O noso maior problema non son os cartos

Agora mesmo nos medios de comunicación abundan os anuncios de partidos políticos e a crise segue a voltas por ahí. Sabendo que cada minuto morren milleiros de persoas, deberiamos dar grazas por estarmos vivos cada minuto e vivilo en condicións dignas. Deixando a superficialidade da nosa sociedade de lado, imos falar das que foron - e nalgúns casos seguen a ser - as grandes epidemias do mundo, un tema que nos parece moi interesante. Estas enfermidades causaron estragos considerables ó longo da historia da humanidade, aínda que coa axuda dos avances da ciencia agora xa non nos afectan da mesma maneira, polo menos nos países máis desenvolvidos. Eliximos catro enfermidades bastante investigadas por nós. Falaremos pois do cólera, da gripe, da meninxite e por último da peste.

CÓLERA : Trátase dunha enfermidade aguda, diarreica, provocada pola bacteria Vibrio cholerae, que se manifesta como unha enfermidade intestinal. Foi descuberta por Robert Koch no 1883, e Jaume Ferran i Clua elaborou a primeira vacina. A colera está caracterizada por diarrea a causa profunda, vómitos e entumecemento das pernas. A perda rápida de líquidos corporais leva á deshidratación. Sin tratamento adecuado, pode ocorrer a morte en cuestión de algunas horas. O cólera produciu varias epidemias, algunhas de elas de alcance prácticamente mundial.O cólera foi pouco frecuente nos países industrializados durante os últimos 100 anos; non obstante, esta enfermidade aínda é común en outras partes do mundo, incluíndo o subcontinente Indio, Sureste Asiático, Latinoamerica e África Subsahariana. Nestes instantes, en Africa, concretamente en Zimbabwe, estase dando un novo brote de cólera.

A MENINXITE: É unha emerxencia médica caracterizada pola inflamación das membranas que rodean o cerebro e a médula espiñal: as meninxes. A causa máis frecuente deste tipo de inflamacións son os virus, é dicir, cando as meninxes e ó líquido cefalorraquídeo chegan estes microorganismos por medio do nariz ou da boca. A meninxite causadas por bacterias fungos, medicamentos e outras enfermidades é pouco frecuente pero potencialmente letais. Estos tenden a bloquear os vasos sanguíneos no cerebro conlevando a derrame e lesión cerebral e doutros órganos. A meninxite progresa con moita rapidez, polo que o diagnóstico e trataminto precoz é importante para previr secuelas severas e a morte. Anque cuaquera persoa pode contraer meninxite, é unha enfermidade especialmente frecuente en persoas inmunosuprimidas. Os síntomas máis frecuentes son dor de cabeza e rixidez da nuca que tende a asociarse con febre, intolerancia anormal á luz e/ou aos sons e trastornos da consciencia. A miúdo, especialmente en nenos pequenos, só se presentan síntomas inespecíficos, tales como irritabilidade e somnolencia. Si se presentan erupcions na pel, pode indicar unha forma particular de meninxite, como a meningococcemia.

GRIPE : é unha enfermidade infecciosa das aves e mamíferos causada por un tipo de virus de ARN da familia dos Orthomyxoviridae.Nos seres humanos afecta ás vías respiratorias; pode inicialmente simular un resfriado e con frecuencia acompañase de síntomas xerais como febre, dor de garganta, debilidade, dores musculares, articulares , e de cabeza, con tos (que xeralmente é seca e sen mucosidade) e malestar xeral. Nalguns casos máis graves puede complicarse con pulmonía que pode resultar mortal, Tamén pode provocar, máis a miúdo en nenos, náuseas e vómitos, que ó ser síntomas de gastroenterite fai que se denomine gripe estomacal ou abdominal.

A PESTE: a peste é unha enfermidade infectocontaxiosa que afecta tanto a animais como a humanos, e é causada pola bacteria Yersinia pestis. Considerase unha das zoonosis
recoñecidas máis antigas e das máis virulentas e potencialmente letais enfermidades bacterianas.

Como conclusión, dicir que aínda que esteamos lonxe de gran parte destas epidemias, tanto no tempo como no espazo, mais algunhas como a meninxite e a gripe, xa ca presenza de vacinas, seguen tendo a súa relevancia e os seus riscos. Nos países subdesenvolvidos, as catro seguen sendo letais para a maioría da poboación, sobretodo, nenos e anciáns.

