Obxectivo: salvar o Ártico

 

Máis de 2,5 millóns de persoas firmaron a petición de Greenpeace para conseguir que o entorno do Polo Norte sexa declarado santuario protexido, e salvar o Ártico. O obxectivo é lograr que se prohiban as prospecións petrolíferas e as pesqueiras industrias no Ártico, xa que os países con territorios limítrofes-Estados Unidos, Canadá, Rusia, Noruega e Dinamarca- protagonizan unha carreira por facerse coa explotación do Ártico, sacando toda a súa “artillería” para extraer ata a última gota de petrólo que se atopa debaixo do xeo.

imagen

Catro exploradores de Greenpeace plantaron unha bandeira no leito mariño do Ártico, a catro quilómetros de profundidade para pedir a creación dun santuario global que protexa este enclave. Ademais, xunto á bandeira somerxeuse unha cápsula inerte e non tóxica que contén todas as firmas de apoio das persoas, e que se tratarán de recuperar no 2050. Durante eses anos permanecerá baixo o xeo “en harmonía co medio natural e preservado para as xeracións futuras”

Para contribuír con esta causa, o día 20 de abril deste ano, día de Acción Global polo Ártico, máis de 278 cidades formaron pancartas humanas onde se podía ler:  imagenARCTIC .

 Diversas cidades españolas participaron neste día: Barcelona,Granada, Bilbao…

 

imagen

 Noelia Santamaría Otero 1º Bach.A