Infertilidade Vs Celulas Nai

imagenDende hai máis de 50 anos, crese que as mulleres teñen un número limitado de células xerminais que maduran e producen óvulos ó longo da súa vida fértil ata que chegan á menopausia; pero este descucbrimento cambiaría todo o coñecido.

O estadounidense Jonathan Tilly, do Hospital Xeral de Massachusetts, descubriu que se poden conseguir óvulos humanos a partir de células nai do ovario. Isto xa o leva investigando dende o 2005 cando descubriu, experimentando con ratos, que as  células nai da medula ósea migraban ó ovario e dende aló xeneraban ovocitos. Este descucbrimento abre as portas para que as mulleres, trala menopausia, poidan ter óvulos propios e contar con máis esperanzas para concebir un fillo.

Esta teoría está sendo analizada polos compañeiros de profesión de Jonathan, e de ser certa, cambiaría por completo o mundo das mulleres trala menopausia xa que poderían ter fillos propios (sendo fecundado o óvulo fora do corpo da muller).

A modo de conclusión, penso que este descubrimento podería cambiar a vida das mulleres, xa que, unha vez pasada a idade fértil, poderían ter un fillo, cousa que os homes podemos facer ata idades moi avanzadas. A partir de agora, a vida das mulleres pode dar un xiro de 360º.

Carlos García González 1ºC

 

Robot totalmente flexible

Enxeñeiros da scuola superiore Sant’Ann crearon un novo robot que imita a estrutura mucular dun polvo. Sería o primeiro robot sen esqueleto sólido, este proxecto bautizouse como octopus e recibe unha subvención da Unión Europea de 10 millóns de euros.

Os enxeñeiros para lograr a flexibilidade do robot usaron anelas de silicona para copiar os seus músculos transversais, para imitar os lonxitudinais usaron un polímero que reacciona  a unha corrente eléctrica , gracias a cal poderase contraer como o músculo dun polvo. Polo momento ainda non se construiu o tentáculo deste robot, pero desarrollouse un similador mecánico que imita as forzas que que produce o polímero eléctrico. Sen dúbidaa algunha estamos ante un reto apasionante.

 

imagen

Ana Ramallo Ozores.

 

A cotío… temas de interese


María Oliveira, Katy Sampedro, Lara Torrado e María Triñanes. Con colavoración de Fran Dieste.

 

A depresión: que é?

É un trastorno do estado de ánimo dende o punto de vista da psicopatoloxía . Pode ser transitorio ou permanente. O seu síntoma habitual é un estado de abatemento e infelicidade. Outros síntomas poden ser: a tristeza, o decaemento, a irritabilidade, menos rendemento no traballo…

As orixes deste trastorno poden ser: o estrés, os sentimentos, como por exemplo, a decepción sentimental, unha contemplación ou vivencia dun asasinato ou accidente, a pena, as malas noticias… Ou tamén o consumo de alcol ou substancias tóxicas.

Pode ter consecuencias tanto personais como sociais que van dende a incapacidade laboral ata o suicidio.

A depresión na psicoloxía de conduta non é causa da tristeza ou o suicidio senón que indica como se encontra.

É máis habitual en mulleres que en homes. Esto pódese deber  ás hormonas sexuais femeninas ou o sexismo.

imagen

Hai distintos tipos de depresión:

-Trastorno Depresivo Maior : é un tipo de depresión incapacitante que altera a vida do pacente.Os   síntomas interfiren coa capacidade para traballar, estudar, dormir, comer, etc.

-Distimia : aparecen síntomas da depresión maior, ainda que soen ser menos intensos e dura máis tempo. As persoas que sofren distimia soen estar constantemente deprimidos.

-Depresión Doble : esta é unha complicación da distimia. Os síntomas empeoran co paso do tempo e os pacentes sofren un episodio de trastorno depresivo maior escondido tras a depresión crónica.

-Trastorno Bipolar : é unha alteración dos mecanismos que regulan o estado de ánimo. Pasan alternativamente da euforia ou “manía” á depresión. A veces necesitan hospitalización. Cando a persoa está na fase maníaca, a persoa pode estar hiperactiva, falar excesivamente e ter unha gran cantidade de enerxía.  Se non se trata a manía, pode empeorar e convertirse nun estado psicótico (o pacente perde temporalmente a razón).

