6 minutos para el final.

Los científicos del boletín de científicos atómicos de la Universidad de Chicago han retrasado un minuto el famoso reloj del apocalipsis, que desde 2007 marcaba las 23:55.

imagen

El reloj de la apocalipsis o del doomsday, es un reloj simbólico en el que la media noche representa el apocalipsis nuclear provocado por las guerras, aunque desde 2007 el cambio climático fue añadido como otra posible provocadora de la aniquilación de la humanidad.Fue puesto en marcha en 1947 marcando las 23:53 como portada de “The Bulletin of Atomic Scientists“.Desde su inicio fue modificado 19 veces. Su momento más lejano de la medianoche fue en  1991 cuando marcó las 23:43 por el fin de la guerra fría entre EEUU y Rusia. Ambas naciones se comprometieron a desmantelar gran parte de su arsenal nuclear. Mientras que en 1953 el reloj llegó a las 23:58, hora más cercana a la medianoche provocada por elaboración de la bomba H por parte de Estados Unidos y por Rusia. EEUU probó su bomba en un islote del océano Pacífico borrandolo por completo del mapa.El motivo del retraso del reloj es por el compromiso que han mostrado muchos países en el desarme nuclear y en limitar las emisiones de gases de efecto invernadero. Esta decisión fue tomada por los 19 galardonados con el premio nobel que forman parte de “The Bulletin of Atomic Scientists”.Este es el el primer retraso desde 1991, lo que hace pensar que el mundo va a mejor aunque solo nos encontremos a 6 minutos de la autodestrucción total.

 

A boa constritor pode ter crías sen aparearse

Nun descubrimento que dá unha volta a décadas de teorías científicas sobre réptiles, investigadores da  Universidad North Carolina State descubriron que as boas constritor femias pódense reproducir sen aparearse.

As crías de esta reprodución asexual non mostran ningunha influencia masculina, non hai pegada xenética de que un macho intervira no proceso, todas as crías femininas conservan unha estraña cor de pel recesivo da nai.

Esta e a primeira vez que a reprodución asexual se atribúe a boa constritor, de acordo o estudo publicado en Biology Letters. Estes resultados poden  facer que os científicos volvan a examinar a reprodución dos reptes, sobre todo os máis primitivos.

Os cromosomas sexuais das serpes son un pouco diferentes os dos mamíferos. Os dos cromosomas sexuais dos machos son Z, mentres que as femias teñen un Z e un W, pero no estudo de todas as crías femias producidas por reprodución asexual había dous cromosomas W, un fenómeno que nunca se vira antes e crerase imposible. Só se vira en manipulacións xenéticas, e aínda así só se vira en peixes e anfibios.

É posible que esta serpe sexa unha especie de fenómeno xenético da natureza, pero dise que a reprodución asexual nas serpes pode ser máis común do que se pensa.

imagen

 

A nosa base no espacio

A Lúa é un satélite da terra, o único que ten, no que o ser humano está e estivo presente o longo destes 50 anos, ainda que hoxe en día estamos na estación espacial internacional, a ISS.

 A ISS é un centro de investigación que se está construíndo na órbita terrestre, na investigación participan 5 axencias espaciais: a NASA (Estados Unidos), a Axencia Espacial Federal Rusa (Rusia), a Axencia Xaponesa de exploración espacial (Xapón), a Axencia Espacial Canadiense (Canadá) e a Axencia Espacial Europea (ESA), de Euimagenropa. A Axencia espacial de Brasil traballa nun contrato separado coa NASA. A axencia espacial italiana tamén traballa cun contrato similar a parte de estar totalmente integrada na actividade da EEI.

 

 A Estación Espacial Internacional esta situada a 360.25km da codia terrestre, pero esta altura non é constante, varía nuns certos plazos, debido as propulsións ou ó roce ca atmosfera. A Estación é coma se fose un satélite da terra, porque orbita arredor da terra, esta órbita realizaa en 92 minutos.

 

 A ISS é unha xuntanza de tódalas estacións que prevían lanzar: A Mir-2 rusa, a Freedom estadounidense, a Columbus europea, e o JEM (Módulo japones de experimentos). Gracias a esta estación hai presencia humana no espacio, hoxe día ainda sigue en construción, a data de finalización está prevista para finales do 2011.

 

   Cando estea acabada, alcanzará un espacio habitable de 938 metros cúbicos e alcanzará unha masa de 415 toneladas.

 

 

A parte oscura do noso universo

Un buraco negro é un obxecto celeste cunha densidade tal que a curvatura do espazo  está pregada sobre si, polo que están illados do universo exterior e nin sequera a luz (ao viaxar en liña recta, en realidade unha xeodésica, e estar o espazo curvo sobre si) pode fuxir. De aí o nome, xa que non só non emiten luz senón que absorben todo tipo de radiación ou materia que se achegue demasiado.

