As dimensión ocultas do Universo

 imagen  O noso universo tería tres dimensións espaciais visibles e seis ocultas, segundo un novo modelo teórico elaborado por Andreas Karch, da Universidade de Washington, e Lisa Randall, da Universidade de Harvard. Habería así mesmo outros universos con sete dimensións espaciais visibles e dúas compactas, segundo o mesmo modelo, que demostra teoricamente que a natureza favorece a creación de universos con tres ou sete dimensións visibles, sen recorrer a outras combinacións.

   Segundo a Teoría das Supercordas, o Universo ten como mínimo dez dimensións, nove dimensións espaciais e unha temporal, pudiendo elevarse a once o número de dimensións posibles. Sen embargo, ata agora non se sabía se as combinacións destas dimensións podían ser aleatorias (dúas espaciais, sete ocultas, catro espaciais, tres ocultas…) ou respondían a un patrón cósmico.

   O que fixeron Karch e Randall foi utilizar as matemáticas para calcular como tería sido a formación do Universo inmediatamente antes e despois do Big-Bang, esa grande explosión cósmica que, segundo se cre, deu orixe á vida e á materia. E descubriron que a evolución do Universo segue un patrón numérico para determinar as dimensións que estruturan cada manifestación física.

 

Anabel Figueira Castro1ºD