Galicia Curiosea
Alexandra Piñeiro Saavedra, Cristina Suárez González e Nuria Outeiral Pais.
Alexandra Piñeiro Saavedra, Cristina Suárez González e Nuria Outeiral Pais.
Este é o noso vídeo-proxecto da segunda avaliación:
Feito por : Victoria Domínguez, Sheila Outeiral, Cristina Muñiz e Nuria Ramallo. 1º A
Hoxe en día o alzheimer afecta a moita xente sobre todo de avanzada idade, facendo que estes perdan a memoria e outras capacidades da mente. Por iso os cientificos despois de tres meses de investigación deron cunha vacina contra o alzheimer.
Científicos españois diseñaron unha vacina para previr a enfermidade ou revertir as manifestacións cando xa se desarroiou tal e como puideron ver nos experimentos que fixeron con ratos tranxénicos.
O doutor Ramón Cacabelos, director do proxecto presentou nunha conferencia a vacina contra o alzheimer ou tamén chamada EB-101 e toda a documentación científica pola que obtivo a patente para poder fabricala.
Estan preparados para comezar en tres ou cuatro meses cos ensaios clínicos que poderían durar entre seis e oito anos dependendo dos requerimentos que lles faga a administración dos medicamentos nos Estados Unidos.
De momento, cos ensaios preclínicos realizados en ratos, os investigadores consideran que con esta estratexia poderiase duplicar a esperanza de vida dos pacientes con alzheimer xa que se calcula que hai uns 36 millóns de enfermos no mundo e previse que no ano 2030 se chegue aos 66 millóns e no ano 2050 a uns 115.
Os médicos teñen posta as esperanzas nesta vacina e noutras que se estan investigando no Xapón ou nos Estados Unidos e asi o fan ver según Cacabelos, nos ensaios cos ratos portadores das principales mutacións responsable da enfermedade nos seres humanos.
Neste modelo preventivo de vacina puidose ver que os animais inmunizados non desarrollaban a enfermidade ao largo da súa vida e tampouco sufrían trastornos inmunolóxicos, nin unha activación do sistema microbiliar, nin reacións vasculares hemorráxicas no cerebro. Ante estes resultados os investigadores destacan a importancia da prevención porque esta enfermidade soe aparecer entre os 60 ou 65 anos
Agora ben os especialistas móstranse prudentes a hora de falar da súa administración nun futuro nos humanos. Estas foron as palabaras de Ramón Cacabelos “yo no sería partidario nunca en la enfermedad del alzheimer que aunque saquemos un fármaco o una vacuna aparentemente buena se de a granel”.
Alexandra Piñeiro Saavedra 1ºBach A
Científicos do Instituto de Investigación Médica Monash , en Melbourne, descubriron unha proteína no tracto reproductivo feminino que protexe contra as enfermedades de transmisión sexual, as recoñecidas coma ETS. Estimase que 450 millones de persoas en todo o mundo infectanse con enfermidades de transmisión sexual cada ano.
A investigación, foi dirixida polo profesor Paul Hertzog, director do Centro MIMR para a Inmunidade Innata e Enfermidades Infecciosas, e seu equipo, entre eles, Ka Yee Fung y Mangan Niamh. Estes científicos identificaron unha proteína, á que chamaron interferón epsilon , e demostraron que desempeña un papel importante na protección das mulleres contra as infeccións
Esta proteína podería ter o potencial clínico de determinar as mulleres que poden ser máis ou menos propicias a enfermidades como infeccións de transmisión sexual ou para aumentar a inmunidade protectora. Ademáis, os autores da investigación consideran que esta bacteria tamén podería ser empregada potencialmente para o tratamento de infeccións de transmisión sexual u outras enfermidades inflamatorias.
Unha forma inusual de esta proteína débese á maneira na que se produce, explica el profesor Hertzog. A maioría das proteínas que nos protexen contra as infeccións sólo se producen despois de que esteamos expostos a un virus ou unha bacteria. Pero esta proteína prodúcese normalmente e no cambio regulado polas hormonas, polo que seus niveis cambian durante o ciclo estral e apágase no embarazo e outras ocasiones como por exemplo a menopausia.
Algúns deses momentos nos que a bacterIa é menor correlaciónanse con que as mulleres son máis susceptibles ás infeccións de transmisión sexual, polo que este podría ser un importante vínculo cas novas oportunidades terapéuticas. A bacterias segue normas distintas ás proteínas inmunomoduladoras normais, algo que tamén podería ser importante para as vacinas e a forma na que están formuladas para aumentar a nosa inmunidade protectora.
Como esta proteína aumenta as respostas inmunes femininas do tracto reproductivo, é probable, que este descubrimento sexa importante para outras enfermidades infecciosas, como o VIH e o VPH. Non obstante, o siguiente paso será traballar hacia os estudos clínicos nos próximos cinco anos e ver se este traballo pode ser aplicado a outras enfermidades coma o cáncer, os trastornos do aparato reproductor feminino, incluíndo a endometriosis e a enfermidade inflamatoria pélvica, así como de outras patoloxías non relacionadas co aparato reproductor.
