A eclipse de lúa do 25 de abril

imagen

O vindeiro xoves 25 de abril terá lugar unha eclipse luar parcial que se poderá ver dende Europa, África, Asia e Australia. Trátase dunha eclipse de escasa duración, comezará aproximadamente as 21:54 e rematará as 22:21. A eclipse de penumbra comezará  aproximadamente as 20:04 e rematara as 00:11. O seu escurecemento será limitado, por iso se fala de eclipse penumbral. A eclipse poderáse observar a simple vista, polo que poderemos disfrutar contemplándoo  sen necesidade de empregar ningún aparello especial.

Nós veremos a eclipse cando naza a Lúa, buscádea mirando cara ao leste - a Lúa nace polo mesmo sitio que o Sol -en Boiro poñédevos de costas ao Barbanza.

 A eclipse do 25 de abril será a primeira eclipse parcial de lúa deste ano e a segunda máis breve do século XXI. Pero esta non será a única eclipse luar deste ano, tamén poderemos disfrutar das eclipses luares do 25 de maio e o 18 de outubro.

                                                                                                                    Mara Places Pérez 1ºD

 

 

Tags: , ,