Falando de atopar planetas habitables

Sempre que abordamos o tema da morte do Sol, aínda que saibamos que faltan miles de millóns de anos para que iso ocorra, non podemos evitar un  desacougo momentáneo. Se ben temos a certeza de que  a historia da nosa especie rematará moito antes, imaxinamos unha hipotética humanidade do futuro, enfontándose á paulatina transformación da nosa estrela nunha xigante vermella, e realizando os preparativos para a colonización de exoplanetas habitables. Por iso cando onte un equipo de astrónomos do Observatorio Europeo Austral comunicou o descubrimento de 32 novos exoplanetas, volvemos a falar do reto de atopar un planeta dun tamaño parecido ó da Terra, que non se atope demasiado preto da súa estrela e que quizais sexa habitable por nós ou por outros seres, quizais mesmo intelixentes.


   

 

Tags: