Ébola

Provén do Río Ébola (Congo) onde foi identificado en 1976 por culpa dunha epidemia. O xenoma do virus é unha molécula de ARN monocatenario lineal de polaridade negativa coa información codificada para sete proteínas estruturais que forman o virón. O virus transmítese por contacto directo con líquidos corporais infectados como o sangue, a suor, os oríns ou os vómitos. A causa do caso é descoñecida. O período de incubación varía de 2 a 21 días, o máis normal é de 5 a 12 días. O reservorio do virus Ébola podería ser un tipo de morcego da froita. O virus está vivo en África.  En 1976 morreron arredor do 85% dos infectados. Os síntomas son variados: febre alta, postración, mialxia, artralxia, dor abdominal e cefalea. En unha semana, unha erupción hemorráxica cobre todo o corpo. As hemorraxias preséntanse xeralmente dende o tubo gastrointestinal, facendo que o infectado sangue tanto pola boca como polo recto. O índice de mortalidade é alto, e os pacientes morren xeralmente por pérdida de sangue.

O virus do Ébola non ten cura e ningún tratamento específico. O tratamento que se utiliza na actualidade é manter a vida da persoa mediante métodos de resucitación (respiración artificial, evitando o RCP pois o virus é contaxioso pola saliva) e controlar as hemorraxias na medida do posible. En canto a unha vacina, realízanse investigacións que se complican porque aínda non se coñecen tódalas proteínas do virus e porque hai poucos laboratorios preparados para un virus coma este.

Existen mitos sobre o ébola: o virus mata tan rápido que non ten tempo a expandirse. As vítimas morren moi cedo  despois do contacto co virus. A realidade é que o período de incubación é dende 2 a 21 días. O tempo medio dende a aparición dos primeiros síntomas ata a morte vai dende os tres ata os 21 días, cunha media de sete días.

Este virus é hoxe en día moi famoso no mundo facendo a súa aparición en diversos libros (Biohazard de Ken Alibek, Executive Orders de Tom Clancy, En el blanco de Ken Follet…), en películas e series (Estalido, protagonizada por Dustin Hoffman e en CSI) e en varios videoxogos (Resident evil e Trauma Center: Under the knife)

 

“A enorme contribución de Pedro Alonso na loita contra a malaria ou paludismo”

imagen

        O doutor Pedro Alonso, que dende hai doce anos dedica tódolos seus esforzos a combater a malaria, asegura que esta enfermidade “é o paradigma da pobreza”, xa que é á vez “consecuencia e causa” de que moitos países arrastren unha carga de subdesenvolvemento que “nin moral nin politicamente é aceptable” en pleno século XXI.

Alonso dirixe xunto á súa esposa Clara Menéndez a Investigación en Saúde de Manhica, en Mozambique, galardoado este ano co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional xunto ós de Kintampo (Ghana), Ifakara (Tanzania) e o Centro de Investigación e Formación sobre a Malaria de Mali, cos que mantén unha “estreita” colaboración.

Mozambique, é considerado un “lugar quente” para esta enfermidade que mata en África  máis dun millón de persoas ó ano. O doutor sinalou que, en xeral,  a malaria supón unha “enorme lousa” para o desenvolvemento económico e social dalgúns países e que, polo tanto, “a loita contra esta enfermidade é unha loita a favor do seu progreso”.

 

O SRAS

Fai algúns anos escoitamos falar en China dunha enfermidade con milleiros de afectados aínda que descoñecida ata aquel momento.

