Un grupo de investigadores españois descubriron as células que causan a leucemia.
Esta enfermidade é propia dos países occidentais.
Os resultados desta investigación foron publicados en “Nature Genetics” e representáronse o 15 de outubro en Madrid por Carlos López-Otín, Elías Campo e Iñaki Martín-Subero, acompañados da secretaria de Estado, Carmen Vela.
Os anteriores traballos dos científicos deste proxecto baseábanse no xenoma (almacenamento da información) , pero neste último traballo ampliaron a perspectiva investigando a maiores o epixenoma (o encargado de executar a información para o concreto funcionamento das células).
Segundo un estudo, realizado nos EEUU, os multivitamínicos reducen o risco de cancro en adultos sans que os tomaron durante máis dunha década.
O resultado foi unha sorpresa, porque en moitos estudos feitos de vitaminas individuais chegárase a conclusión de que non axudaban a previr enfermidades crónicas, incluso podía causar problemas.
Poré, os multivitamínicos poden ter resultados diferentes en mulleres, homes, rapaces ou persoas menos sans que as incluídas no estudo. Algo similar di o doutor Ernest Hawk, vicepresidente de prevención do cancro no Centro Oncológico Anderson, na Universidade de Texas: ” É un efecto moi leve, e persoalmente non estou seguro de que sexa suficientemente importante para recomendarllo a alguén”.
Neste novo estudo, os multivitamínicos reduxeron a posibilidade de reducir o cancro nun 8%. Sen embargo, isto é menos efectivo cunha alimentación adecuada , exercicio e non fumar, xa que cada un pode reducir cancro dun 20 ao 30%, din os expertos.
Isto fainos reflexionar na dependencia que temos nos fármacos e a pouca confianza que temos no noso corpo, que é unha máquina, que ao fin e ao cabo, funciona moi ben en situacións normais e coidalo moitas veces é mellor que depender de substancia axeas (mediciñas).
Un equipo de astrónomos franco-estadounidenses atopou un planeta que está formado maioritariamente de diamante, o tamaño de dito exoplaneta é o dobre có da Terra e orbita arredor dunha estrela visible.
Segundo os investigadores o exoplaneta (fóra do Sistema Solar) está formado principalmente por carbono en forma de grafito e diamante, así como de ferro e silicio.
” Esta é a nosa primeira visión dun exoplaneta rochoso , cunha composición química radicalmente diferente á da Terra ” , agregou Nikku Madhusudhan , da universidade de Yale , un dos autores do descubrimento publicado na revista Astrophysical Journal Letters no que tamén participa o Instituto en Astrofísica de Tolouse, Francia .
Este exoplaneta, denominado 55 Cancri-e , ten un radio dúas veces máis grandes có da Terra e encóntrase a 40 anos luz do noso planeta, na constelación de Cáncer. Tamén, é moito máis denso có noso planeta, cunha masa oito veces superior. As temperaturas na súa superficie acadan os 2148 º C , o que fai que sexa un lugar moi inhóspito.
(Constelación de Cáncer)
Este corpo celeste xira tan rápido que orbita ao redor da súa estrela en só 18 horas, frente ós 365 días da Terra ao redor do Sol .
55 Cancri-e foi observado por primeira vez no 2011, cando pasou por diante da súa estrela o que permitiu aos astrónomos medir o seu radio.
Esta información, combinada cas estimacións da súa masa, permitiu deducir a composición química do seu interior, según eles, a cantidade de diamante podería representar ao menos un terzo do exoplaneta, o equivalente a tres veces a masa da Terra.
En comparación, o interior da Terra é rica en osíxeno pero moi pobre en carbono.
A identificación deste planeta rico en carbono significa que ” Xa non podemos supoñer que o planetas rochosos a distancia teñen a mesma composición química , a mesma atmosfera e a mesma estructura interna cá Terra” dixo Nadhusudhan, o que supón un descubrimento que abre novas vías para o estudo dos exoplanetas.
(No vídeo aparece que foi descuberto en 2004, pero en realidade, como di a noticia, foi descuberto en 2011).
Douvos a benvida, un ano máis, a esta bitácora de actualidade científica. Foi medrando grazas ao traballo, interese e en moitos casos entusiasmo, dos compañeiros e compañeiras que colaboraron nela antes ca vós.
Agora é o voso turno. Sei que algúns vos poredes a publicar axiña. Outros é posible que, ao principio, non saibades moi ben sobre que escribir, mais en canto empecedes a estar atentos ás noticias científicas, veredes que os temas abondan.
Cando busquedes a información que necesitades para os vosos artigos, lembrade que non precisades grandes coñecementos científicos, só curiosidade (curiosity, en inglés).
A mesma que dende a antigüidade converteu aos nosos antepasados en viaxeiros, exploradores e descubridores. A que nos fixo mirar mesmo cara ao planeta Marte e preguntarnos que habería nel. A que fixo que moitos homes e mulleres desexasen dedicarse á ciencia e permitiu que o pasado 6 de agosto o robot-todoterreo MSL-Curiosiy pousase dentro do cráter Gale. Alí pasará un ano marciano, case dous anos terrestres, estudando a xeoloxía dunha extensa zona. Procurará determinar as condicións ambientais que reinaban cando se formaron os materiais que alí se encontran. Busca compostos orgánicos e auga xeada. Mide os niveis de radiación que chegan á superficie. En fin, investiga todo o que poida estar relacionado coa capacidade do planeta de albergar a vida.
