Un investigador galego encontra unha hormona que podería usarse como diana contra a obesidade.

Un estudo liderado dende a Universidade de Santiago polo doutor Rubén Nogueiras, Integrante da Sociedade Española para o Estudo da Obesidade, coa colaboración doutros laboratorios nacionais e internacionais, descubriu que a hormona concentradora de melanina (un péptido que estimula o apetito) pode regular o mecanismo do fígado e a graxa a través do cerebro sen afectar a inxesta de alimentos nin ao gasto enerxético.

A  investigación publicada na revista Gastroenterology, comenta que esta proteína pode ser utilizada como diana terapéutica contra a obesidade. O traballo realizado en ratas, demostra  segundo Rubén Nogueiras que a activación desta hormona en determinadas áreas do cerebro regula de maneira selectiva o que ocurre co tecido adiposo.

O feito de que o efecto desta hormona, que é producida polo hipotálamo, incremente a cantidade de graxa no tecido adiposo blanco e no fígado non só afecta á obesidade, senon tamén a diabetes, xa que canto maior sexa a cantidade de grasa almacenada nestes órganos, máis resistencia se ofrece á insulina.

imagen

Sandra Romero. 1º Bach D

 

Sabemos quen somos pero o que non sabemos é de onde vimos

Eliximos este tema “A formación da vida´´  porque nos pareceu moi interesante xa que non sabíamos como nos formamos ó longo da vida,ahora  xa sabemos un pouco máis sobre as nosas vidas polo tanto aprendemos moito facendo este traballo.

Ana Collazo Davila, Carla Hoyos Fontaine, Jessica Videla Outeiral e Eva Blanco Vidal 1ºB

 

Un ‘marcapasos’ no cerebro para tratar a anorexia severa

A técnica coñecida como estimulación profunda do cerebro (DBS), que consiste nun dispositivo similar a un marcapasos que se implanta no cerebro do paciente, podría axudar as persoas con anorexia severa que non se han beneficiado de oitros tratamentos. A métade dos pacientes dun novo estudo con este método mostraron melloras no seu estado de ánimo e índice de masa corporal (IMC), o que leva os investigadores a esperar que ensayos máis grandes confirmen a eficacia de esta técnica no tratamento de pacientes con anorexia severa.

DBS utilizase actualmente para o tratamento de varios trastornos neurolóxicos, incluindo a enfermidade de Parkinson e o dolor crónico, e se están a realizar investigacións sobre o seu uso para o tratamento de oitros trastornos, como a depresión ou a epilepsia, pero esta é a primeira vez que se utilizou para tratar a pacientes con anorexía grave que non han respondido a oitros tratamentos. Aínda que o tratamento require ciruxía, é mínimamente invasiva e completamente reversible.

Unha vez que o área objetivo identificouse, implantaronse os electrodos e conectaronse a un xenerador de impulsos, que se pon baixo a pel. O dispositivo activouse dez días despois de haber sido colocado e os científicos mediron coidadosamente os cambios agudos no estado de ánimo dos pacientes e os niveis de ansiedade para determinar o nivel correcto de estimulación.

 

Reportaxe: Historia dunha ex drogadicta


Fabiola Piñeiro, Sheila Pouso, Patricia Rodríguez. 1º Bach D.

 

A NASA confirma o perigoso acercamento dun cometa a Marte

imagen

Os astrónomos permanecen atentos ao cometa 2013 A1, máis coñecido como Siding Spring, xa que existe a posibilidade de choque brutalmente contra a superficie de Marte en outubro de 2014. Os expertos cren que o cometa acercarase a Marte a unha distancia de 109.200 kilómetros, segundo o calculado tras realizar observacións durante 74 días. Sin embargo, advirten que estos resultados son preliminares, xa que non se pode facer unha predición con tal antelación. O cometa chocaría con Marte a unha velocidade moi elevada de 56 quilómetros por segundo e enerxía de impacto equivalente a 20 mil megatons. No lugar dunha colisión formaría un cráter 500 km de anchura e 2 km de profundidade. Os científicos explican que un evento desta magnitude podría eclipsar o famoso bombardeo de Xúpiter por fragmentos do cometa Shoemaker-Levy 9 desintegrado en xullo de 1994, que se estima que tiña 15 km de diámetro. Neste caso, a sonda Mars Reconnaissance Orbiter nave espacial (MRO) en Marte desde 2006, pode capturar imaxes espectaculares en alta resolución. Os científicos xeneraron a trayectoria do Siding Spring en base ós datos obtidos por observacións desde outubro de 2012. A posibilidade de impacto en Marte non pode excluirse, sin embargo, esa probabilidade é, actualmente, menor de unha entre 600, polo que futuras observacións poden descartar por completo a colisión. Durante a aproximación a Marte, o cometa non podrá ser contemplado a simple vista desde a Terra, pero pode chegar a ser o suficientemente brillante (ao redor de magnitude 8 ) para ser visto desde o hemisfero sur con binoculares ou telescopios pequenos. Os científicos cren que Siding Spring realizou unha viaxe de máis dun millón de anos, procedente da distante nube de Oort do noso Sistema Solar. O cometa podría conter gases volátiles dos que os cometas de periodo corto solen carecer debido ós seus frecuentes regresos á vecindade do Sol. O astrónomo Rob McNaught descubriu o cometa Siding Spring o 3 de Xaneiro de 2013 desde o observatorio de Siding Spring en Australia.