Estamos a falar do SRAS (Síndome Respiratorio Agudo Severo) que a OMS rexistrou na primavera do 2003 como nova enfermidade. Foi unha verdadeira epidemia que afectou a varios países pero de maneira máis grave a China, causando case 700 mortos dos miles de afectados pola enfermidade. Naqueles días non era difícil atoparse en Hong Kong a centos de persoas con máscaras pola rúa. E é que esta enfermidade non ten unha clara forma de transmisión pero críase que podería ser polo contacto directo coa persoa infectada. Ata que se comezou a investigar a enfermidade non se distinguían os síntomas do SRAS de calquera outra enfermidade: febre alta, dores de cabeza, tose seca,…

O avance da enfermidade era xigante e era difícil atopar unha solución rápida: cada día que pasaba morrían dez ou vinte afectados. Tomáronse medidas coma o illamento dos infectados aínda que as autoridades sanitarias recomendaban o uso de máscaras para as persoas non infectadas que circulaban por lugares públicos como a rúa, os autobuses ou os metros.

imagen

 A eficacia dos medios de comunicación (televisión, revistas médicas, radio,…) serviu para que a poboación civil tomara conciencia dos perigos da enfermidade e como facer para estar previstos ante un posible contaxio. Isto supuxo un claro exemplo de como sería unha epidemia no século XXI e como a xente estaría preparada grazas á importante labor dos medios de comunicación.

Polo momento non se dispón dun tratamento específico para o SRAS nin de ningunha vacina pero trátase ós afectados co mesmo tratamento que unha neumonía atípica.

 

Vaia gripallada!!!!

 

A gripe española de 1918, tamén chamada O Pesadelo ou A Cascuda, foi unha pandemia de gripe de moitísima gravidade, causada por un virus que matou entre 50 e 100 millóns de persoas de todo o mundo.

Crese que a orixe desta pandemia está en Kansas, Estados Unidos. Os aliados da Primeira Guerra mundial puxéronlle este nome porque en España, a prensa fíxolle máis caso que en outros lugares do mundo.

Para o estudo desta pandemia, os científicos emplearon texidos de víctimas conxeladas, e unha das conclusións que se sacaron foi que o virus mata a causa dunha tormenta de citocinas.

 

imagen

Estímase que padeceron esta gripe a redor do 20% do toda a población mundial. Puido matar a 25 millóns de persoas en 25 semanas, mentres que o SIDA matounas en 25 anos.

A Primeira Guerra Mundial axudou a que esta enfermidade se estendese, pois a cercanía dos cuartéis e os movementos masivos de tropas favoreceron a súa propagación.

Fixéronse numerosos experimentos para reconstruír este virus a partir do virus inicial, para comprender a forte virulencia desta gripe.

Algunhas das víctimas máis famosas desta gripe foron Guillaume Apollinaire, o neto da emperatriz Sissi, Franz Kart Salvador ou Harold Lockwood entre outros.

 

A tuberculose

  A “tuberculose” - tamén chamada tise pulmonar ou “doenza do peito” - é unha das doenzas infecciosas documentadas desde a máis longa antigüidade e que continúa a aflixir a humanidade hoxe en día. Estímase que a bacteria causante evolucionou hai 15.000 ou 20.000 anos, a partir doutras bacterias do xénero Mycobacterium.           

  O causante da tuberculose (máis precisamente, da tuberculose pulmonar) é o Mycobacterium tuberculosis (MTB) tamén coñecido como bacilo de Koch, en homenaxe ao seu descubridor, o médico alemán Heinrich Hermann Robert Koch. É un bacilo (bacteria en forma de bastón) que pode resistir a desinfectantes débiles e pode sobrevivir en medio seco durante semanas, porén, só consegue desenvolverse no organismo dun hospedador.

                     Grupos de Mycobacterium tuberculosis poden ser vistos nitidamente neste cultivo.

Grupos de Mycobacterium tuberculosis

poden ser vistos nitidamente neste cultivo.