A Antártida é un regulador do clima do planeta, pero igual que foi o último continente por descubrir e explorar, tamén está resultando ser a última zona da Terra na que os expertos van desvelando os procesos do quentamento global e as perspectivas para as próximas décadas. E o continente branco está resultando ser moi vulnerable ao cambio climático.As plataformas xeadas antárticas teñen diminuído en grosor até sete metros por ano de media entre 2003 e 2008, segundo os datos tomados polo satélite ICEsat, da NASA. Este proceso de perda de xeo débese máis a entrada de augas tépedas baixo a plataforma que ao aumento da temperatura do aire.
No último medio século, as temperaturas na superficie da maior parte do continente branco permaneceron estables, aínda que cunha notable variabilidade anual. No mesmo polo Sur non se rexistrou unha tendencia cara ao quentamento ou ao arrefriamento. Porén, a península Antártica, é unha das rexións do globo onde se produciu un aumento das temperaturas máis acelerado nos últimos 50 anos, cun incremento de tres graos centígrados, moi superior ao quentamento medio do planeta.
Precisamente a vertente oriental da península Antártica é a única zona na que se pode explicar o adelgazamento da plataforma xeada polos ventos máis temperados, que funden a neve na superficie. No resto do continente, son as correntes mariñas as que están actuando.
O quentamento global está tras este fenómeno, xa que son os cambios nos patróns dos ventos os que afectan á forza e á dirección das correntes oceánicas, de maneira que a auga morna se canaliza baixo a plataforma xeada.
Hai uns días os medios de comunicación falaban dun experimento que permite que ratas parapléxicas poidan camiñar. Pode ser un gran avance para a ciencia moderna. Imos explicar en que consistiu o experimento.
Un equipo de investigadores da Universidade de Zurich (Suiza) conseguiu un sistema que permite volver a camiñar ás ratas que tiñan a medula espiñal cercenada (similares ás que causan unha parálise na parte baixa do corpo dos humanos). Os científicos afirman que este invento poderíase aplicar a seres humanos con lesións graves na espiñal. Un arnés robótico deseñado especialmentepara este estudo unido a unha estimulación eléctrica e química e un chaleco colocado ás ratas vinculados a este sistema róbotico que lle sostiña as patas traseiras permite que os animais podan camiñar. As ratas comezaban a camiñar por si mesmas e podían correr, subir escaleira e esquivar obstáculos.
Esperemos que este gran avance sexa aplicable a seres humanos no futuro e así, que os parapléxicos poidan volver a camiñar.
A Antártida ten moita importancia na Terra, porque regula o clima do planeta. O quentamento global está afectando moito os seus xeos e cada ano diminúe o grosor 7 metros. Este quentamento prodúcese pola entrada de augas tépedas por debaixo da plataforma e fai que pouco a pouco a capa de xeo se estea fundindo. Os científicos están moi preocupados, e din que o desxeo estase producindo moi rapidamente. Outro problema é, que partes que se consideraban fora de perigo do desxeo, actualmente tamén o están sufrindo como por exemplo o mar de Weddell.As consecuencias do desxeo serían desastrosas e farían que o nivel do mar subira uns 3,3 metros de media. Outro factor que afecta ao desxeo son as correntes mariñas. Ademais, a Ántartida e unha das rexións da Terra que sufre máis os cambios da temperatura. En conclusión, a Antártida estase derretendo moi rápido e esto vai provocar consecuencias desastrosas no noso planeta.
As abellas son indispensables para a vida no planeta. Porque non só producen mel, senón que tamén constitúen unha xigantesca e sacrificada man de obra a nivel mundial, encargada de polinizar o 90% das plantas que sementamos (encárganse de polinizar plantas e cultivos cuxo valor estimado supera os 40 mil millóns de dólares, cada ano).
Se non facemos algo por salvar ás abellas, podemos terminar perdendo tamén os froitos secos, moitas verduras e vexetais, as noces, e o algodón.
Nos últimos anos, vimos unha rápida e preocupante diminución nas poboacións de abellas a nivel global. Algunhas especies xa desapareceron, e de outras apenas queda o 4% da poboación orixinal.
Un estudo da situación sanitaria apícola no mundo confirmou a aparición do síndrome de desabellamento nas poboacións apícolas de Norteamérica, Europa e Xapón. A larga lista de posibles sospeitosos inclue pestes, virus, fungos e pesticidas, sobre todo neonicotinoides, un tipo de neurotoxinas que mata ós insectos atacando o seu sistema nervioso.
Os expertos están de acordo en que o uso irresponsable dos pesticidas podería ter un impacto sobre a s
anidade apícola, en particular, cun debilitamento das abellas e un aumento da súa sensibilidade a diferentes enfermidades. Sen embargo, a falta de medidas de bioseguridade por parte dos apicultores e o cambio climático tamén poderían ter efectos negativos sobre a saúde das abellas.
Ademáis, sinalouse que hai varios parásitos artrópodos das abellas activos en diferentes partes do mundo, por exemplo, a infestación polos ácaros Varroa, Nosema y Tropilaelaps identificouse como o problema sanitario máis frecuente que afecta ás abellas no mundo.
Dende o comezo da noite do pasado día 5 de Xuño ata o amencer do día 6 o planeta Venus pasou por diante do sol deixándose ver dende a terra. Este acontecemento recibe o nome de “tránsito de Venus“, que só sucede cada 105´5 anos. O suceso só puido verse de xeito completo (7 horas) dende os Estados Unidos, Hawaii e Alaska.
Nós gozamos deste espectáculo hai 8 anos.
Sergio Romero Torrado, Alex Somoza Sampedro. 1º Bacharelato C