Comenius, o futuro
O pasado 4 de Marzo, no I.E.S. Praia Barraña estiveron uns alumnos de Lituania, Dinamarca, Holanda, Polonia e Bulgaria (deste país só viñeron profesores ou adultos).
Este intercambio levouse a cabo polo Proxecto Comenius.
- Lituania Polonia, Dinamarca, España, Holanda, Italia, Bulgaria e Turquía (Instituto de Estambul).
Este proxecto ten como finalidad:
1º A orientación escolar
2º Fomentar o espíritu emprendedor
3º Coñecemento dos diferentes sistemas educativos; no presente e no futuro
4º Fomentar a aprendizaxe permanente
5º Falar o idioma
Os alumnos/profesores tiñan que seguir un planing. Os primeiros en chegar e os últimos en marchar foron os polacos; os demais chegaron e marcharon o xoves (uns tan pronto chegalo instituto e outros á saída do instituto).O luns cando chegaron tiveron actividades para coñecerse todos e despois os alumnos/profesores do intercambio fóronse coas súas correspondentes familias.
O martes tiveron unha charla no concello e pola tarde visitaron o castro de Baroña e a Curota.
O mércores pasaron todo o día en Santiago.
Xoves era o día que se ían os alumnos /profesores.
Cristina Muñiz Da Costa 1º Bac A