Pénsase que o feito de que a luz caia dentro destes obxetos é debido á súa enorme densidade, aínda que o feito é que os fotóns (Partículas mensaxeiras da radiacion electromagnética) non teñen masa en repouso, senón só enerxía en movemento, véndose afectados pola gravidade a efectos desta.



imagen

Esta imaxen é unha imaxen virtual que recrea un gran buraco negro.

 

Poden existir polo menos tres clases de buratos negro:

  • Unha clase é a dos buratos negros primordiais orixinados cedo na historia do universo. As súas masas poden ser variadas e ningún foi observado ata o de agora.
  • Tamén existen buratos negros supermasivos, con masas de varios millóns de masas solares. Estes fórmanse no mesmo proceso que dá orixe ás compoñentes esféricas das galaxias.
  • Por ultimo, outra clase é de buratos negros de masa solar. Un destes fórmase cando unha estrela de masa 2.5 maior ca do Sol esgota a enerxía necesaria para manter as reacións nucleares que evitaban que a estrela se derrubara sobre si mesma, convértese en supernova e estoupa. O seu núcleo concéntrase nun volume moi pequeno que cada vez vaise reducindo máis, polo que a masa nese punto é capaz de orixinar unha rasgadura no tecido espazo-tempo.

Por: Daniel Pérez Romero

Andrés Díaz Fandiño

 

OS PLANETAS EXTRASOLARES

exoplaneta

Denomínanse exoplanetas ou planeta extrasolares aos planetas que orbitan unha estrela diferente ao sol e por tanto estan fora do sistema solar.

Os planetas extrasolares convertéronse en obxecto de investigación científica no século XIX. Moitos astrónomos supoñian que existían, pero non había forma de saber que eran tan comúns ou se poderían ser similares aos planetas do noso sistema solar. A primeira detección confirmada fíxose en 1992, co descubrimento de varios planetas de masa terrestre. A primeira detección confirmada dun planeta extrasolar que orbita ao redor dunha estrela con características da secuencia principal similar ao noso Sol, fíxose en 1995 polos astrónomos Michel Maior e Didier Queloz, o planeta descuberto foi 51 Pegasi b. Desde entón sucedéronse en ritmo crecente os descubrimentos de novos planetas.
A NASA adiantou en xuño de 2010 que a Sonda Kepler, posta en órbita en marzo de 2009, detectou indicios de 706 exoplanetas novos nos seus primeiros 43 días de funcionamento, 400 dos cales teñen dimensións entre as de Neptuno e a Terra. Os resultados oficiais desta misión serán publicados en febreiro de 2011, pero os resultados provisionais indican que polo menos 60 dos planetas detectados terán un tamaño similar ao da terra (o dobre do tamaño terrestre, ou menos)


 

 

 

Jorge MosqueraDieste

Lois Outeiral Silva

 

Ascensor espacial. Realidade ou ficción?

Un ascensor espacial é un ascensor hipotético que conecta a superficie da terra co espazo.

Básicamente é una estación espacial nunha órbita xeosincrónica( órbita xeocéntrica que ten o mesmo período orbital que o período de rotación sideral da Terra) ca Terra, e da que sale un cable de máis de 36.000 km de largo que chega hasta a superficie, e que poden ter forma de riel.

Para manter o equilibrio, ademáis de anclar o cable nun punto cercano ao ecuador, minimizando os efectos de tensión  pola diferencia entre a rotación da Terra e a órbita xeosincrónica do satélite, os poñentes de esta tecnoloxía futurista propoñen utilizar un tramo de cable idéntico extendido hacia o espazo ou ben un contrapeso, co cal o  cable estaría en equilibrio co seu centro de masas en órbita xeosíncrona. Unha vez o cable no seu sitio, poderán subir e baixar  por el naves e cargas a un coste unhas cen veces menor que o que supón lanzalas por medio dun cohete.

imagen

 

                                                                                                                                        Abel Sánchez Piñeiro 1 Bach A

                                                                                                                                   Jose Silva Castro 1 Bach A

 

Gliese 581g, planeta similar á Terra

imagen

Un equipo de astrónomos estadounidenses afirman ter descuberto un exoplaneta arredor dunha estrela situada a uns 20 anos luz de distancia da Terra e cunha masa de entre tres e catro veces a do noso planeta. O corpo está orbitando arredor do astro Gliese 581,  a unha distancia que os astrónomos denominan zona habitable porque nela podería haber auga líquida e as condicións apropiadas para o ser humano, iso non significa que sexa un lugar onde poidan vivir os humanos, advirte a NASA. . Se se confirma o achado, comentan os astrónomos da Universidade de California en Santa Cruz, sería o planeta extrasolar máis parecido á Terra de entre os 374 achados ata agora e o mellor candidato como lugar susceptible de albergar vida. A habitabilidade depende de moitos factores, pero que poida ter auga liquida e unha atmosfera e o mais importante