 

  Por conta dos seus variados síntomas, a tuberculose non era identificada como unha única doenza ata á segunda década do século XIX, e non era chamada de tuberculose ata ser bautizada en 1839 por X.L. Schoenlein. Algunhas formas da doenza probabelmente eran coñecidas deste a Grecia antiga. Koch presentou un extracto de glicerina co bacilo da tuberculose como un “remedio” para a doenza en 1890, chamándoo  tuberculina. Este remedio non foi eficaz, porén, foi máis tarde adaptado por von Pirquet para un teste para tuberculose presintomática.  O primeiro suceso xenuíno de vacinación contra a tuberculose foi desenvolvido a partir de liñaxes atenuadas da tuberculose bovina, e criado por Albert Calmette e Camille Guerin en 1906.

  A tuberculose causou enorme preocupación pública no século XIX e no inicio do século XX, como a doenza endémica entre as clases pobres das cidades. Na Inglaterra de 1815, unha entre catro mortes eran debido á tísica pulmonar; por volta de 1918, unha de cada seis mortes en Francia aínda era causada pola tuberculose. Despois de ter ficado claro, por volta de 1880, que a doenza era contaxiosa, a tuberculose se tornou unha doenza de notificación obrigatoria na Gran Bretaña.

  É unha das máis importantes doenzas infecciosas actuais, que ata hoxe afecta a millóns de seres humanos, e despois do xurdimento da SIDA/AIDS  a súa diseminación voltou a medrar.

 

A Malaria

A Malaria é unha enfermidade causada por un parasito do xénero Plasmodium. Hai máis de 150 especies Plasmodium, pero de elas só catro poden infectar ao home, como o Plasmodium falciparum ou o Plasmodium vivax.

É un problema global que afecta a máis de 100 países, a metade da poboación mundial vive en risco de adquirila. A cada minuto que pasa de 3 a 5 nenos morren desta enfermidade, cada ano mata tanta xente como a sida matou durante os últimos 15 anos.

Transmítese pola picadura dun mosquito do xénero Anopheles infectado por un Plasmodium. Soamente as femias se alimentan da sangue polo que son as responsables da transmisión da enfermidade. Cando o mosquito pica a unha persoa, os paraitos multiplícanse no tubo dixestivo e desenrólanse nas glándulas salivares.

O primeiro síntoma desta enfermidade é a febre, produto da destrución de glóbulos vermellos, e pode chegar facilmente aos 41º.

A malaria pode complicarse máis. Existe a malaria cerebral, que é forma máis temida da enfermidade, a vítima queda en coma e se esperta del pode quedar con danos cerebrais permanentes. A persoa contaxiada pode morrer 24 horas despois de presentar os primeiros síntomas, é dicir , antes de poder chegar ao médico. outra complicación é a anemia, que se da pola destrución dos glóbulos vermellos, e supón un grave risco para a vida da persoa que a padece. Tamén se poden dar falla renal ou pulmonar.

As mulleres embarazadas están máis expostas a complicacións, porque o sistema inmune está máis debilitado. Teñen 4 veces máis posibilidades de coller unha malaria cerebral. A metade das mulleres sobrevive pero a febre extrema provoca abortos espontáneos.

Existen métodos para evitar a malaria pero ningún deles pode resultar totalmente efectivo. A veces, a pesar de tomar os medicamentos profilácticos precisos adecuadamente non se evita collela.

mosquito da malaria

 

Dia mundial dos humidais

imagen

O 2 de febreiro celébrase o día mundial dos humidais e o IES Praia Barraña, construido á beira das marismas do Río Coroño, non pode pasar por alto esta data.

O Convenio Ramsar é un tratado internacional que pretende a conservación e a utilización sostible dos humidais procurando evitar a degradación e a perda das zonas húmidas, na actualidade e no futuro, recoñecendo as funcións ecolóxicas fundamentais destes así como o seu valor económico, cultural, científico e recreativo
Na Ría de Arousa temos dous humidais incluidos no Convenio Ramsar, o Complexo intermareal Umia-Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lago Bodeira e o Complexo das Praias, Dunas e Lagoas de Corrubedo. En Galicia existen outros tres humidais incluídos neste convenio.