-Depresión Atípica : Os síntomas son : comer e dormir con exceso, sentido xeral de pesadez e un sentimento de rechazo moi forte.

-Trastorno Afectivo Estacional : son episodios anuais de depresión en outono ou inverno, que terminan na primavera e verán. Outros síntomas son: fatiga, tendencia a comer en exceso (hidratos de carbono), a dormir no inverno.

-Trastorno Disfórico Premenstrual : é o sindrome da depresión severa, irritabilidade e tensión que precede á menstruación.

Noelia Vicente Suárez 1º BACH. A

 

Os 5 lugares máis sucios do mundo

1- O lago Karachay, Rusia

É o lugar máis contamindado do planeta, porque este lago recibe os deshechos dunha central nuclear. A radiación deste lago pode matar a alguén que estea no lago  unha hora.

 

imagen

2- Linfen, China

É a cidade máis contaminada do planeta. Pasar un día nesta cidade equivale a fumar 50 cigarrillos e non se pode secar a roupa ao aire libre pois quedaría máis sucia que antes de lavala. Esta contaminación débese as emisións industriais e aos millóns de automóbiles que circulan por estas rúas a diario.

imagen

 

3- A isla da basura

Ubicada no Océano Pacídico, cerca de Hawai. Nesta isla hai millons de restos de plástico e basura, que se concentran nunha mesma zona debido ao movemento circular das correntes ecuatoriais.

 

imagen

 4- O río Citarum, India
Situado ao Oeste de Java, este río é o máis sucio e contaminado do mundo.

imagen

5- Dzerzhinsk, Rusia
É a cidade con maior contaminación química do mundo. A súa tasa de mortalidade é dun 260%  superior á de natalidade.

 

imagen

Feito por: Irene & Claudia 

 

Pulga de auga, 0.1 milímetros de xenes.

  Daphnia pulex, a especie máis común de pulga de auga e principal alimento para os nosos peixes é o portador do maior nímero de xenes  entre os seres vivos.

Este crustáceo, que ata agora solo nós era coñecido por ser o principal ser entre os cultivos de alimentación de peixes, sorprendeunos grazas ao estudo dun equipo internacional de científicos conseguiu descifrar o seu mapa xenético.O estudo demostrounos que a pesar de ser un ser realmente pequeno posue o mayor número de xenesata agora coñecido. A parte disto máis da terceira parte dos 31.000 xenes encontrados eran descoñecidos para a ciencia xa que non se atopan en ningún outro organismo coñecido.

imagen

  Para todos aqueles que non oíran falar desta especie, o daphnia pulex é un artrópodo qu eten a maior parte do seu corpo cuberta por un tipode caparazón e mide entre 0.1 e 3 mm de largo. É un animal de agua doce polo que suele habitar principalmente en lagos ainda que non vive nun continente detarminado senon que se encontra esparcido por todos eles.

Lorena Dieste Maroñas 1ºA

 

Endorfinas, a droga da felicidade.

imagen

Que as bebidas alcohólicas conducen á adicción sabese desde sempre, por eso se leva pensando moito tempo que o problema tiña que ver con endorfinas , as cales son compostos químicos opioides que se adhiren a certos receptores no cerebro xerando placer. A pesar de que esta idea se ten desde hai varios anos non foi ata comezos de 2012 cando se demostrou que todo esto era certo.

Un estudo realizado polos investigadores da Universidade de California de San Francisco aportou as probas directas de que o alcool fai realmente que a xente se sinta ben, é dicir ao beber alcool libéranse endorfinas que desencadean emocións positivas. As endorfinas teñen efectos opiáceos e libéranse no núcleo accumbens e na corteza orbitofrontal, ambas no cerebro.

Este estudo, aparte imagende demostrar este suceso tamém suxire varias vías para o tratamento contra o alcool. Presentan como solución  a naltrexona, un fármaco que  pode mellorar a eficacia das medicinas actuais e que actuará bloqueando algúns receptores facendo que a xente  deixe de tomalo porque non lles gusta a sensación que lle provoca.

