladores xenéticos poden ter máis en común cós do cancro de próstata dun home .
Os investigadores cren que este método , coñecido como a secuenciación do xenoma completo , é unha enorme promesa para a curación do cancro porque a secuenciación do xenoma determina que medicamentos usar para deter o cancro, así como os patólogos fan cultivos de sangue para decidir que antibióticos deterán unha infección bacteriana nun paciente.
Nos cremos que isto é unha boa noticia, xa que un dos tratamentos actuais a quimioterapia , non sempre é eficaz e ademais é moi nocivo para o paciente que a está recibindo.

Victoria Domínguez e Lorena Fernández. 1º Bach A

 

Tags: , ,