A depresión: que é?

É un trastorno do estado de ánimo dende o punto de vista da psicopatoloxía . Pode ser transitorio ou permanente. O seu síntoma habitual é un estado de abatemento e infelicidade. Outros síntomas poden ser: a tristeza, o decaemento, a irritabilidade, menos rendemento no traballo…

As orixes deste trastorno poden ser: o estrés, os sentimentos, como por exemplo, a decepción sentimental, unha contemplación ou vivencia dun asasinato ou accidente, a pena, as malas noticias… Ou tamén o consumo de alcol ou substancias tóxicas.

Pode ter consecuencias tanto personais como sociais que van dende a incapacidade laboral ata o suicidio.

A depresión na psicoloxía de conduta non é causa da tristeza ou o suicidio senón que indica como se encontra.

É máis habitual en mulleres que en homes. Esto pódese deber  ás hormonas sexuais femeninas ou o sexismo.

imagen

Hai distintos tipos de depresión:

-Trastorno Depresivo Maior : é un tipo de depresión incapacitante que altera a vida do pacente.Os   síntomas interfiren coa capacidade para traballar, estudar, dormir, comer, etc.

-Distimia : aparecen síntomas da depresión maior, ainda que soen ser menos intensos e dura máis tempo. As persoas que sofren distimia soen estar constantemente deprimidos.

-Depresión Doble : esta é unha complicación da distimia. Os síntomas empeoran co paso do tempo e os pacentes sofren un episodio de trastorno depresivo maior escondido tras a depresión crónica.

-Trastorno Bipolar : é unha alteración dos mecanismos que regulan o estado de ánimo. Pasan alternativamente da euforia ou “manía” á depresión. A veces necesitan hospitalización. Cando a persoa está na fase maníaca, a persoa pode estar hiperactiva, falar excesivamente e ter unha gran cantidade de enerxía.  Se non se trata a manía, pode empeorar e convertirse nun estado psicótico (o pacente perde temporalmente a razón).

-Depresión Atípica : Os síntomas son : comer e dormir con exceso, sentido xeral de pesadez e un sentimento de rechazo moi forte.

-Trastorno Afectivo Estacional : son episodios anuais de depresión en outono ou inverno, que terminan na primavera e verán. Outros síntomas son: fatiga, tendencia a comer en exceso (hidratos de carbono), a dormir no inverno.

-Trastorno Disfórico Premenstrual : é o sindrome da depresión severa, irritabilidade e tensión que precede á menstruación.

Noelia Vicente Suárez 1º BACH. A