Viaxando estre os restos do cometa Halley

imagen

As chuvias de meteoritos fascinaron dende sempre á humanidade. Non hai nada ameazador nelas, trátase simplemente de partículas sólidas que ao traspasar a nosa atmosfera entran en incandescencia. Cando na nosa viaxe perpetua arredor do Sol atravesamos unha zona do espacio na que abundan especialmente,  as noites enchensenos de fermosos destellos. Precisamente estes días estamos pasando entre os restos do cometa Halley e disfrutamos da observación dunha das chuvias de estrelas mási importantes do ano, as Oriónidas que hoxe 21 de outubro acadan a súa máxima intensidade. Como entran na nosa atmosfera de cara, van moi veloces e mesmo partículas pequenas provocan estrelas fugaces espectaculares.

 

Falando de atopar planetas habitables

Sempre que abordamos o tema da morte do Sol, aínda que saibamos que faltan miles de millóns de anos para que iso ocorra, non podemos evitar un  desacougo momentáneo. Se ben temos a certeza de que  a historia da nosa especie rematará moito antes, imaxinamos unha hipotética humanidade do futuro, enfontándose á paulatina transformación da nosa estrela nunha xigante vermella, e realizando os preparativos para a colonización de exoplanetas habitables. Por iso cando onte un equipo de astrónomos do Observatorio Europeo Austral comunicou o descubrimento de 32 novos exoplanetas, volvemos a falar do reto de atopar un planeta dun tamaño parecido ó da Terra, que non se atope demasiado preto da súa estrela e que quizais sexa habitable por nós ou por outros seres, quizais mesmo intelixentes.


   

 

Buracos negros e buracos negros supermasivos

 

imagen

       Que é un buraco negro? Onde se atopan? Como se forman? Como os detectamos? Pois ben, imaxinemos a existencia dun corpo no espacio cun raio diminuto e este corpo otorgalle unha concentración de masa tan grande que a velocidade de escape que dela se orixina sexa igual ou maior á velocidade da luz. Visto esto, é imposibel que algún obxecto poida romper a gravedade deste corpo, xa que non pode emitir nin reflexar luz. Asi que este corpo desaparece da vista humana, pero, ao poseer unha enorme gravedade empeza a atraer ata el corpos que están nas suas proximidades. É así como poderiamos definir un buraco negro. Unha vez coñecida a definición de buraco negro, plantexamonos diversas preguntas. . .Por que ese nome? Pois este nome esta atribuido a John Archibald Wheeler e basicamente puxolle o nome de buraco negro xa que este non é visible a vista. Antes de darlle este nome, os buracos negros recibían outros como “estrela conxelada” ou “ollo do demo”. Con respecto a medida destes buracos non podemos falar dunha medida fixa senon que debemos de tomar en conta o espazo que ocupa no universo e a masa que posee. Porén, os científicos lograron descubrir unha relación directa entre a masa e o espazo ocupado dun buraco negro; esto significa que se un buraco negro é dez veces máis pesado que calquera estrela, ocupará un espazo dez veces maior que o espazo ocupado por esa estrela. Para darnos unha idea máis clara comparemos o tamaño do sol cun buraco negro supermasivo, o sol posee un raio de aproximadamente 700.000 quilómetros, mentras que o buraco negro poseerá un radio de catro veces mais grande que o sol. Enton. . .está a terra en perigo pola presencia de buracos negros? Non. O buraco negro máis proximo ao noso planeta está moi lonxano, sen embargo os investigadores levan un rexistro constante da actividade dos buracos negros xa dectectados e tamén están na procura de novos buracos negros e de estrelas moribundas que estén a punto de entrar na fase de buraco negro.

Laura Triñanes, Ángela Neu e Antía Pimentel

 

 

MISIÓN LCROSS

 

O vernes 9 de Outubro de 2009, levouse a cabo, a Misión LCROSS.

Esta misión ten como finalidade a búsqueda de particulas de auga xeada na lúa. Para acadar este obxectivo, esnafraron un foguete pola zona sur da lúa causando un forte impacto, que creou un cráter, expulsando toneladas de terreo e potencialmente xeo e vapor de auga sobre a superficie. Este proxecto aprobouse grazas a que se sabía que a zona se coñecía por ser extremadamente fría, xa que nunca recibe a luz do sol directamente.

A NASA só dispón dunha oportunidade para encontrar auga polo que deben ser moi precisos.