Noelia, Alicia e Montse

 

O cénit do petróleo

Coñécese co nome de cénit do petróleo o momento en que se terán extraído a metade das reservas mundiais de petróleo.  Nese momento acadaremos a taxa máxima de extracción mundial e, a partir de aí a extracción será máis difícil e costosa.Non se sabe con certeza cando o acadaremos ou se xa o temos acadado. As predicións varían porque, para empezar, non sabemos canto petróleo queda na Terra, nin como vai a afectar o aumento da demanda por parte de potencias emerxentes como China e India. Tampouco é posible predicir como influiran as novas tecnoloxías. O que si sabemos é que o petróleo non é un recurso renovable e acabará por esgotarse.



 

Como é posible manexar cada átomo para fabricar un novo material?

Cando falamos de nanomateriais unha das primeiras preguntas que nos formulamos é a seguinte: de que ferramentas dispoñen os científicos e científicas para crear un material deseñando a medida a súa estrutura atómica? Pois, de instrumentos  como o microscopio de efecto túnel  e máis concretamente o microscopio de forza atómica que lles permite ver e manipular átomos individuais mediante unha punta metálica de dimensións atómicas.

afm.jpg

 

Un novo material de propiedades extraordinarias: o grafeno

 O grafeno é un novo material obtido a partir do grafito. Como podedes ver na imaxe é unha lamina plana, dun átomo de espesor, formada por aneis hexagonais de átomos de carbono enlazados. Sábese que os cristais puros e perfectos deste material conducen a electricidade, a temperatura ambiente, a maior velocidade que calquera substancia coñecida, ademais é o material máis delgado xamais obtido, enormemente forte e ríxido, e o máis duro que existe. Aínda é cedo para pensar nas aplicacións dun material tan recente como o grafeno, pero xa se adianta o seu posible uso na fabricación de pantallas intelixentes, transistores ultrarrápidos e computadores de punto cuántico.

wavy-graphene1.jpeg


 

Que é o desenvolvemento sostible?

Vivimos nun planeta que dispón de recursos suficientes para satisfacer as necesidades de tódolos seres humanos que o habitamos. Falamos de necesidades básicas de alimentos, roupa, vivenda ou transporte, entre outras. Agora ben, a Terra, aínda sendo inmensamente rica, non contén recursos suficientes para satisfacer a nosa cobiza, a nosa demanda implacable dun número cada vez maior de bens de consumo que acumulamos e renovamos sen ningún control. Consideramos que vivimos moi ben e non estamos dispostos a renunciar á nosa forma de vida.

O termo desenvolvemento sostible alude a posibilidade de, introducindo cambios moi importantes, conseguir unha boa calidade de vida para todos e todas, sen poñer en perigo as necesidades das xeracións futuras. Porque o planeta Terra non nos pertence, só estamos aquí de paso. Como ben nos explicou Darwin, o ser humano é un ser vivo máis. De sobra o sabía o xefe indio Noah Sealth. No seguinte vídeo podedes escoitar a carta que lle enviou en 1854 ao presidente dos Estados Unidos( ao que o xefe indio chama, gran xefe de Washington), Franklin Pierce  quen lle comunicara a intención do seu goberno  de desaloxalos das súas terras para metelos nunha reserva.


Queredes saber que superficie de terreo e de océano é necesaria para fornecer tódolos recursos que consumes e recibir os residuos que produces?Que vos parece se calculades a vosa pegada ecolóxica?

 

O Cambio Climático murcha as paisaxes máis fermosas

Sabemos que un dos principais gases de invernadoiro da atmosfera é o CO2. Este gas prodúcese en grandes cantidades como resultado da queima de combustibles fósiles que constitúen a nosa principal fonte de enerxía.  Unha das consecuencias desta forma de xerar enerxía foi o rápido incremento, da concentración de CO2 atmosférico dende a Revolución Industrial. Este incremento relaciónase co cambio que estamos observando no clima. Que clase de cambio? Un aumento progresivo das temperaturas, tanto no Hemisferio Norte como no Hemisferio Sur durante os últimos 50 anos.

O aumento de temperaturas tradúcese en precipitacións torrenciais, aumento do nivel do mar ou desertificación. Hoxe mesmo no periódico El País nos alertan sobre a desaparición dos glaciares do Pireneo antes do ano 2050.dscn3673.JPG

O efecto invernadoiro é un dos problemas medioambientais aos que se enfronta a humanidade. As emisións de gases de invernadoiro producidas pola actividade humana reciben o calificativo de antropoxénicas. Queres facer un cálculo aproximado das emisións de CO2 da túa casa? Utiliza esta calculadora de CO2.