 

UN FÍSICO DE PARTÍCULAS NO IES PRAIA BARRAÑA

imagen

O pasado venres, 30 de xaneiro tivemos o privilexio de que un antigo alumno do centro, o profesor da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, Juan José Saborido Silva nos impartise unha conferencia sobre física de partículas. A actividade foi organizada polo Departamento de Física e Química. Dun xeito ameno, Juan que fixo a súa Tese de Doutoramento no CERN, ofreceunos a visión e o coñecemento dun especialista sobre algúns dos conceptos que estudamos ao principio do curso, como quarks, hadróns, bosóns, ou bosón de Higgs. Así viaxamos outra vez ao mundo misterioso que se atopa no interior dos átomos.

 

As pandemias históricas

Ao longo da historia producíronse numerosas enfermidades que afectaron a grandes masas de xente, provocando unha merma demográfica, as pandemias.Todas elas foron causadas causadas pola domesticación de animais, tales como a viruela ou a tuberculose.Estas provocaron a destrución de cidades enteiras:

-A peste antonina foi un tipo de variola que se desenrolou en Oriente Próximo e matou a unha de cada catro persoas afetadas e en total a 5000000 millóns de persoas no século dous.

-A peste de Justiniano foi o primeiro brote de peste bubónica.Comezou en Exipto matando 10000 persoas por día.Destrueu aproximadamente a cuarta parte dos habitantes do Mediterráneo Oriental.

-A peste negra comezou no século XIV.Matou a vinte millóns de europeos,unha cuarta parte da poboación total e case a metade nas zonas urbanas máis afecadas.

-A cólera foi unha pandemia moi repetitiva ao longo da historia.Houbo aproximadamente sete grandes pandemias que afectaron a todos os continentes agás ao continente africano.

-A gripe española foi unha cepa moi mortífera que se expandeu por todo o mundo.Matou a 25 millóns de persoas en só seis meses.Os países nos que as mortes foron máis notables foron a India,Inglaterra e EEUU.

Sen dúbida estas foron as pandemias máis destacables e mortíferas da historia,pero a pesar diso hai moitas máis que afectaron a merma demográfica a menor escala. Por exemplo,o tifus que era unha das enfermidades epidémicas que máis se desenrolaba no tempo de guerra.

(Engadimos unha serie de imaxes dos principais xermes que causaron as epidemias)


 

Que chasco para los Estados Unidos:Plutón dejó de ser planeta

[foto de la noticia]

Plutón ha dejado de ser considerado un planeta, por lo que el Sistema Solar pasa de tener nueve planetas a tener ocho.

Este planeta que fue descubierto hace 76 años por el científico estadounidense Clyde Tombaugh (1906-1997), ha sido objeto de disputa desde hace décadas, sobre todo debido a su tamaño, que fue reducido año tras año y que ha sido establecido ahora en 2.300 kilómetros de diámetro.

Otro argumento en contra de Plutón es la forma poco ortodoxa de su órbita, cuya inclinación no es paralela a la de la Tierra y a los otros siete planetas del Sistema Solar.

Una vez aprobada por unanimidad la definición de planeta , los expertos han resuelto que los planetas en nuestro Sistema Solar se definen en tres categorías, de la siguiente manera:

Primera categoría: Un planeta es un cuerpo celeste que está en órbita alrededor del Sol, que tiene suficiente masa para tener gravedad propia.

Segunda categoría:Un planeta enano es un cuerpo celeste que está en órbita alrededor del Sol, que tiene suficiente masa para tener gravedad propia para superar las fuerzas rígidas de un cuerpo.

Tercera categoría: Todos los demás objetos que orbitan alrededor del Sol son considerados colectivamente como ‘cuerpos pequeños del Sistema Solar.

Plutón, descubierto en 1930, pierde así su condición de planeta, y continúa integrando el Sistema Solar como ‘planeta enano’.