Ébola

Provén do Río Ébola (Congo) onde foi identificado en 1976 por culpa dunha epidemia. O xenoma do virus é unha molécula de ARN monocatenario lineal de polaridade negativa coa información codificada para sete proteínas estruturais que forman o virón. O virus transmítese por contacto directo con líquidos corporais infectados como o sangue, a suor, os oríns ou os vómitos. A causa do caso é descoñecida. O período de incubación varía de 2 a 21 días, o máis normal é de 5 a 12 días. O reservorio do virus Ébola podería ser un tipo de morcego da froita. O virus está vivo en África.  En 1976 morreron arredor do 85% dos infectados. Os síntomas son variados: febre alta, postración, mialxia, artralxia, dor abdominal e cefalea. En unha semana, unha erupción hemorráxica cobre todo o corpo. As hemorraxias preséntanse xeralmente dende o tubo gastrointestinal, facendo que o infectado sangue tanto pola boca como polo recto. O índice de mortalidade é alto, e os pacientes morren xeralmente por pérdida de sangue.

O virus do Ébola non ten cura e ningún tratamento específico. O tratamento que se utiliza na actualidade é manter a vida da persoa mediante métodos de resucitación (respiración artificial, evitando o RCP pois o virus é contaxioso pola saliva) e controlar as hemorraxias na medida do posible. En canto a unha vacina, realízanse investigacións que se complican porque aínda non se coñecen tódalas proteínas do virus e porque hai poucos laboratorios preparados para un virus coma este.

Existen mitos sobre o ébola: o virus mata tan rápido que non ten tempo a expandirse. As vítimas morren moi cedo  despois do contacto co virus. A realidade é que o período de incubación é dende 2 a 21 días. O tempo medio dende a aparición dos primeiros síntomas ata a morte vai dende os tres ata os 21 días, cunha media de sete días.

Este virus é hoxe en día moi famoso no mundo facendo a súa aparición en diversos libros (Biohazard de Ken Alibek, Executive Orders de Tom Clancy, En el blanco de Ken Follet…), en películas e series (Estalido, protagonizada por Dustin Hoffman e en CSI) e en varios videoxogos (Resident evil e Trauma Center: Under the knife)