Remedio para a perda da memoria

Hoxe en día o alzheimer afecta a moita xente sobre todo de avanzada idade, facendo que estes perdan a memoria e outras capacidades da mente. Por iso os cientificos despois de tres meses de investigación deron cunha vacina contra o alzheimer.

Científicos españois diseñaron unha vacina para previr a enfermidade ou revertir as manifestacións cando xa se desarroiou tal e como puideron ver nos experimentos que fixeron con ratos tranxénicos.

imagenO doutor Ramón Cacabelos, director do proxecto presentou nunha conferencia a vacina contra o alzheimer ou tamén chamada EB-101 e toda a documentación científica pola que obtivo a patente para poder fabricala.

Estan preparados para comezar en tres ou cuatro meses cos ensaios clínicos  que poderían durar entre seis e oito anos dependendo dos requerimentos que lles faga a administración dos medicamentos nos Estados Unidos.

imagen

De momento, cos ensaios preclínicos realizados en ratos, os investigadores consideran que con esta estratexia poderiase duplicar a esperanza de vida dos pacientes con alzheimer xa que se calcula que hai uns 36 millóns de enfermos no mundo  e previse que no ano 2030 se chegue aos 66 millóns e no ano 2050 a uns 115.

Os médicos teñen posta as esperanzas nesta vacina  e noutras que se estan investigando no Xapón ou nos Estados Unidos e asi o fan ver según Cacabelos, nos ensaios cos ratos portadores das principales mutacións responsable da enfermedade nos seres humanos.

Neste modelo preventivo de vacina puidose ver que os animais inmunizados non desarrollaban a enfermidade ao largo da súa vida e tampouco sufrían trastornos inmunolóxicos, nin unha activación do sistema microbiliar, nin reacións vasculares hemorráxicas no cerebro. Ante estes resultados os investigadores destacan a importancia da prevención porque esta enfermidade soe aparecer entre os 60 ou 65 anos

Agora ben os especialistas móstranse prudentes a hora de  falar da súa administración nun futuro nos humanos. Estas foron as palabaras de Ramón Cacabelos “yo no sería partidario nunca en la enfermedad del alzheimer que aunque saquemos un fármaco o una vacuna aparentemente buena se de a granel”.

Alexandra Piñeiro Saavedra 1ºBach A