Sandra Piñeiro Fungueiriño 1ºA
O científico Karim Nayernia e o seu grupo da Universidade de Newcastle, atoparon un método que podería axudar a comprender mellor os problemas de esterilidade dos homes estériles
Estes cietíficos conseguiron obter o que eles chaman “esperma derivado in vitro” humano. Os espematozoides foron creados nun tubo de ensaio, a partir de células nai derivadas dun embrión masculino donado de cinco días de idade, nas cales a partir de técnicas de cultivo e gracias a un marcador xenético fluorescente, os científicos de Newcastle foron quen de identificar e separar as células nai xerminais, que son as células das cales se desenrolan os óvulos e o esperma. As células xerminais que contiñan o cromosoma XY, eran capaces de reproducirse por meiosis e formar o esperma maduro.
O esperma in vitro contén as características esenciais e comúns aos espermatozoides naturais para a fertilización do óvulo. Desta maneira, o profesor Nayernia afirmou: “Practicamente todalas características específicas do esperma están presentes nas células que obtivemos. Por exemplo, o movemento coa cola, posúen cabeza, a súa información xenética e proteínas, que son importantes para o desenrolo e efectividade do esperma.”
Se o experimento avanza, un só embrión masculino, xeraría unha liña de células nai que proporcionarían unha cantidade ilimitada de esperma. Pero cal sería o problema de todo isto? A población creada a partir deste método sería toda do mesmo tamaño e forma, xa que terían o mesmo orixe xenético masculino e o mesmo cromosoma Y, para todolos fillos.
Para máis información sobre este novo achádego podedes visitar a revista ‘Stem Cells and Development’
Este tema pareceme moi interesante porque os robots poden axudarnos moito nun futuro. Durarán máis e serán mellores ca os humanos e poderán facer cousas que os humanos non poden. O estado de vida pode chegar a mellorar porque incluso poden chegar a descubrir a cura para determinadas enfermidades.
A creación de músculos artificiais está cada vez máis cerca, non son músculos calquera, senón que son moito mellores que os do ser humano. O avance foi realizado por científicos da Universidade de Texas.Estes músculos serán capaces de expandirse e contraerse en tempos bastante cortos, e teñen unha resistencia que moitos materiais envidiarían. Os músculos artificiais nanotecnolóxicos son unhas estructuras de miles de fibras nanométricas trenzadas entre sí capaces de expandirse e contraerse hasta nun 220 % en cuestión de milisegundos con tan só aplicarlle un simple voltaxe, son máis fortes que o aceiro e máis duros ca o diamante.
Éste material será lixeiro, con apenas 1.5 miligramos do material e suficiente para cubrir un área de 30 metros cuadrados.
Poden aguantar moita temperatura e tamén moi pouca, de temperatura mínima poderán chegar hasta os -196 ºC e de temperatura máxima hasta os 1538 ºC . Podrán ser utilizados en operacións extremas terrestres pero tamén en futuras misións espaciais.
Ana Collazo Davila 1ºBach
Todos vimos algunha película de dinosauros ou tivemos algún pequeno xoguete relacionado co mesmo. Mais que é o que realmente coñecemos sobre eles?
Dinosauros - Sonia Rodriguez, Ana Triñanes, Ángeles Sanchez e María Dieste 1º Bach B from mans1Bach
Elixín este tema dos medicamentos de marca e xenéricos xa que me parece moi interesante fronte o problema que estamos vivindo nestes momentos ca crise económica do noso país.
Os cidadáns do noso país están rexeitando os medicamentos de marca xa que os medicamentos xenéricos son aqueles fabricados coa mesma composición que os medicamentos de marca , son da mesma calidade pero a prezos máis asequibles.Estes medicamentos xa son coñecidos pola maioría dos pacientes do noso país.
Ó longo do ano 2012 fíxose unha entrevista os cidadáns ,e os resultados foron os seguintes:
O 92% dos cidadáns coñecen estes medicamentos pero destes medicamentos só se fian o 77% da poboación mentres que o 22% só se fían dos medicamentos de marca.
Os medicamentos xenéricos foron unha ferramenta clave para recortar o gasto farmacéutico de todos os gobernos,en España o uso destes medicamentos non está ó nivel do que os usan outros países europeos,xa que moitos cidadáns prefiren os medicamentos de marca.
O sector dos xenéricos intentou con frecuencia que os fármacos de marca non puideran baixar o seu precio tanto como eles,pero esto nunca foi aceptado ,e moito menos tendo en conta que ambos tipos de productos son equivalentes .
A pesar desto,a convivencia entre xenéricos e medicamentos de marca está chegando a un momento de certa tranquilidade xa que dentro duns anos os medicamentos xenéricos e de marca serán substituídos polos medicamentos biolóxicos,estes son proteínas que se fabrican en cultivos de células ou bacterias e non se fabrican nun laboratorio tradicional como os meditamentos ditos con anterioridade.
Para isto os medicamentos xénericos van ter que pasar grandes probas para demostrar que poden sustituír os medicamentos de marca e que os cidadáns aceptemos os novos cambios de medicamentos.
Eu na maioría das veces que teño que consumir un medicamento consumo os xenéricos,xa que fan o mesmo efecto e son a prezos máis asequibles.
Eva Blanco Vidal 1ºB