 

Premio Nobel de Química 2009

imagen

Vankatraman Ramakrishnan, Thomas A. Steitz e Ada E. Yonath recibiron o Premio Nobel de Química 2009. Utilizando a cristalografía de raios X, amosáronnos o aspecto que teñen os ribosomas. O ADN é unha molécula “pasiva” o único que fai - e para iso está e ademais faino moi ben - é conter a información xenética. Para que esa información se exprese e as células poidan realizar as súas funcións, é preciso copiala e traducila a proteínas. Os ribosomas realizan esa tradución, tamén coñecida como biosíntese proteica.

 

Educar e presionar contra o Cambio Climático

imagen

O aumento da concentración de dióxido de carbono na atmosfera é en boa medida responsable do quentamento global do que dende hai décadas nos veñen alertando os expertos en ecoloxía de todo o mundo. A queima de combustibles fósiles - que constitúen a nosa principal fonte de enerxía - produce a emisión de inxentes cantidades deste gas a atmosfera, aumentando o efecto invernadoiro. A nosa dependencia dos combustibles fósiles é practicamente absoluta. Ata tal punto que a enerxía procedente das fontes de enerxía renovables, como a eólica ou a solar fotovoltaica súmase á procedente do petróleo, gas natural e carbón pero está moi lonxe de poder substituíla. A maioría da nosa riqueza, a produción de alimentos, a nosa economía en xeral, depende pois dunhas fontes de enerxía que, ademais de non seren renovables e estaren, polo tanto, destinadas a esgotarse máis cedo ou máis tarde, están alterando o clima do planeta ata límites críticos para a supervivencia da humanidade. Os nosos hábitos de consumo, o noso modo de vida, mesmo os valores imperantes na nosa sociedade dificultan a solución do problema. Sabemos de sobra que, dende que se detecta un gran problema medioambiental, ata que a opinión pública se fai consciente da súa importancia e os responsables políticos toman as decisións necesarias para atallalo, pode pasar moito tempo. Entón, que podemos facer? Educar e presionar. Educar á poboación e presionar aos políticos para que, dunha vez por todas, afronten o problema do Cambio Climático e para que do Cume de Copenhague saian por fin compromisos sólidos para frear este cambio antes de que sexa demasiado tarde.

 

Que pasa cando as galaxias chocan?

imagen

Esta foto corresponde ao par de galaxias NGC 4676,  tamen coñecidas como ” Os Ratos”.Orixinalmente eran dúas galaxias distintas que se foron aproximando ata que chocaron.  Falamos estes días da futura colisión da nosa galaxia, a Vía Láctea, coa galaxia de Andrómeda. A pregunta que inmediatamente xurdiu en varias clases serve de título a este post. Moitas das galaxias coñecidas son en realidade produto da colisión de galaxias. Este é o caso da NGC 2623.

 

Premio Nobel de Física 2009 aos “xefes da luz”

imagen

Na foto vemos aos tres galardoados: o anglo-norteamericano de orixe chinesa Charles Kao e os norteamericanos Willard Boyle e George Smith. O premio recompensa a Kao polos seus logros no eido da transmisión da luz a través de fibras ópticas para as comunicacións, e a Boyle e a Smith por inventaren o primeiro sistema para captar  imaxes dixitais, o sensor CCD. Se a fibra óptica revolucionou as telecomunicacións, a tecnoloxía CCD serviu de base para a fabricación das cámaras dixitais que utilizamos na actualidade. Con razón o comité califica a estes tres científicos xa xubilados de “xefes da luz”.

 

Agora tócavos a vós

imagen

 

O SOHO é un satélite que está continuamente vixiando o Sol, gravando imaxes, tomando fotos. Se tedes curiosidade podedes comprobar que neste momento o Sol non ten manchas. Queredes aumentar o voso coñecemento sobre os astros?Entón interésavos consultar esta páxina web dedicada a astronomia. Por que  celebramos neste 2009 o Ano Internacional da Astronomía?Sentides curiosidade polo universo profundo?Mirádeo a través do Hubble.

Animádesvos a escribir o voso primeiro post?

 

Premio Nobel de Medicina 2009 (e van 100)

imagen

Dúas biólogas, Elisabeth Blackburn e Carol Greider, e un biólogo Jack Sozstak, acaban de recibir o Premio Nobel de Medicina polas súas investigacións sobre as telomerasas, enzimas que reparan os extremos dos cromosomas (telómeros) e que son claves na comprensión dos procesos de envellecemento celular e de transformación das células normais en células tumorais. Elisabeth Blackburn e Carol Greider, descubridoras da telomerasa, profesora e alumna respectivamente,  son as primeiras mulleres que comparten un Premio Nobel e a novena e décima que reciben un Premio Nobel de Medicina.