O planeta Gliese 581g é o sexto que se descobre arredor da estrela anana vermella Gliese 581. Debe ser rochoso, de tamaño superior á Terra e de suficiente gravidade como para reter unha atmosfera. Dá unha volta ao astro cada 37 días, pero ten unha característica particular: non xira sobre o seu eixe senón que sempre presenta a mesma cara ao astro (como a Lua con respecto á Terra,pero esta si que rota) , polo que no medio planeta o día é eterno e no outro medio a escuridade é constante.Utilizaron o gran telescopio Keck I, de Mauna Kea (Hawai) e a investigación foi financiada pola National Science Foundation e a NASA.

Arnaud Barthel e José Guimarey

 

Futura vida noutros planetas.

imagenGrazas a algúns descubrimentos feitos polos astrónomos , podemos dicir que hai cerca do 25% de estrelas parecidas a o Sol que poderían ser habitables. Para chegar a esta conclusión tiveron que observar unhas 166 estrelas do tipo G(amarelas coma o Sol) e K(vermellas ananas).

As súas observacións anteriores eran moi pouco precisas e agora as novas técnicas van permitir encontrar planetas habitables como a Terra sen mirar moi lonxe. Se os exoplanetas se encontraran máis afastados das estrelas probablemente houbera máis posibilidades de que se pudera habitar nel.

Kepler é o nome dun satélite artificial en órbita do Sol para os planetas extra-solares, especialmente aquelas de tamaño semellante ao da Terra, realizando o que se coñece como misión Kepler. Foi lanzado pola NASA en Cabo Canaveral, na mañá de 06 marzo de 2009, nun modelo de foguete Delta II.
A nave ten un tamaño de 4,7 m de altura e 2,7 m de diámetro e pesa 1,039 kg, sen contar con máis de 10 kg de propelente hidracina usada.  O telescopio, montado nunha estrutura hexagonal de aluminio, ten 10 m2 de paneis fotovoltaicos que xeran un kW de electricidade para a nave espacial. A duración prevista da misión é de 3 anos e medio, cunha posible extensión para seis anos. O custo da operación se estima en 600 millóns de dólares  e emprega 200 científicos.

 

A primeira muller astronauta

O 16 de xuño de 1963 o Vostok 6 despegou dende a base espacial Baikonur co rumbo o espazo levando consigo a tripulante Valentina Tereshkova que a idade de vinteseis anos convertiríase  na primeira muller en viaxar o espazo.

A misión de Tereshkova tamén  constituíu un experimento para unha investigación do Programa Espacial Soviético. O seu obxectivo era determinar se as mulleres tiñan a mesma resistencia física e psicolóxica ca os homes no ambiente espacial

imagen

Efectuou 48 órbitas arredor da terra  durante setenta horas e cincuenta minutos  e regresou coma unha heroína.

Unha curiosidade sobre a vida de Valentina é que ten unha filla , o seu nacemento suscitou  un gran interese polos científicos da época xa que era o primeiro bebé que nacía de pais que estuveran no espazo , a nena foi completamente normal .

 

imagen

Despois dela , mulleres doutras nacionalidades viaxaron ao espazo , mais Valentina segue sendo a única que viviu esa aventura absolutamente soa a bordo dunha nave espacial.

Saray Places Pérez

 

As dimensión ocultas do Universo

 imagen  O noso universo tería tres dimensións espaciais visibles e seis ocultas, segundo un novo modelo teórico elaborado por Andreas Karch, da Universidade de Washington, e Lisa Randall, da Universidade de Harvard. Habería así mesmo outros universos con sete dimensións espaciais visibles e dúas compactas, segundo o mesmo modelo, que demostra teoricamente que a natureza favorece a creación de universos con tres ou sete dimensións visibles, sen recorrer a outras combinacións.

   Segundo a Teoría das Supercordas, o Universo ten como mínimo dez dimensións, nove dimensións espaciais e unha temporal, pudiendo elevarse a once o número de dimensións posibles. Sen embargo, ata agora non se sabía se as combinacións destas dimensións podían ser aleatorias (dúas espaciais, sete ocultas, catro espaciais, tres ocultas…) ou respondían a un patrón cósmico.

   O que fixeron Karch e Randall foi utilizar as matemáticas para calcular como tería sido a formación do Universo inmediatamente antes e despois do Big-Bang, esa grande explosión cósmica que, segundo se cre, deu orixe á vida e á materia. E descubriron que a evolución do Universo segue un patrón numérico para determinar as dimensións que estruturan cada manifestación física.

 

Anabel Figueira Castro1ºD