Non comprometamos o noso futuro para satisfacer a cobiza duns poucos
Galiza non está moi industrializada, isto ten vantaxes e inconvenientes.
A vantaxe máis clara é que os nosos solos, augas e aire están limpos e son idóneos para a agricultura e a gandeiría ecolóxica, por poñer só un exemplo.
Mais agora, coa escusa da crise e da procura dalgúns postos de traballo por algúns anos, a Xunta quere permitir que a cobiza das empresas de mineiría convirta Galiza enteira nunha gran mina a ceo aberto, destruíndo o noso patrimonio natural, cultural e paisaxístico, poluíndo o medio ambiente e poñendo en perigo a saúde das persoas.
Aínda hai tempo para salvar Galiza, que neste momento está máis en perigo que nunca.
Ou actuamos axiña ou ímola perder para sempre.Podes asinar nesta páxina, pinchando aquí, a petición para solicitar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que non permita esta desfeita en Galiza.
Que non arrasen Galiza!
Paremos a megamineiría contaminante!