 

 

Lorena Dieste, 1º A

 

Unha nova vía para unha nova vida: a medicina rexenerativa

imagen

No 1960, ninguén tería imaxinado que en cincuenta anos, mediante a combinación de células, se poderían mellorar ou substituír funcións biolóxicas e tecidos. Esta rama da bioenxeñería é coñecida como medicina rexenerativa ou ben enxeñería de tecidos.A medicina rexenerativa emprega principalmente células cultivadas xeneticamente no laboratorio como material de enxeñería. A cirurxía de transplantes a partir de órganos e tecidos extraídos de donantes é parte desta medicina reparadora. Na actualidade, España é a líder mundial en transplantes, batendo o récord no 2011, con 35,3 donantes por millón de habitantes.

Un dos avances máis destacados nesta rama, é o transplante de órganos artificiais. Científicos en Suecia lograron por segunda vez trasplantar con éxito unha tráquea artificial ‘xerminada’ coas propias células nai do enfermo.

O paciente, un mozo estadounidense de 30 anos, tiña un tumor na tráquea en etapas avanzadas que fora clasificado como inoperable. Porén, non foi así e o rapaz recupérase favorablemente.

O máis importante desta nova técnica é que evita a necesidade de esperar unha donación de órgano eo tecido pode ser creado nun laboratorio cando se requira, na forma e talla do paciente.

Para os que gustedes de ver operacións cirúrxicas, aquí podemos ver un vídeo do primeiro transplante de tráquea:


Laura Davila Pena, 1ºA.

 

Noticia interesante: O tatuaxe vibrador.

imagen

Estamos ante un estraño caso de “avance tecnlóxico”. Parece ser, que a ultimísima patente feita pola casa nórdica, Nokia, consiste nunha tinta magnética. Este material ten a particularidade de sincronizarse co teu smartphone, e de avisarche cando che mandan un sms, unha chamada telefónica…Esta tecnoloxía non se limita a iso. Se non que este “dispositivo” tamén serviría para idetificarnos, como se fora un DNI. De feito, Nokia xa lles mostrou a patente aos EE.UU.

Por agora isto so existe no papel, é dicir, non hai indicios de que se implante proximamente. O que si nos indica é que cada vez se busca un conctacto mais estreito entre a vida virtual e real. Podería ser esta evolución do ser humano? Poderíamonos converter daquí a… 100 anos nunha nova especie con “plugins” tecnolóxicos? O tempo dirá.

Adrián Casais Vidal 1ºA

 

ASPIRINA:novo medicamento contra o cancro?

A Aspirina, o medicamento ao que se lle atribúe a inauguración daimagen

farmacoloxía moderna foi obxecto de estudo de varios científicos que afirman que cada vez son máis as evidencias de ser un bo protector contra o cancro. Aínda que os estudos son limitados, significan un paso máis na aplicación deste farmaco utilizado comunmente para o alivio da dor e da febre e do que xa se coñecían propiedades anticoagulantes.

Puídose demostrar que a Aspirina reduce a posible aparición de varios tipos de cancro ainda que tivo especial efectividade ante o cancro colorrectal. Tamén se sabe que reduce a dispersión de cancros primarios cara a outros órganos, a metástase.

Estudos en animais demostraron que as plaquetas participaban no proceso de metástase e que a Aspirina podería previlo. Ademais existen outros fármacos que tamen teñen estas propiedades, polo que a combinación de varios medicamentos podería incrementar o efecto beneficioso da Aspirina.

 imagen

Os expertos din que a inxesta regular de este medicamente durante un periodo de entre 8 e 10 anos reducen asta un 35% a mortalidade por cancer colorrectal asi como un 24% na incidencia neste tipo de tumores.

 

Aínda non se sabe a que perfil de pacientes podería beneficiar este tratamento xa que a inxesta deste medicamento a diario conleva algun que outro efecto secundario como poden ser pequenas hemorraxias internas de leve efecto.

E quen sabe pero poida que esteamos ante un gran avance detro da loita contra o cancro que tivemos diante das nosas narices durante mais 150 anos.

Manuel Calvo, 1º A