 

Fundamentos da enxeñería xenética

Antes de adentrarnos nas vantaxes e nos riscos que conleva a manipulación xenética dos seres vivos imos ver en que consiste a enxeñería xenética.

Se a presentación espertou a vosa curiosidade debedes profundizar no tema  da enxeñería xenética e da investigació xenómica.

 

Descubrindo os misterios do ADN

Produce vertixe mirar cara atrás e ver cantos homes e mulleres dedicaron as súas vidas á investigación desta molécula que seguramente aínda nos depara moitas sorpresas. Na seguinte presentación imos facer primeiro un pouco  de historia para pasar a continuación a estudar a estrutura e funcionamento do ADN e o ARN.

Para os apaixoados e apaixoadas do ADN que non se defendan mal en inglés é obrigada a seguinte actividade.

Tamén é moi recomendable a viaxe por esta liña do tempo.


 

O imprescindible para coñecer as células nai

Esta presentación quere ser unha introdución rápida nos coñecementos básicos sobre células nai ou troncais. A ver se lle sacades partido.

 

12 de febreiro día de Darwin.

Darwin 

 INTRODUCIÓN

Hoxe cúmprense douscentos anos do nacemento de Charles Darwin, un home empeñado en resolver un difícil problema, un gran misterio: ¿como apareceron as distintas especies de seres vivos sobre o planeta?.

A solución a este enigma expúxoa Darwin, con sólidos argumentos, no seu libro “A orixe das especies”, publicado o 24 de novembro de 1859. Nel explica que as distintas especies de seres vivos, apareceron sobre este planeta por evolución  a partir doutras, e que o motor desa evolución era a selección natural que actuaba sobre a variedade de caracteres que existía nas especies, da seguinte maneira: favorecendo a supervivencia dos individuos que amosasen algún carácter que lles proporcionase unha mellor adaptación ao medio. Isto aumentaría as súas posibilidades de reproducirse e de pasar ese carácter vantaxoso á seguinte xeración. Deste xeito o carácter vantaxoso espallaríase na poboación.

A teoría da evolución por selección natural foi proposta tamén por Alfred Russel Wallace un intrépido naturalista que estaba estudando as selvas das Molucas. Foi tamén unha viaxe por terras exóticas a que serviu de inspiración a Darwin para elaborar a súa teoría: a viaxe no Beagle.

TAREFA

Estamos no 2158, falta un ano para que se celebren os trescentos anos da publicación da Orixe das Especies e os 350 anos do nacemento do seu autor, Charles Darwin.  As viaxes no tempo que se consideraban imposibles até hai pouco , son xa unha realidade.  O CERN, a vella institución científica europea, acaba de poñer a punto unha máquina do tempo .

Formades parte dun grupo de xornalistas que viaxará no tempo até de mediados do século XIX, concretamente ao ano 1858, para localizar e entrevistar aos protagonistas da historia que revolucionou o coñecemento da vida para sempre: a elaboración da teoría da evolución e a súa presentación diante da sociedade da época.

Parte dos membros do grupo realizará a súa investigación en Inglaterra, procurando conseguir unha entrevista con Charles Darwin e os seus amigos Charles Lyell e Joseph Hooker.

Outro grupo de periodistas viaxará ao leste de Indonesia, ás illas Molucas, concretamente á illa de Ternate, onde Alfred Russel Wallace, nun descanso das súas expedicións pola selva está elaborando a súa teoría da evolución por selección natural.

PROCESO.

Os membros de cada grupo elaborarán os  cuestionarios que lles pasarán aos entrevistados. Coas preguntas e respostas escribiredes un artigo e publicarédelo no blog.

RECURSOS.

A viaxe do Beagle:http://www.nhm.ac.uk/nature-online/science-of-natural-history/expeditions-collecting/beagle-voyage/index.html

Biografía de Darwin:http://www.biografiasyvidas.com/monografia/darwin/

A orixe das especies:http://darwin-online.org.uk/

Día Darwin: http://www.darwinday.org/

Biografía de Charles Lyell:http://es.wikipedia.org/wiki/Charles_Lyell

Joseph Hooker:http://es.wikipedia.org/wiki/Joseph_Dalton_Hooker

http://www.jdhooker.org.uk/

Alfred Russel Wallace:http://www.wku.edu/~smithch/index1.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Alfred_Russel_Wallace

AVALIACIÓN.

Valorarase a orixinalidade das entrevistas, o coñecemento sobre o entrevistado e a comprensión das súas ideas.