Empecemos a coñecer aos antepasados: Australopithecus

” Durante o primeiro 99,9999% da nosa historia como organismos, estivemos na mesma liña ancestral que os chimpancés. Non se sabe practicamente nada da prehistoria  dos chimpancés pero fosen o que fosen, éramolo nós. Logo, hai uns sete millóns de anos sucedeu algo importante. Un grupo de novos seres saíu dos bosques tropicais de África e empezou a moverse pola sabana. Tratábase dos australopitecinos e, durante os cinco millóns de anos seguintes serían a especie de homínidos dominante no mundo”.

Bill Bryson, Unha breve historia de case todo

O Australopithecus máis coñecido e Lucy. Imos ver como podería ser a vida dos Australopithecus en familia.




 

2009 Ano Darwin

imagen

Charles Darwin, naceu en 1809 e en 1859 publicou o libro que cambiaría para sempre o estudo da vida na Terra. Gustariavos lelo en versión orixinal? Mesmo na súa primeira edición?. Si? pois adiante coa Orixe das Especies. O vídeo que tedes a continuación resume os fundamentos da Teoría da Evolución por Selección Natural de Darwin. Cales son? Darwin é consciente dalgúns puntos débiles da súa teoría evolutiva. Poderiades sinalar polo menos un?


 

Pero, quen inventou a bioloxía? Lamarck?

imagen

Pois si, foi o naturalista francés Jean-Baptiste de Lamarck. Dixo, máis ou menos, algo así:

 ”Todo o que é xeralmente común aos vexetais e aos animais, así como tódalas facultades propias de cada un destes seres, sen excepción ,debe constituír o único e amplo obxecto dunha ciencia particular que aínda non está fundada e a que eu lle daría o nome de bioloxía”.

Lamarck foi ademais o primeiro en defender, con base científica, unha teoría da evolución.  En 1809, ano do nacemento  de Darwin, publicou o libro Filosofía Zoolóxica, no que deu a coñecer as súas ideas. Este naturalista cría que o medio xeraba necesidades, estas necesidades conducían ao desenvolvemento dos órganos utilizados e á  atrofia dos  non utilizados. Cría tamén que a modificación dos órganos conseguida durante a vida dun individuo transmitíase aos seus descendentes.  Coñecedes de sobra a evolución do pescozo das xirafas segundo Lamarck. Poderíades precisar a necesidade que xera o medio neste caso? Como se consegue a modificación do órgano? Que ocorre finalmente con esa modificación?

 

O HOME DE NEANDERTHAL. QUÉ OCORREU?

 

imagen

Dende que o home se desenvolveu como especie pensadora ten a firme crenza de que o Homo Sapiens é a especie máis evolucionada. Pertencemos á única especie que cobrou conciencia de si mesma e que se formula preguntas existenciais, e iso califícanos como a especie co cerebro máis evolucionado. O curioso é que non sempre foi así. Hoxe somos a única especie denominada Homo que segue viva e non se extinguiu. A última especie deste xénero que se extinguiu parece ser o Homo Florensis, ou “Hobbit” como o denominan algúns a raíz do parecido deste coa especie inventada polo escritor británico J.R.R. Tolkien. Non obstante, a pesar de ser a especie Homo cumio da evolución, recentes descubrimentos demostran que houbo un momento no que convivimos cunha especie mesmo máis avanzada ca nós en certos aspectos, o home de neandertal. Esta especie posuía unhas magníficas calidades para a caza, organizábanse e ademais tiñan un cerebro maior que o noso. Existe unha grande división de opinións respecto á superioridade dunha especie fronte á outra. Algúns científicos defenden que o Homo Neanderthalensis era máis evolucionado que o Homo Sapiens, outros científicos defenden a tese oposta. A crenza máis estendida é que ambas as dúas especies proveñen dun antecesor común, o Homo Antecessor. A partir de aí ámbalas dúas especies evolucionaron por diferentes camiños. Os neandertales eran homes moi corpulentos e musculosos, tiñan un perímetro cranial bastante superior ao do Homo Sapiens, co cal o seu cerebro estaba dotado dunha maior masa encefálica. Os neandertales estaban adaptados ao frío extremo, posuían unhas extremidades algo máis curtas, como se pode observar hoxe nos habitantes do ártico. A principal diferenza dos neandertales a simple vista era unha curvatura bastante pronunciada sobre os ollos. Existe a crenza de que puido haber un encontro entre ambas as dúas especies, e mesmo procreación entre diferentes membros destas. Non obstante, a pesar de ser unha especie tan evolucionada como o Homo Sapiens, extinguiuse. Descoñécese o motivo de dita extinción, pero crese que a nosa especie puido transmitir unha enfermidade que levou á extinción ao Homo Neanderthalensis, unha enfermidade ante a cal o seu organismo non estaba preparado. Isto, claro, é soa unha suposición. O que demostran os recentes descubrimentos é que non somos o cumio da evolución, e que debemos de deixar de mirarnos o embigo, ser humildes e seguir investigando.

 

A CIENCIA DO SOÑO

Aquí podemos ver unha caricatura de Galileo Galilei observando o ceo.

