A materia escura

imagen

Nesta imaxe podemos observar unha interacción entre un cúmulo de galaxias e a materia escura, que produce unha desviación de luz. Foi observada mediante o telescopio espacial Hubble.

As galaxias normalmente agrúpanse en cúmulos que para manterse unidos precisan de forza de atraccion gravitacional producida por unha gran cantidade de masa que non se observa. Donde está esta masa? Os científicos din que non emite nin reflicte a suficiente radiación electromagnética como para ser vista cos medios técnicos actuais. Sábese que existe polos efectos gravitacionais que produce na materia, como no cúmulo de galaxias da imaxe; e sobre todo  polos efectos gravitacionais producidos nas galaxias espirais. Nestas o movemento da materia que compón a estructura dunha galaxia espiral non verifica as Leis de Kepler. Tamén se sabe que non está formada polos elementos que forman o noso planeta, o Sol ou todas as estrelas da nosa galaxia. Alguna cantidade de materia escura é non bariónica, non esta formada por electróns, neutrons nin protóns.

A materia escura forma a gran maioría da materia do Universo Observable, cerca do 90%.

 

Tags: