Un novo descubrimento: os “fósiles” da Vía Láctea

imagen

Recentemente foi atopado polo equipo do astrónomo italiano Francesco Ferraro un cúmulo de estrelas que poderían ocultar a orixe da nosa galaxia.

O grupo de Ferraro, en Agosto de 2008, enfocou o telescopio VLT cara a un cúmulo de estrelas pouco estudado ata o momento. Xunto con datos do telescopio Hubble, pensan que o cúmulo Terzán 5 podería ser un dos bloques cos que se construíu a Vía Láctea.

O Terzán 5 é unha reliquia dunha galaxia anana que se atopou no bulbo da Vía Láctea e que contribuíu a formar o seu centro.

Este achado reforza unha das teorías sobre a formación das galaxias, esta di que se formaron por fusión de bloques.

Co estudo doutros cúmulos observáronse máis estrelas de diferentes épocas: máis “ladrillos” da Vía Láctea.

 

Horace de Saussure, Fourier e Arrhenius: pais do efecto invernadoiro

ferrocarril.jpg

Recibimos tanta información diaria sobre o efecto invernadoiro que podemos pensar que se trata dun descubrimento realizado nas últimas décadas do século XX. Porén, foi no século XIX cando a comunidade científica descubriu o papel da atmosfera no mantemento dunha temperatura media, compatible coa presenza da vida tal como a coñecemos, no planeta. Tamén no XIX xurdiron as primeiras voces de alarma sobre as consecuencias que a modificación da composición atmosférica, pola queima de combustibles fósiles, podería ter na temperatura terrestre. 

En realidade os primeiros experimentos sobre o efecto da radiación solar na temperatura do aire realizáronse a finais do século XVIII nos Alpes. Foi precisamente o pai do alpinismo, o científico suizo Horace - Benedict de Saussure, o primeiro en comprobar como os raios solares quentaban o aire do interior dun aparello construído por él  a caixa quente ou heliotermómetro, o antepasado dos paneis solares.

No ano 1824 o matemático francés Joseph Fourier foi o primeiro en comparar a atmosfera da terra coas paredes de vidro dun invernadoiro, utilizando o termo efecto invernadoiro para referirse a retención por parte da atmosfera do calor emitido pola superficie terrestre.

O químico e Premio Nobel de química sueco Svante Arrhenius explicou no ano 1896 o papel do CO2 na retención da radiación infravermella desprendida pola superficie terrestre quentada polo Sol. Tamén foi o primeiro en alertar sobre o perigo do aumento da temperatura do planeta que podían provocar as emisións masivas de  CO2 a atmosfera pola queima de carbón.

 

Johannes Kepler

       Foi unha figura moi importante na Revolución Científica, astrónomo e matemático alemán. É coñecido fundamentalmente polas súas leis acerca do movemento dos planetas sobre a súa órbita arredor do Sol. No 1600, ao ser expulsado de Austria, comezou como colaborador de Tycho Brahe. Ao ano seguinte Tycho morreu e substitueuno como matemático imperial de Rodolfo II. En 1596, Kepler escribiu un libro chamado “Misterium Cosmographicum“.

LEIS DE KEPLER

Mentres estaba como colaborador de Tycho non puido acceder aos datos sobre o movemento dos planetas xa que este se negaba a darlle esa información. Pero cando Tycho estaba no seu leito de morte, Kepler accedeu aos datos da órbitas. A partir deses datos descubriu tres leis, as cales levan o seu nome:

1ª Lei: Os planetas teñen movementos elípticos arredor do Sol, estando este situado nun dos focos da elipse.

2ªLei: Os planetas, no seu percorrido pola elipse, barren áreas iguais no mesmo tempo.

3ªLei: O cadrado dos períodos dos planetas é proporcional ao cubo da distancia media ao Sol.