Soñar é unha das actividades inconscientes que o ser humano realiza dende o principio dos tempos. O soño caracterízase como o desexo de algo que non conseguimos. O desexo de mellorar. O coñecemento é un desexo que o home sedentario empezou a sentir en canto colleu conciencia de si mesmo. O desexo de saber e explorar levou ao home a ir en busca dun soño, ser coñecedor de toda a realidade que o rodea, e sobre todo, coñecer o porqué da vida. Miles de anos sepárannos daqueles primeiros pensadores, non obstante, unha das principais preocupacións de moitos segue sendo a mesma, ¿por que existimos? Algúns dan por resolta a discusión cunha resposta xeral, Deus creouno todo e creou o home á súa imaxe e semellanza. Esta crenza, sendo tan respectable como calquera outra, mantivo estancada a investigación durante moito tempo, impedindo o xurdimento doutros avances e descubrimentos. Un grande científico chamado Galileo Galilei estivo a punto de perder a súa vida por dicir unha verdade que hoxe todos coñecemos. Contra o que os seus xuíces pensaban naquel momento, Galileo só intentaba continuar con aquel soño, entregou a súa vida enteira para ensinar ao mundo que estaba equivocado. Anos despois da súa morte demostrouse que tiña razón. Moitos homes dedicaron a súa vida á investigación, á exploración. Eles, na súa busca por coñecer fixeron posibeís moitos avances que hoxe tratamos como obviedades, pero que no seu momento constituíron unha revolución do saber. Aínda non coñecemos máis que unha ínfima parte do universo que nos rodea. A nosa busca só acaba de comezar.

 

Co que estamos aprendendo de astronomía…

….temos que ilo deixando e pasar ao tema seguinte. Aínda que continuaremos pendentes de tódalas noticias que nos cheguen do espacio. Mais, antes de rematar,  imos botar unha ollada a algúns acontecementos do futuro, sobre os que temos falado en clase. Nomeadamente o choque entre a Vía Láctea e a galaxia de Andrómeda, a desaparición da Terra arrasada polo sol, e a desaparición dos humanos antes de tempo polos nosos propios “méritos”. Xa sabedes, sen deprimirnos que ao mellor os nosos descendentes son suficientemente agudos para superar estas pequenas dificultades e buscar refuxio ao calor de novas estrelas.

O choque entre a Vía Láctea e Andrómeda:


A desaparición da Terra arrasada polo Sol:


A desaparición prematura da nosa especie:


 

O Universo Invisible

Lembrades o artigo de Alicia Rivera, que lestes, resumistes e comentastes? Nel nos falaba da observación espacial utilizando telescopios que captan radiacións electromagnéticas invisibles aos nosos ollos, como a radiación infravermella, a radiación  ultravioleta ou os raios X. Esta clase de telescopios deben situarse no espacio porque a nosa atmosfera é practicamente opaca a estas radiacións.

Por outra banda, tamén nos sorprendeu saber que a inmensa maioría do Universo estaba formado por materia escura. que non podiamos ver con ningún tipo de telescopio.  Imos ver un vídeo relacionado con este tema:


 

As distancias no Universo

Estes días falamos de dúas unidades de distancia no Universo: as unidades astronómicas e os ben

coñecidos anos-luz . Unha unidade astronómica equivale a 150 millóns de km, un ano luz equivale

aproximadamente  a 10 billóns de km. Difícil de imaxinar, verdade? A ver se esta presentación nos

achega un pouco máis ás distancias do Universo. A continuación hai unha presentación que explica

as investigacións que se van levar a cabo no LHC.

Para entender esta última parte tedes que prestar moita atención porque está en inglés.

 

A contaminación nos mapas de Google

Neste artigo publicado en El País do 08/10/2008 infórmase da de que xa é posible os usuarios poidan controlar os niveis de contaminación atmosférica utilizando o Google Maps. Esta nova ferramenta foi presentada durante o Congreso de biodiversidade celebrado on Barcelona e é utilizable nas cidades españolas con máis de 50.000 habitantes. O sistema pronostica a calidade do aire para as 72 horas seguintes, incluíndo as emisións do tráfico, da industria e as bioxénicas mediante un código de catro cores. Ademáis, os mapas serán cedidos  ás ONG e institucións sen á nimo de lucro.Tamén Intermón Oxfam colgou os  seu traballo mapas onde avalía a situación da hixiene e o saneamento do auga en 18 países.Expresade a vosa opinión acerca das posibles contribucións destas medidas á reducción da contaminación.Actividade proposta: Utilizando o Google Earth compara os dados de contaminación e hixiene e saneamento nun núcleo de 50.000 habitantes e outro e unha grande urbe e que conclusións sacas.

imagen

 

E nisto chegou Stanley Miller

Como xa dixen, non vos criades a síntese prebiótica. Mesmo alguén exclamou: iso si que nunca se poderá demostrar! Pero ai estaba o experimento de Miller. A que non o esperabades?Ímolo repasar contado por Carl Sagan.


Para rematar, a historia dunha bacteria que nos ensina que a vida é teimuda e se empeña en saír adiante nas condicións máis difíciles. Presentámosvos á chamada bacteria do centro da terra Desulforudis audaxviator. Por certo, os futuros especialistas en grego e latín, a ver se nos traducides este curioso nome, e os demais intentade  atopar algunha pista no artigo!