 

Científicos rusos atopan vestixios dunha bacteria descoñecida na Antártida

Nas mostras de auga do lago subglacial Vostok ( Antártida ), - descuberto en 1996 e que está nun casquete de 4 quilómetros de espesor que segundo dín é a reserva acuífera máis antiga e pura da Terra e segundo estudos leva illado da biosfera máis de 20 millóns de anos, ademais de ser dos máis grandes da Terra ( 300 km de longo e 50 km de ancho ) - recollidas o ano pasado por un grupo de científicos rusos encontrouse ADN dunha bacteria inédita ata ahora. Así o afirmou á axencia RIO-Nóvosti o xefe da expedición, Valeri Lukín.

abci_cientificos_rusos_hallan_vestigios_201303080949.jpg

Gráfico do lado Vostok

Este feito podería dar información trascendental sobre a evolución da vida na Terra . O xefe sósten  que descubriron unha nova especie, pero para asegurarse teñen que estudar as mostras de auga pura, pero quere destacar que o que colleu foi ADN, non bacteria viva. Segundo os posteriores estudos non se puido encontrar, nin sequera, os descendentes xenéticos da bacteria.

 Lake_Vostok_Sat_Photo_color.jpg

Vista do lago dende o espazo. Foto: NASA

;

Samuel Dasilva Nieto 1ºBach.D

 

A obesidade e o exceso de peso no mundo

Saray Mariño Moraña.
Miriam Santiago Armental.
Alejandro Crujeiras Vidal.

 

Combater o cancro co VIH

Son as palabras que pronunciou unha familia cuxa filla padecía unha leucemia moi severa e á quen a quimioterapia non lle facía efecto despois de dous largos anos combatendo o cancro

A única opción que tiña a nena era un tratamento experimental descuberto por científicos de Pensilvania.

Este tratamento consiste en emplear unha variante neutralizada do virus VIH.

-Primeiro manipularíase dito virus desactivando algúns dos seus xenes e introducíndolle xenes de rato, de humano, de vaca ou outros animais.

-A continuación reprogramaríanse un tipo de glóbulos brancos que son vitais para a nosa resposta inmunitaria ( células T) extraendo millóns de estas  exponéndoas ó VIH inactivo.

Logo inxectándolles o novo material xenético. Cando estas se devolven ó corpo, atacan as células Bimagen

-Finalmente  administraríase por vía intravenosa inmunoglobulina ( un anticorpo), que permite que a persoa poida vivir sen as células B sás. A esperanza é que este tratamento sustitúa ó trasplante de médula ósea. Polo momento só se plantea en pacientes que non responden á quimioterapia. Espérase que este tratamento experimental avance moito no mínimo tempo posible.

 

 

 

Os enfermos dos que ninguén fala

 

Alexandra Piñeiro Saavedra, Cristina Suárez González e Nuria Outeiral Pais 1 Bach A

 

Futuros superheroes?

Todo o relacionado con superheroes e poderes asóciase con debuxos e ca ciencia ficción. Pero que pasaría se agora eses ‘’superpoderes’’ fosen reais?
Fai pouco apareceu o primeiro superheroe con vida, unha rata, a cal consta con un sexto sentido, o da visión en infravermellos.

Un grupo de investigadores da universidade de Duke, realizou un experimento que consistía en dar visión infravermella a ratas.
Este expereimento basouse primeiro en aprenderlles ás ratas a ir a un lugar cando unha luz LED se acendía nel. Logo os investigadores implantáronlle unha rede de electrodos na rexión sensible ó tacto do cerebro , os cales se lle conectaron a un sensor de infravermellos montado na cabeza dos animais.
Máis tarde as luces LED do principio foron sustituídas por por luces infravermellas e cando estas se encendían, as ratas respondían da mesma maneira que coas luces LED. Isto significaba que as células involucradas se adaptaban ao novo traballo conservando ambas funcións.
O ser humano non ten a capacidade de ver na escuridade, pero con este descubremento todo podería cambiar e poderíamos apreciar o que a escuridade e a noite esconde.

O obxetivo deste experimento busca conducir a novas prótesis cerebrais que restauran calquer déficit sensorial que estivese danado, é dicir, esto supón poder mellorar as condicións de vida das persoas que por calquer motivo sexa de nacemento ou por accidente, pérdese algunha capacidade sensitiva como a de non ver ven as cores, poderíaselle implantar unha destas prótesis e facer que recuperase esa capacidade. Este descubrimento podería tamén dotar de poderes de superhéroe a seres humanos, xa que poderíamos contar con raios X, ondas de radio…

imagen

Tras este descubrimento, cabe a posibilidade de que Superman si existise na realidade e tivese implantada unha prótesis no seu cerebro.

Laura García Tubío 1º Bach A