Pablo Vázquez García e Manuel Franco Ojea

 

Non houbo acordo sobre o clima en Copenhague.

imagen

A conferencia de Copenhague remata deixando detrás unha enorme decepción e unha pegada de carbono considerable que ascendeu, segundo cálculos do goberno danés, a a 46.200 toneladas de dióxido de carbono, repartidas da seguinte maneira: 5.700 xeradas pola propia conferencia e 40.500 polos desprazamentos en avión dos participantes. E todo para poñerse de acordo en que é necesario limitar o aumento das temperaturas a 2ºC, pero sen fixar ningún prazo para a redución de emisións de dióxido de carbono, .

Tras o fracaso da Conferencia de Copenhague haberá que esperar un ano,  ata a vindeira reunión que se celebrará en México a finais do ano 2010, para volver a propoñer obxectivos rexeitados actualmente por China e a India, como o de reducir á metade as emisións de dióxido de carbono de aquí ao 2050.

 

Comezou a Conferencia de Copenhague: Selemos o acordo

 

Xamais unha Conferencia sobre Cambio Climático suscitou tantas esperanzas como a que comezou onte  en Copenhague, onde 15.000 delegados de 192 países pasaran os próximos días reunidos para falar de ecoloxía e de quentamento global. Porque para estabilizar a temperatura do planeta, é necesario reducir á metade a emisión de gases de efecto invernadoiro de aquí ao ano 2050.

Vaise tentar poñer prezo á tonelada de CO2 emitida, ou mellor dito deixada de emitir, á atmosfera. Preocupa a postura de Estados Unidos e China, responsables do 40% das emisións, hai dúbidas de que se comprometan con claridade e acepten un tratado apremiante. Por outra banda, os países do Sur reclaman como contrapartida aos seus esforzos para reducir emisións, unha axuda pública ao desenvolvemento cifrada en 100.000 millóns de dólares de aquí a 2030. Credes que moita xente é consciente de que o que nos xogamos nos próximos días é unha parte do futuro do planeta?Selemos o acordo!

 

Una colonia humana en un espacio hostil

La ISS (estación espacial internacional) es la estructura más grande ensamblada en la órbita de la Tierra, un lugar destinado a la investigación del  espacio dentro del mismo. Esta estructura es también el hogar temporal de los grupos de astronautas y cosmonautas que realizan aquí diferentes actividades relacionadas con el mundo de la astronomía. Con la idea de crear este centro de investigación mundial, nació también la necesidad de crear un vehículo espacial que se encargase de transportar materiales y tripulación, para comenzar su construcción en 1998, y para encargarse de su mantenimiento a través del tiempo, lo que hizo surgir el transbordador espacial reutilizable, desarrollado por la NASA.

La Estación Espacial Internacional se encuentra en órbita a 386 km de la Tierra, con una embergadura de 108 m de largo y 88 m de ancho, nos encontramos ante una estructura de 464 toneladas que orbita sobre nosotros a una velocidad de 26.000 km/h (a esta velocidad se hace de noche 15 veces al día), alimentada únicamente por la energía recibida por las placas solares más grandes construídas hasta el momento, de una potencia de 110 KW. En un principio esta impresionante estructura está preperada para que en ella habiten 7 tripulantes en un espacio de 1300 metros cúbicos, y en la actualidad ya han pasado por ella mas de 20 astronautas y cosmonautas.

Aunque no la primera la ISS es la más importante estación espacial puesta en órbita, a esta ya la sucedieron otras como la rusa MIR, ahora fuera de servicio. A esta altura y en el espacio no todo es un “camino de rosas”, si no que a las dificultades que ofrece la vida en la ISS hai que sumarle las aportadas por el propio universo: un ejemplo fue la posible colisión con un resto de basura espacial que puso en peligro a la ISS el 27 de Junio de 2006.

imagen

 

El sueño de poseer una estación espacial internacional, se hizo realidad cuando se creo el primer vehículo espacial reutilizable, el transbordador espacial. El desarrollo de este vehículo espacial se hizo oficial el 5 de enero de 1972, cuando el presidente Richard Nixon de los Estados Unidos anunció que la NASA comenzaría a crear un sistema de transbordador reutilizable. Desde ese día, en el que la humanidad comenzó a soñar con la conquista del espacio, la NASA desarrollo un total de 5 transbordadores: el 25 de Marzo de 1979 se construyó el “Columbia“, en Junio de 1982, se terminó la construcción del “Challenger“, en Noviembre de 1983 se terminó el desarrollo del “Discovery“, el “Atlantis” se acabó de construír en Abril de 1985 y por último, el “Endeavour” se finalizó en Mayo de 1991. Actualmente, el transbordador que está en uso, es el “Discovery”, pero a este, tan solo le quedan seis viajes espaciales más, ya que la NASA dejará de utilizar estas naves a partir del 2010, año en el que se concluirá la construcción de la ISS. Cuando los transbordadores espaciales se dejen de utilizar, los Estados Unidos enviarán a sus astronautas en las “Soyuz” rusas o en cohetes fabricados por empresas privadas, hasta que la NASA termine la lista de su nueva generación de ingenios espaciales.

imagen

 

 

Luces nocturnas nos polos


A aurora é un brillo que aparece pola noite, sobre todo nas zonas polares. Chámaselle aurora boreal cando se observa no hemisferio norte e aurora austral cando se observa no hemisferio sur.

As auroras fórmanse cando partículas cargadas (protóns e electróns) procedentes do sol, son guiadas polo campo magnético e inciden na atmosfera preto dos polos. Cando estas partículas chocan con átomos e moléculas de osíxeno e nitróxeno, a enerxía que producen devólvese en forma de luz visible.

Teñen formas, estruturas e cores moi variadas que van cambiando co tempo. O osíxeno é o responsable das cores verde, amarelo e vermello forte; o nitróxeno é o responsable do azul, vermello máis claro e púrpura.

As auroras boreais non se producen só no planeta terra, pois tamén ocorren en Xúpiter e Saturno, observadas co telescopio Hubble. Tamén se detetaron en Marte pola nave Mars Express.

 

Hypatía a filósofa, a primeira astrónoma


Neste Día Internacional contra a Violencia de Xénero , recordamos a Hypatía de Alexandría, esta profesora de filósofía  e astronomía que como tantas mulleres loitou contra o destino que lles tiñan reservado e buscou o coñecemento e a súa divulgación.

 

A materia escura

imagen

Nesta imaxe podemos observar unha interacción entre un cúmulo de galaxias e a materia escura, que produce unha desviación de luz. Foi observada mediante o telescopio espacial Hubble.

As galaxias normalmente agrúpanse en cúmulos que para manterse unidos precisan de forza de atraccion gravitacional producida por unha gran cantidade de masa que non se observa. Donde está esta masa? Os científicos din que non emite nin reflicte a suficiente radiación electromagnética como para ser vista cos medios técnicos actuais. Sábese que existe polos efectos gravitacionais que produce na materia, como no cúmulo de galaxias da imaxe; e sobre todo  polos efectos gravitacionais producidos nas galaxias espirais. Nestas o movemento da materia que compón a estructura dunha galaxia espiral non verifica as Leis de Kepler. Tamén se sabe que non está formada polos elementos que forman o noso planeta, o Sol ou todas as estrelas da nosa galaxia. Alguna cantidade de materia escura é non bariónica, non esta formada por electróns, neutrons nin protóns.

A materia escura forma a gran maioría da materia do Universo Observable, cerca do 90%.

 

Difícil ver as Leónidas deste 2009

imagen

Unha das chuvias de estrelas máis espectaculares do ano é a  das Leónidas, provocada pola entrada na atmosfera dos restos do cometa Temple-Tuttle. A lúa nova axudará a que se vexan mellor, aínda que en Galicia, en Novembro, é difícil que o tempo nos permita observalas.