O noso maior problema non son os cartos

Agora mesmo nos medios de comunicación abundan os anuncios de partidos políticos e a crise segue a voltas por ahí. Sabendo que cada minuto morren milleiros de persoas, deberiamos dar grazas por estarmos vivos cada minuto e vivilo en condicións dignas. Deixando a superficialidade da nosa sociedade de lado, imos falar das que foron - e nalgúns casos seguen a ser - as grandes epidemias do mundo, un tema que nos parece moi interesante. Estas enfermidades causaron estragos considerables ó longo da historia da humanidade, aínda que coa axuda dos avances da ciencia agora xa non nos afectan da mesma maneira, polo menos nos países máis desenvolvidos. Eliximos catro enfermidades bastante investigadas por nós. Falaremos pois do cólera, da gripe, da meninxite e por último da peste.

CÓLERA : Trátase dunha enfermidade aguda, diarreica, provocada pola bacteria Vibrio cholerae, que se manifesta como unha enfermidade intestinal. Foi descuberta por Robert Koch no 1883, e Jaume Ferran i Clua elaborou a primeira vacina. A colera está caracterizada por diarrea a causa profunda, vómitos e entumecemento das pernas. A perda rápida de líquidos corporais leva á deshidratación. Sin tratamento adecuado, pode ocorrer a morte en cuestión de algunas horas. O cólera produciu varias epidemias, algunhas de elas de alcance prácticamente mundial.O cólera foi pouco frecuente nos países industrializados durante os últimos 100 anos; non obstante, esta enfermidade aínda é común en outras partes do mundo, incluíndo o subcontinente Indio, Sureste Asiático, Latinoamerica e África Subsahariana. Nestes instantes, en Africa, concretamente en Zimbabwe, estase dando un novo brote de cólera.

A MENINXITE: É unha emerxencia médica caracterizada pola inflamación das membranas que rodean o cerebro e a médula espiñal: as meninxes. A causa máis frecuente deste tipo de inflamacións son os virus, é dicir, cando as meninxes e ó líquido cefalorraquídeo chegan estes microorganismos por medio do nariz ou da boca. A meninxite causadas por bacterias fungos, medicamentos e outras enfermidades é pouco frecuente pero potencialmente letais. Estos tenden a bloquear os vasos sanguíneos no cerebro conlevando a derrame e lesión cerebral e doutros órganos. A meninxite progresa con moita rapidez, polo que o diagnóstico e trataminto precoz é importante para previr secuelas severas e a morte. Anque cuaquera persoa pode contraer meninxite, é unha enfermidade especialmente frecuente en persoas inmunosuprimidas. Os síntomas máis frecuentes son dor de cabeza e rixidez da nuca que tende a asociarse con febre, intolerancia anormal á luz e/ou aos sons e trastornos da consciencia. A miúdo, especialmente en nenos pequenos, só se presentan síntomas inespecíficos, tales como irritabilidade e somnolencia. Si se presentan erupcions na pel, pode indicar unha forma particular de meninxite, como a meningococcemia.

GRIPE : é unha enfermidade infecciosa das aves e mamíferos causada por un tipo de virus de ARN da familia dos Orthomyxoviridae.Nos seres humanos afecta ás vías respiratorias; pode inicialmente simular un resfriado e con frecuencia acompañase de síntomas xerais como febre, dor de garganta, debilidade, dores musculares, articulares , e de cabeza, con tos (que xeralmente é seca e sen mucosidade) e malestar xeral. Nalguns casos máis graves puede complicarse con pulmonía que pode resultar mortal, Tamén pode provocar, máis a miúdo en nenos, náuseas e vómitos, que ó ser síntomas de gastroenterite fai que se denomine gripe estomacal ou abdominal.

A PESTE: a peste é unha enfermidade infectocontaxiosa que afecta tanto a animais como a humanos, e é causada pola bacteria Yersinia pestis. Considerase unha das zoonosis
recoñecidas máis antigas e das máis virulentas e potencialmente letais enfermidades bacterianas.

Como conclusión, dicir que aínda que esteamos lonxe de gran parte destas epidemias, tanto no tempo como no espazo, mais algunhas como a meninxite e a gripe, xa ca presenza de vacinas, seguen tendo a súa relevancia e os seus riscos. Nos países subdesenvolvidos, as catro seguen sendo letais para a maioría da poboación, sobretodo, nenos e anciáns.

Noelia, Alicia e Montse

 

Tags: ,

3 Respostas a “O noso maior problema non son os cartos”

  1. curso04 Dixo:

    Noraboa polo voso excelente traballo. Así vos leva tanto publicar os posts. Seguide así.

  2. 0010 Dixo:

    ADRIAN E KIKO:

    UN TRABALLO BASTANTE BO E CONCISO.BO TRBALLO

  3. montse_fernandez Dixo:

    gustame este noso post xa que eu contribuin a facelo pero aparte disto que non ten que ver gustoume bastante xa o tema.Pero o certo que estas enfermmidades tiveron moita importancia na sociedade actual por exemplo no caso da gripe que se se volvea desarrollar como a última que se da a coñecer como a gripe española.As demais tamén teñen a súa persecución ao longo da historia e tamén hoxe en día como a malaria.