O HOME DE NEANDERTHAL. QUÉ OCORREU?

 

imagen

Dende que o home se desenvolveu como especie pensadora ten a firme crenza de que o Homo Sapiens é a especie máis evolucionada. Pertencemos á única especie que cobrou conciencia de si mesma e que se formula preguntas existenciais, e iso califícanos como a especie co cerebro máis evolucionado. O curioso é que non sempre foi así. Hoxe somos a única especie denominada Homo que segue viva e non se extinguiu. A última especie deste xénero que se extinguiu parece ser o Homo Florensis, ou “Hobbit” como o denominan algúns a raíz do parecido deste coa especie inventada polo escritor británico J.R.R. Tolkien. Non obstante, a pesar de ser a especie Homo cumio da evolución, recentes descubrimentos demostran que houbo un momento no que convivimos cunha especie mesmo máis avanzada ca nós en certos aspectos, o home de neandertal. Esta especie posuía unhas magníficas calidades para a caza, organizábanse e ademais tiñan un cerebro maior que o noso. Existe unha grande división de opinións respecto á superioridade dunha especie fronte á outra. Algúns científicos defenden que o Homo Neanderthalensis era máis evolucionado que o Homo Sapiens, outros científicos defenden a tese oposta. A crenza máis estendida é que ambas as dúas especies proveñen dun antecesor común, o Homo Antecessor. A partir de aí ámbalas dúas especies evolucionaron por diferentes camiños. Os neandertales eran homes moi corpulentos e musculosos, tiñan un perímetro cranial bastante superior ao do Homo Sapiens, co cal o seu cerebro estaba dotado dunha maior masa encefálica. Os neandertales estaban adaptados ao frío extremo, posuían unhas extremidades algo máis curtas, como se pode observar hoxe nos habitantes do ártico. A principal diferenza dos neandertales a simple vista era unha curvatura bastante pronunciada sobre os ollos. Existe a crenza de que puido haber un encontro entre ambas as dúas especies, e mesmo procreación entre diferentes membros destas. Non obstante, a pesar de ser unha especie tan evolucionada como o Homo Sapiens, extinguiuse. Descoñécese o motivo de dita extinción, pero crese que a nosa especie puido transmitir unha enfermidade que levou á extinción ao Homo Neanderthalensis, unha enfermidade ante a cal o seu organismo non estaba preparado. Isto, claro, é soa unha suposición. O que demostran os recentes descubrimentos é que non somos o cumio da evolución, e que debemos de deixar de mirarnos o embigo, ser humildes e seguir investigando.

 

Tags: